SCD Malpica: Abraham; Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Casais, (Carlitos 80’), Neucha, Charly, David Blanco, Andrés, Rancaño, (Manu Pardo 77’).
UD Carnota: José Ángel; Tono, Jorge, Santi, Andrés, (David Caamaño 50’), Pedro, Cololo, Joselu, (Fernando 50’), Nico, (Teo 50’), Paco, Manoliño.
Árbitro: Sr. González Márquez (A Coruña). Boa actuación a súa durante a primeira metade, aínda que mostrou bastante permisividade nalgunha acción visitante. Sen embargo, no segundo período as cousas cambiaron por completo ao expulsar inxustamente ao mediocentro malpicán Andrés (min. 60), tras unha leve entrada a Cololo cando os dous mantiñan un pequeno pique. A partir desa acción o partido fóiselle das mans e foi incapaz de impor a sua autoridade. O resultado foi un carrusel de faltas, tarxetas e protestas dos xogadores. Non se pode decir que sucedese algo non esperado, posto que este colexiado (González Márquez) foi o mesmo que arbitrou en Carnota o ano pasado, co resultado de dous penaltys a favor do Carnota (inexistentes) e con tres expulsados malpicáns.
Ambiente e Incidencias: Un centenar de espectadores na Pedra Queimada. Tarde fría e con moito vento que imposibilitou un maior espectáculo futbolístico. Ademáis da vermella directa a Andrés (min. 60), tamén foi expulsado o visitante Teo por doble amarela (min. 78). Non houbo que lamentar lesionados de importancia.
Comentario: Cabía esperar un partido moi interesante na 15ª xornada da Liga da Costa na Pedra Queimada, posto que se enfrontaban o quinto clasificado e o cuarto. Por si fora pouco, os dous equipos chegaban "enrachados" á cita, xa que a SCD Malpica sumaba dúas goleadas consecutivas e a UD Carnota catro victorias seguidas. Os locais, que recuperaban ao central Iago despois de superala sua lesión muscular, contaban, como é (lamentablemente) habitual nas últimas xornadas, coas baixas de Cheo e Ismael, ás que se engadía a de Eloy. Os malpicáns desputaron unha primeira metade moi seria, tendo en conta que estaban en contra do vento, presionando moi ben aos mediocentros visitantes, que nunca poideron tocar con claridade. O resultado foi que o Carnota se limitou a enviar balóns longos que en ningún momento puxeron en apuros á defensa local. Hai que facer unha especial mención ao forte vento durante todo o encontro, que dificultou enormemente o control do esférico. Pola contra, o Malpica si creaba perigo, especialmente en xogadas individuais por ámbalas dúas bandas aproveitando a maior velocidade dos seus atacantes con respecto ós defensas visitantes, pero que non atoparon rematador dentro da área. Tamén se poideron adiantar a balón parado, tras un córner botado por Neucha que rematou fóra por pouco Iago (min. 32). O Carnota so tivo dúas ocasións neste período: nun rexeite do porteiro Abraham (min. 40) e nunha falta lateral (min. 45).
Na segunda parte, o dominio (na medida en que as circunstancias climatolóxicas o pemitiron) foi absoluto da SCD Malpica, posto que por parte dos visitantes so cabe apuntala ocasión do dianteiro Manoliño tras unha xogada individual ao pouco de reanudarse o encontro. Coa defensa local á altura do medio campo (agora estaban a favor do vento), estes 45 minutos desputáronse no campo do Carnota, pero a falta de precisión local e o reprego defensivo visitante provocaron que o marcador non se movese. Inclusive en inferioridade numérica durante 20 minutos non sufriron os malpicáns, que a partir da expulsión de Teo volveron a apretar, mentres que o Carnota tentaba que correra o tempo parando o partido con faltas e lesións finxidas. As ocasións máis destacadas (todas froito de lanzamentos de faltas ou de disparos dende fóra da área) foron as de Marcos Amado (min. 50), Neucha tras un pase en profundidade de Manuel (min. 81), Charly (min. 88) e Manuel (min. 90).
So a SCD Malpica tentou xogar ao fútbol neste partido, pero a falta de acerto e as condicións ambientais provocaron que non lograran marcar ningún gol. Pola súa contra, o Carnota debe mellorar moito se pretende pelexar polos postos de ascenso, xa que os recursos futbolísticos que mostraron foron máis ben escasos. O Malpica xa suma 26 puntos que lle permiten seguir na quinta posición da táboa clasificatoria, e sumando máis puntos como local (so unha derrota na terceira xornada fronte ó Zas). A vindeira semana o conxunto adestrado por Manuel Agilda desprazaráse ata o sempre difícil campo do Porteño (12º clasificado).
0 comentarios:
Publicar un comentario