SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Andrés, Neucha, Rancaño, (Cheo 67’) David Blanco, (Brais 89’), Eloy, (Carlitos 74’), Casais, (Manu Pardo 58’).
Camariñas CF: Marcos; Pesqui, Antelo, Alejandro, Maikel, Moriño, Javi, Brais, De la Sierra, (David Vieites 79’), Ismael, Gerardo, (Yago 76’).
Árbitro: Sr. Montes Montes. (A Coruña). Moi desacertado. Mostrou unha falta alarmante de personalidade durante todo o encontro, deixándose influenciar polas constantes protestas do banquillo visitante perxudicando á SCD Malpica en moitas das súas apreciacións, sobre todo durante o segundo tempo.
Goleadores: 1-0; (10’): Córner dende a banda dereita a prol do Malpica que saca Neucha ao segundo pao, alí aparece o dianteiro local David Blanco para anotar un bo gol de cabeza, picando o balón ao lado contrario de onde se atopa o porteiro Marcos.
Ambiente e Incidencias: Tarde desapacible pero sen apenas choiva. Uns 150 espectadores na Pedra Queimada. Non houbo expulsados nin lesionados de consideración.
Comentario: Recibía a SCD Malpica nesta 9ª xornada da Liga da Costa ao líder da clasificación, o Camariñas, que chegaba con sete victorias e só unha derrota. Foi un partido típico desta liga, con dous equipos moi igualados e empregándose a fondo durante todo o encontro. Durante os primeiros 30 minutos, o equipo local foi bastante superior, dominando a posesión do esférico (froito da superioridade numérica no medio do campo) e presionando moi ben a saída do balón do Camariñas, o que se traduxo en varias ocasións de gol, sobre todo nas botas de David Blanco. Sen embargo, no final do primeiro período os visitantes apretaron bastante, aínda que as ocasións máis importantes foron a balón parado, por medio dunha falta botada por De la Sierra que salvou o porteiro local Toni, e por medio dun cabezazo de Antelo tralo saque dun córner que tamén despexou Toni.
No segundo tempo, o Camariñas fíxose co dominio do balón, mentras que o Malpica agardaba atrás mentras agardaba algún contragolpe que sentenciara o encontro, algo comprensible tendo en conta que o resultado era de 1-0 dende moi cedo. A pesar desta circunstancia, os locais non sufriron en exceso, e mesmo poideron anotar algún gol á contra, sobre todo un tiro de Neucha (83´) que rexeita Antelo, co porteiro xa superado, e coas internadas de Cheo. Hai que subliñala entrega e a disciplina táctica dos xogadores de Manuel Agilda, que completaron, na parcela defensiva, un dos mellores encontros da tempada durante os 90 minutos, dende a dianteira ata a portería, non permitindo que os visitantes xogaran con comidade.
Despois desta 9ª xornada da Liga da Costa, a clasificación aprétase pola parte alta, xa que a SCD Malpica sitúase terceira con 18 puntos, a tres do segundo clasificado (Camariñas, que perde o liderato) e a catro do líder (Zas). Importante vitoria dos locais, que ven reforzado o seu gran arranque de liga e que pode ter un efecto moi positivo no apartado anímico, e que deixa moi boas sensacións de cara aos seguintes encontros. Cabe destacala fortaleza do Malpica na Pedra Queimada, xa que gañou catro dos cinco partidos desputados. A vindeira semana o conxunto malpicán desprázase ata Santa Comba, para xogar outro encontro moi complicado fronte ao Xallas, un dos conxuntos que máis se reforzou durante o verán.
hay q poñer algo dos juveniles tamen!!!
ResponderEliminarse alguén que vaia velos xuvenís habitualmente ou un xogador do propio equipo quere facelas crónicas que o faga saber cun e-mail á seguinte dirección: scdmalpica@hotmail.com
ResponderEliminar