miércoles, 2 de diciembre de 2009

ENTREVISTA A FRANCISCO LUÍS MONTES (CHARRO)

O protagonista de hoxe xa non está na SCD Malpica (fichou no Ponteceso este verán), pero a súa carreira deportiva transcorreu toda no equipo costeiro, e que a tempada pasada foi unha das claves da permanencia ao anotar 18 goles. Falamos do dianteiro Charro, que a pesar de non pasar un bo momento a nivel colectivo, posto que o Ponteceso é 16º na Primeira Rexional, si é un dos destacados das últimas datas marcando nos dous últimos partidos.

Datos persoais e traxectoria: Comezou a xogar na SCD Malpica nos infantís, e tras pasar por tódalas categorías inferiores do clube, debutou co equipo senior na tempada 2003-2004 nun partido en Cee sendo xuvenil de primeiro ano. Tempada na que tamén formou parte do equipo xuvenil do Malpica que conquistou a liga desa categoría. Actualmente milita no Ponteceso, como xa se dixo anteriormente.

Pregunta: ¿Podías decirnos cál é a orixe do teu apodo?

Resposta: Pois o meu apodo "Charro" é unha larga historia que vou resumir brevemente. Foi cando eu era cadete de 2º ano, o meu entrenador era Martuxa e foi el que mo puxo. Todo ben dun mote que lle tiñan a meu pai, do cal, despois de modificalo un pouco puxoseme a min.

P: ¿Qué tal te estás atopando no Ponteceso?

R: No Ponteceso non empecei como esperaba, as continuas suplencias nos primeiros partidos fixéronme pasalo mal, e incluso animicamente estiven moi baixo, de eso que os escasos minutos que disputaba non era capaz de demostrar o que podía dar. Agora todo cambiou, co troco de entrenador xa estou disfrutando de mais minutos, logrei anotar 2 goles nos últimos 2 partidos e incluso recuperei a titularidade. De cara ó futuro e impredecible, pero por sorte, seguir entrando no 11 dependerá sempre de min.

P: ¿Qué foi o que máis te sorprendeu?

R: Moitas cousas a verdade, pero por encima de todo o gran grupo de xogadores que a directiva do ponteceso logrou xuntar, tanto dentro como fóra dos campos de fútbol.

P: ¿Cáles pensas que son as causas do mal inicio ligueiro do Ponteceso?

R: Penso que hai varias causas, pero unha das principais foi a mala o organización da pretemporada, xa que se fixo mezclando xogadores do filial cos do "A", podese decir que a verdadeira pretemporada do Ponteceso comezou o dia de xogar na casa contra o Soneira, era a primeira xornada de liga.

P: ¿Cómo ves ao Malpica esta tempada?

R: O Malpica véxoo como o clube dos meus amores, é o Malpica quen me dou a oportunidade de xogar ó que mais me gusta e vouno a levar sempre no corazón.
Vovendo ó deportivo, creo que unha das principais claves é un maior coñecemento de Manuel Agilda da Liga da Costa, tamén vexo unha maior solidez defensiva que estaba a faltar en anos atrás e sobre todo unha migalla de sorte que non se estaba a ter con respeto as últimas tempadas. Por fin o Malpica está don debe, que é loitar cos equipos punteiros da liga, e iso que tivo baixas importantes para este ano como son as de Kike ou Avelino. Creo que lle sobra potencial ó Malpica para aguantar a categoría e incluso pelexar por obxectivos maiores.

P: ¿Que é o que botas de menos do Malpica?

R: En Malpica boto de menos moitas cousas a verdade, pero sobre todo ós amigos, todos os meus amigos de sempre están xogando alí, e podería decir moitas mais cousas que boto en falta, pero non por iso foi unha decisión desacertada deixar o clube, todo o contrario, cando recibín a oferta era unha oferta a nivel deportivo irrechazable, un equipo que gañou a liga e a copa da costa estes dous últimos anos. Non podía decir que non, e estou orgulloso delo.

P: ¿Qué xogador/es da SCD Malpica levarías para o Ponteceso?

R: Parece casualidade pero non o é, por algo se dou, porque si habia un xogador que quería do Malpica para o Ponteceso, ese era Alfrediño!!! e mira por onde, a directiva fichouno. Non é coincidencia que me gustase a min e tamén ó clube, e que alfredo, a decir verdade, é moi bo.

P: Por último, ¿atréveste a prometer algunha cifra de goles para esta campaña?

R: A mesma pregunta me facía Mato, ex-presidente e agora entrenador do Ponteceso, no primeiro entrenamento, pero eu non son de prometer unha cantidade de goles...son de metelos. O ano pasado a estas alturas levaba cero goles porque case que non xogaba e acabei con 18, este ano pásame unha situación parecida a do ano pasado aínda que xa levo 3. Si chegara ós 18 do ano pasado estaría máis que satisfeito ca miña tempada, ainda que vai ser difícil.

Moitas gracias Charro.

0 comentarios:

Publicar un comentario