martes, 24 de febrero de 2009

SCD Malpica 3 - Camariñas CF 1

SCD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, (Manu Pardo 69’), Alfredo, (Víctor 75’), Andrés, Charro, Lema, (Marco 73’), Quique, (Charly, 41’).

Camariñas CF: Marcos, Pesqui, Nico, Breogán, (Yago 36’), Alejandro, Moriño, (Seso 67’), Gerardo, Perucho, (Javi 71’), Pedro, Ismael, (Brais 63’), Tedín, (Pablo 67’).

Goles: 1-0, (18’): Alfredo, dende o borde da área, saca maxistralmente unha falta directa por encima da barreira. 2-0, (58’): Charro, de vaselina por encima do porteiro camariñán Marcos, en xogada persoal. 3-0, (76’): Manu Pardo, noutra preciosa vaselina dende fora da área, ante a saída desesperada de Marcos. 3-1, (89’): penalti de Víctor a Pedro que Pesqui transforma, de primeiro para Toni, pero o coiro entra mansamente na portería malpicana.

Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro. (A Coruña). Aceptable. Expulsou ao camariñán Gerardo, (vermella directa) por facerlle observacións con reincidencia.

Ambiente e Incidencias: 125 persoas na “Pedra Queimada”. Tarde soleada con lixeiro vento do Nordeste bastante frío. Quique, (41’), (SCD Malpica) e Breogán, (36’), (Camariñas CF) tiveron que retirarse lesionados tras un choque fortuíto entre ámbolos dous, pero sen consecuencias maiores.

Comentario (Luis E. Porto): Partido de nervios para os locais o disputado esta tarde en Malpica fronte á un Camariñas ben posicionado na táboa clasificatoria. Os malpicáns, saíron con gañas e aos 18 minutos , xa puñan o marcador ao seu favor grazas a un bonito gol de falta directa de Alfredo, que parece volver a retomar a súa forma doutras tempadas. Catro minutos despois (22’) o Camariñas por medio de Tedín, aproveitaba unha indecisión defensiva malpicana, salvando baixo paos en in-extremis Andrés.Fora desta xogada camariñán, os locais seguiron levando a iniciativa e nos minutos 25’ e 33’, Charro, desborda a defensa pola banda esquerda con centros sobre a área e Lema, erra as dúas veces a medio metro da portería.O Camariñas na segunda parte, saíu con moitas mais gañas en busca da remontada, e, nos primeiros 15 minutos desta parte fixo un fútbol combinativo pero con pouca profundidade, gañándolle sempre a partida a defensa local as accións dos incisivos dianteiros. A SCD Malpica, pouco a pouco foise sacudindo o dominio e Manu Pardo, (72’) envía unha volea ao poste cando se cantaba o gol . Respondeu o perigoso dianteiro visitante Pedro cun cabezazo, que Toni, salva nunha gran intervención, logo, nunha contra, Charro envía un centro que Manu Pardo de cabeza a porta valeira remata fora por moi pouco.

0 comentarios:

Publicar un comentario