miércoles, 9 de diciembre de 2009

ENTREVISTA A DAVID BLANCO

Esta semana o protagonista na Liga da Costa foi o dianteiro David Blanco (Neaño, 1988), pois anotou nada máis e nada menos que catro goles ante o Monte Louro na 14ª xornada de competición, aos que hai que sumar os dous conseguidos a semana pasada na Pedra Queimada fronte ao Vimianzo (sumando un total de 12). David vive a súa segunda etapa na SCD Malpica tras estar cedido o ano pasado durante uns meses cando pertencia ao Sada.

Pregunta: ¿Marcaras algunha vez 4 goles nun mesmo partido?

Resposta: Xa había bastante tempo que non marcaba catro goles nun mesmo partido, senon lembro mal foi en xuvenís a última vez que marquei catro.

P: Xa levas 12 goles (a un dos pichichis Guillermo e Mané), ¿plantéxaste quedar pichichi ou é algo secundario para ti?

R: O do pichichi agora que aínda vamos pola primeira volta é algo secundario porque ata o remate da liga poden suceder moitas cousas, cando esteamos a acabala liga xa terei tempo para pensar niso aínda que vou facer todo o posible pa rematar entre os máximos goleadores e se podo ser o pichichi moito mellor.

P: Hai unhas semanas afirmáches no Depor Sport que o obxetivo do Malpica era a permanencia, ¿segues pensando o mesmo agora?

R: Si, sigo pensando niso aínda que para ese obxetivo xa falta moi pouco, se seguimos tendo os resultados que estamos tendo ata agora penso que o noso obxetivo a longo plazo pode cambiar. Sendo un pouco ambicioso diría que podíamos loitar por quedar entre os 5 primeiros da liga se os resultados nos acompañan coma ata agora.

P: O ano pasado xa xogaras unha boa parte da tempada co Malpica, ¿cáles pensas q foron os motivos do cambio radical do equipo?

R: O cambio tampouco o vexo moi radical, somentes que este ano estamos sendo máis grupo e cada un esta dando o mellor de si e por iso os resultados penso que están a acompañarnos mais co ano pasado.

P: ¿Crees que a SCD Malpica atopou o seu teito (marcha na cuarta posición) ou pensas que aínda pode progresar máis?

R: Como xa dixen anteriormente, o primeiro era a permanencia. O segundo paso penso que pode ser estar ahí arriba pelexando polos postos altos da clasificacion. Acabar entre os 5 primeiros este ano pode ser un bo ano para o Malpica.

P: A pesar da túa idade xa estiveches en varios equipos, ¿qué distingue ó Malpica doutros conxuntos?

R: Cada equipo é un mundo: directiva, xogadores...etc. Pero o que penso é que aquí o grupo de xogadores que o forman están mais agrupados que noutros equipos e hai un mellor ambiente nos entrenos, partidos...

So queda dárlle as gracias a David e desexárlle moita sorte para que siga coa súa xeira goleadora.

0 comentarios:

Publicar un comentario