


Comentario: Moito se xogaban neste encontro ámbolos dous equipos, froito delo, saíron a disputalo con moita tensión. Na primeira parte, levou a iniciativa a SCD Malpica, pero foi o fisterrán Luisito nun saque de falta que puxo en apuros a Toni (4’).Charro, (12’), cun tiro moi colocado pero algo frouxo puxo aproba a axilidade do porteiro fisterrán, Antonio. A SCD Malpica, seguiu todo o primeiro tempo creando perigo, pero, unhas veces a falta de acerto e outras as paradas de Antonio, abortaron as ocasións. Na segunda parte, os locais saíron a polo partido e plantáronse mellor no terreo de xogo, pero os malpicáns hoxe eran un equipo correoso e combativo, sobre todo defensivamente, e tapaba t
ódolos ocos non lle deixando manobrar aos dianteiros da SD Fisterra, que só puideron chegar con perigo, nunha bonita xogada de Manuel con centro sobre Luisito, pero o remate de cabeza deste a porta valeira, pegou no longueiro e o rexeite foi as mans de Toni.A pesar de verse dominados, tivo a SCD Malpica as mellores ocasións, (49’), penalti a Alfredo, que o árbitro non sinala. (73’), gol anulado a Charro, por suposto fora de xogo, e Charro de novo (76’), desaproveita unha gran xogada de David Blanco, tirando fora cando se encontraba só ante Antonio.
(Fotos: Oscar Santos - Que pasa na costa)
0 comentarios:
Publicar un comentario