jueves, 15 de abril de 2010

ENTREVISTA: ALFREDO DOMÍNGUEZ

Esta semana falamos co defensa central da SCD Malpica Alfredo, un dos xogadores que máis tempadas levan no conxunto azulón. Como curiosidade decir que é irmán xemelgo doutro xogador do equipo, o gardameta Toni. Alfredo "criouse" deportivamente nas categorías inferiores do Bergantiños; posteriormente, pasou polos seguintes equipos antes de recalar no Malpica: Buño, San Lorenzo, Ponteceso e Sofán.

Pregunta: Esta tempada non estás a contar con moitos minutos, ¿qué opinas ó respecto?

Resposta:
A ningún xogador lle agrada contar con poucos minutos de xogo. Este ano tiven a mala sorte da enfermidade de meu avó que me supuxo faltar a moitos adestramentos e a algún partido. Sen embargo, non creo que esa sexa a razón da miña suplencia senón que o adestrador ten o seu once e, a pesar de que intenta disimulalo achacando a suplencia dos xogadores a outros aspectos (falta de motivación, baixóns físicos, etc…), se están ben os “titulares”, son eses os que van xogar. A verdade é que isto pasa en tódolos equipos e como podes ver xa non é o primeiro no que estou (risas), polo que hai que ter paciencia e seguir adestrando para aproveitar as poucas ocasións que nos ofrecen. Así mesmo, os compañeiros que están a xogar na miña posición están rendendo a un moi bo nivel, polo que sei que o teño difícil.
Só mencionar que me gustaría que as culpas non sempre recaeran nos mesmos, e que non se intente buscar sempre un culpable cando algo sae mal, porque no fondo iso provoca mal ambiente e tensión no grupo.


P: ¿Cómo levas xogar co teu irmán xemelgo no mesmo equipo?

R: Para min é moi cómodo xogar no mesmo equipo que o meu irmán, xa que isto nos permite ir adestrar xuntos e ter a alguén preto para comentar tódalas xogadas dos partidos. Ademais as nosas posicións no terreo de xogo están moi cerca e a compenetración que temos fóra axúdanos tamén no terreo de xogo. Iso non quere dicir que non metamos a pata algunha vez (risas).
En todo caso, non creo que nos volvamos separar, salvo por circunstancias alleas a nós e que nos obriguen a facelo.


P: Xa levas varios anos no equipo, ¿qué é para ti o mellor da entidade?

R: O Malpica é un clube con prestixio, cunhas boas instalacións e ata o de agora cunha directiva cumpridora coas súas promesas. Estes tres feitos fano un equipo no que dá gusto estar e no que interesa seguir por moito tempo.

P: ¿Cómo resumirías a tempada da SCD ata o momento?

R: Este ano para min foi, das tempadas que levo aquí, onde vin a xente máis motivada. Iso traduciuse nuns bos resultados e polo tanto adquirimos moi pronto esa tranquilidade que nos faltou anos atrás. Oxalá para o vindeiro ano sigamos a este nivel xa que, de ser así, poderemos aspirar a todo.

P:
¿Cómo valoras o sorteo da Copa da Costa para o Malpica?

R: Como case sempre, tocounos bailar coa máis fea na primeira rolda. Véxoo positivo dado que se gañamos imos ter a moral moi alta para afrontar o resto das eliminatorias. Sen embargo, con todo, ten un lado negativo, e non é outro que o enfrontamento co máis que seguro campión da liga, cunha regularidade pasmosa, e que de seguro que ten como obxectivo gañala copa tamén, non será nada fácil dobregalos. Desexemos que funcionen ao 100% “o muro” de Toni e “o cono” (todos sabemos quen é) para deixar a nosa portería a cero, sobre todo na Pedra Queimada.

P:
¿Apostas por centrarse na Copa ou seguir pensando en quedar terceiros na Liga?

R:
Aposto por quedar terceiros na liga porque iso sempre queda nas estatísticas e no recordo da xente. Sen embargo, se quedas apeado da Copa en trintaedousavos ou dezaseisavos, a xente non se acorda. Non digo que nos vaia pasar a nós, pero vexo máis factible o primeiro.

Moitas gracias a Alfredo por cedernos parte do seu tempo.




13 comentarios:

  1. Anónimo15/4/10

    Penso que non hai ningún once tipo, sinceramente, pero reconoce que es un pouco tronco!!!!

    ResponderEliminar
  2. Agilda15/4/10

    Unha terceira parte do muro está quentando banqueta e de momento o "cono" xoga!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. kroskovos 215/4/10

    Vaia rajada, o peor é que entre os dous non facedes un....

    ResponderEliminar
  4. kroskovos16/4/10

    ojito con usar o nombre de kroskovos pa rajar. O que queira dar caña que de a cara, como facemos o resto....que aqui hai moitos q tiran a pedra e esconden a man...

    ResponderEliminar
  5. Anónimo16/4/10

    o cono xoga porque non hai outro....jajajaja

    ResponderEliminar
  6. Anónimo16/4/10

    a kroskovos 2:
    seguro que eres Cristiano Ronaldo pero dache vergonza poñer o nombre.seguro que tua prima non di mismo..

    ResponderEliminar
  7. Anónimo16/4/10

    a anonimo:
    dedicate a xogar..

    ResponderEliminar
  8. Anónimo16/4/10

    A kroskovos:
    Chamaste de pila asi?
    Da ti a cara primeiro e espero que teñas mellores cousas que facer que andar rajando da xente.Dedicate a leer..

    ResponderEliminar
  9. A ver, se empezamos a "rajar" un dos outros en lugar de falar das cousas que se din nas entrevistas ou de aspectos que rodean ó clube, cambio o sistema de comentarios (sería necesario ter unha conta de google ou estar rexistrado en blogspot).
    Non me importa que se firme como anónimo, pero si pediría que non se usasen nomes falsos ou nicks que habitualmente utilizan outr@s.

    ResponderEliminar
  10. Alfrediño16/4/10

    Parece mentira que algúns non den a cara nos seus comentarios. Pareceme penoso pero bueno, son opinions que non merecen nin ser consideradas.

    ResponderEliminar
  11. kroskovos17/4/10

    o que non sepa quen é kroskovos non pinta nada neste blog porque no vestiario todo o mundo sabe quen é, asique, intúo que non pasas moito polo vestiario do equipo, polo tanto, pintas pouco aquí. Pa ler tonterías coma as que escribiches creo que valería a pena non saber ler...

    ResponderEliminar
  12. alfrediño18/4/10

    se o dis por min creo que tou farto de saber quen é escachaovos. Ademais creo que calquera pode expoñer o que lle pete e mais un dos creadores do blog. Asique non loques lleno.jjaja

    ResponderEliminar
  13. charlie19/4/10

    Creo que o comentario iba máis ben polo 'anónimo' que lle pedía que dera a cara. Non necesita dar a cara porque todos sabemos quen é Krokovos, os que necesitan dar a cara son os que firman como anónimo ou peor aínda se escudan no nombre doutros para criticar.

    Deixemos o conto que así.

    ResponderEliminar