lunes, 21 de diciembre de 2009

PORTEÑO 1 - MALPICA 2

CF Porteño: Asier; Castiñeira, (Toja min. 80), Roberto, Iago, (Baña min. 87), Valeiro, Miguel Ángel, Óscar, Robertito, Iván, (Jesús min. 69), Juan Carlos, Varela.

SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Casais, (Martín min. 84), Neucha, Eloy, (Manu Pardo min. 61), David Blanco, Charlie, Rancaño, (Brais min. 85).

Árbitro: Sr. Sánchez Rojo. (A Coruña). Aínda que a súa actuación non tivo unha influencia directa no resultado final, si foi bastante caseira, pois o listón non foi o mesmo para os dous conxuntos, permitindo moitas faltas dos locais que, ou ben non eran sinaladas, ou cando si as pitaba non levaban consigo unha tarxeta merecida en varias ocasións. Sen embargo, a SCD Malpica acabou con moitas amarelas en relación coas faltas cometidas.

Goleadores: 1-0, (min 75): Saque de banda a prol do Porteño que cabecea o central Valeiro na frontal da área pequena. 1-1, (min. 80): Manu Pardo bota unha falta lateral que David Blanco que cabecea, pero o seu remate é rexeitado debaixo na liña pola defensa local, pero o propio David consegue anotar tra-lo rexite. 1-2, (min. 84’): gran xogada do mediocentro malpicán Rancaño pola banda dereita que culmina nun centro raso á área local que remata David Blanco no segundo pao.

Ambiente e Incidencias: Tarde despexada pero fría, especialmente na segunda metade. Pouca xente no campo, uns 70 espectadores.

Comentario: No último partido do ano para a SCD Malpica, o conxunto de Manuel Agilda viaxa ata a Ponte do Porto para enfrontárse ao Porteño no campo da Grixa. Os malpicáns chegaban a esta 16ª xornada de liga coas numerosas baixas, por diferentes motivos, de Cheo, Ismael, Busto, Carlitos, Andrés e Alfredo II. Nos primeiros 10 minutos de encontro o Porteño saíu moi enchufado e creou perigo mediante xogadas a balón parado. Non obstante, co paso dos minutos o Malpica logrou impor a súa maior calidade no medio campo, tendo a posesión do esférico e combinando moi ben os tres mediocentros (Charlie, Eloy e Rancaño), o que permitio tirar varias veces dende a frontal da área e crear sensación de perigo constante. Destacaron as ocasións de Casais que non acerta e definir dentro da área tras un rexeite do gardameta Asier; o remate do central Iago tras un córner botado de Neucha; e varias faltas botadas por Neucha. A presión defensiva tamén foi mellorando, obligando a que os locais abusaran do xogo en longo que apenas creou dificultades defensivas ao Malpica; non obstante, cabe mencionar un disparo aó longueiro do Porteño neste período.

Na segunda parte, o partido entrou nun "intercambio de golpes" continuo, pois houbo moitas ocasións para ámbolos dous equipos. Feito favorecido polas peculiares características do campo da Grixa, xa que as reducidas dimensións (sobre todo no ancho) e o firme, provocan que cada saque de falta ou saque de banda en campo contrario sexan ocasións de gol. A pesar de todo, a SCD Malpica intentou seguir sendo fiel ao seu estilo de xogo, pero sen lograla claridade que si conseguira nos últimos 25 minutos da primeira metade, e tivo varias oportunidades de gol, sobre todo por medio das internadas de David Blanco, Neucha e Rancaño. Pola súa banda, o Porteño intentaba aproveitar as xogadas de estratexia, e tamén contou con boas ocasións, ademáis de estrelar outros dous disparos nos paos. Tra-lo 1-0, os visitantes apretaron moito e conseguiron a remontada, logrando aguantalo resultado nos minutos finais do encontro.

Importante victoria da SCD Malpica nun campo que, tradicionalmente, se lles dá bastante mal, nun partido igualado e moi intenso, pero no que os malpicáns aportaron máis argumentos futbolísticos e contaron coas mellores ocasións de gol. É de resaltala entrega dos xogadores do Malpica, que nunca deron o encontro por perdido e non baixaron os brazos a pesar de atoparse cun gol en contro a falta de tan so 15 minutos para o final. Despois desta xornada, a SCD suma 10 puntos dos últimos 12 en xogo e ascenden un posto na táboa clasificatoria (son cuartos agora). A próxima xornada, na que se enfronta ó Esteirana na Pedra Queimada (o domingo 3 de xaneiro), será a última da primeira volta e a primeira do ano 2010, que esperemos comece como rematou este 2009.

4 comentarios: