


Ambiente e Incidencias: Partido adiantado ao Sábado. 115 persoas nas bancadas. Tarde nubrada e ventosa, pero sen chuvia. Expulsado o malpicán Marcos Amado, por dobre amarela.
Comentario (Luis E. Porto): A pesar das numerosas baixas: (Marco, Iago, Cheo, Rancaño,
Fran-Martuxa e David Blanco), os xogadores da SCD Malpica que saltaron hoxe campo de “Pedra Queimada” , derrocharon aptitude, garra, forza, etc. Pero ao final non puideron co Muros SD, equipo que loita para acadar o ascenso, e que ademais, esta cheo de veteranos con oficio na categoría, os cales demostraron na segunda parte esa “calidade” usando tódalas marrullerías ao seu alcance para levarse os puntos.Os malpicáns, qué, coma queda dito loitaron ata a extenuación, despois dunha primeira parte nivelada, conseguiron levar a iniciativa na segunda, pero a xogada do penalti non pitado e posteriormente a expulsión de Marcos Amado, acabaron por renderse a evidencia.Agora a recuperarse para a próxima xornada en Corcubión, pois aínda quendan puntos para escalar postos na clasificación, e coa garra e sacrificio de hoxe, non se dubida que pode lograrse.

0 comentarios:
Publicar un comentario