lunes, 7 de diciembre de 2009

MONTE LOURO 1 - MALPICA 6

Monte Louro: Roma; Canote, Pedro, Chema, César, Chumi, Alberto, (Raúl 59’), Pulpo, (Fran 41’), Juan, Edu, Riki.

SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Marco, (Brais 70’), Casais, Neucha, (Carlitos 55’), Charly, David Blanco, Andrés, (Manu Pardo 69’), Rancaño, (Eloy 65’).

Árbitro: Sr. Sande Bouzas. (A Coruña). Bastante ben. Só errou na apreciación de algún fora de xogo.

Goleadores: 0-1; (17’): despois de varios remates e rexeites dentro da área local, o balón chégalle a D. Blanco, que suavemente ca punta da bota envía moi habilmente fora do alcance de Roma. 0-2, (32’): D. Blanco, recibe un pase dun compañeiro dentro da área, ve desmarcado a Rancaño e cédelle o balón con habilidade por encima dos defensores locais, este, dun precioso remate de cabeza ao ángulo marca. 0-3, (41’): nun contraataque moi ben levado por Neucha, envía o balón en profundidade sobre D. Blanco, e este, bate a Roma na súa saída. 1-3, (49’): saque de curruncho lanzado por Alberto, e Fran libre de marcaxe, remata coa testa de vaselina por encima de Toni. 1-4, (57’): o local Pedro, dentro da súa propia área, erra no despexe, ante o acoso de Casais, este recupera e cede ao punto de penalti onde se atopaba D. Blanco libre de marca, que de tiro por baixo bate a Roma. 1-5, (65’): pase en profundidade de Carlitos sobre D. Blanco, o cal se interna pola banda esquerda, ao chegar a liña de fondo, envía un medido centro sobre Rancaño, o cal a pracer bate a Roma. 1-6, (70’): en pleno festival malpicán, D. Blanco, en xogada persoal cerra a conta, marcando o seu cuarto gol.

Ambiente e Incidencias: Tarde nubrada sen chuvia e boa temperatura. 60 persoas nas bancadas. A 2ª parte xogouse con luz artificial. Non houbo lesionados de consideración, aínda que como anécdota, hai que destacar, que antes do comezo do partido e cando os xogadores peloteaban, o xogador malpicán Neucha, cun forte disparo a porta de Toni, encontra sen querer a cabeza de Marco que estaba entretido falando cun compañeiro, o impacto foi de tal envergadura, que o xogador quedou uns minutos conmocionado, retrasándose o inicio do encontro. Marco acusou durante o partido o impacto, ata o punto de que tivo que ser sustituido por precaución (70’). Expulsado o adestrador local Nieto, con dobre amarela por reiteradas protestas.

Comentario: A SCD Malpica, cun plantexamento táctico moi eficiente, e cun David Blanco en racha de acerto goleador, esta tarde en Louro, bateu sen remisión a un equipo nobre e moi deportivo, que intentou xogar ao fútbol combinativo, pero que cando quería chegar a portería visitante non podía, pois os xogadores malpicáns nunha tarde inspirada pechábanlle todas as portas.
A táctica imposta polo adestrador local con tres defensas en liña, sen home libre, foi letal para os seus intereses, aproveitándose moi ben desta circunstancia os malpicáns, os cales puideron conseguir un resultado mais amplo, pero a partir dos sexto gol xa xogaron moi relaxados.

(Fonte: scd-malpica.blogspot.com, blog de Luis Porto).

0 comentarios:

Publicar un comentario