Esta semana o entrevistado é o habitual autor das entradas deste blog, o defensa da SCD Malpica Iago. O xogador malpicán debutou como infantil no Malpica, e pasou por tódalas categorías inferiores do clube costeiro, sendo un dos membros que conquistou a Liga de xuvenís do ano 2004. Tamén estivo como cadete de segundo ano (Liga Galega) e como xuvenil de último ano no Bergantiños (Liga Nacional). Como anécdota, decir que no ano 2002 debuta co equipo modesto da SCD contando con 15 anos.
Pregunta: Levas bastantes anos no clube, ¿este foi o mellor grupo no que xogaches ou botas de menos a algúns dos que se foron?
Resposta: A verdade e que tiven a sorte de coincidir sempre con moi bos compañeiros, tanto nas categorías inferiores (do Malpica e tamén do Bergantiños) como no equipo de modestos. Probablemente sexa o mellor grupo porque non só non houbo ningún "enfrontamento" nin líos dentro do vestiario en todo o ano, senón que ademais o ambiente que hai é fenomenal, e iso trasládase ao terreo de xogo. Tamén teño que decir que cando os resultados son bos o ambiente tamén soe ser mellor. Agora ben, isto non implica que non bote de menos a certos ex-compañeiros (como Alfrediño, Charro, Miguel Avelino, etc) porque son algúns dos meus mellores amigos na vida privada dende cativo.
P: Ti que eres un dos capitáns do equipo, ¿cómo valoras a implicación da xente que non é de Malpica co equipo?
R: Tódolos xogadores que non son malpicáns de nacemento teñen un comportamento exemplar, tantos nos adestramentos como nos partidos, inclusive debería de servir de exemplo para outros que si naceron na vila e que non mostraron o mesmo compromiso co clube (especialmente en tempadas pasadas). Pero supoño que o compromiso non depende do lugar de residencia, senón da mentalidade e personalidade de cada un. Neste sentido, e falando en termos xerais, de verdade que non se pode pedir máis na presente tempada.
P: Despois da marcha de Alfrediño, Charro, Kike... , e demais compañeiros, ¿por qué crees que o equipo non notou a sua ausencia e inclusive mellorou os resultados do ano pasado?
R: A primeira resposta é moi sinxela: porque peor co ano pasado era (case) imposible de facer, aínda que o intentaramos a propósito (risas). Agora falando en serio, non cabe dúbida de que tódolos xogadores que marcharon este ano do clube son xogadores dun gran nivel, pois Alfrediño, Charro e Kike militan e xogan habitualemente en equipos de Primeira Rexional; por outro lado, outros dos que marcharon (como Miguel Avelino ou Busto) eran titulares en moitos partidos a campaña pasada. Non obstante, a pesar desas ausencias, as novas fichaxes e os xogadores que subiron das categorías inferiores adaptáronse moi rapidamente e están mostrando un nivel moi elevado, que fan que as baixas se noten menos. Tamén creo que o resto de xogadores que continuamos do ano pasado estamos xogando bastante mellor. Todo isto provoca que os resultados sexan mellores.
P: ¿Cál é o sistema de xogo co que máis agusto te sintes no campo?
R: Antes de nada opino que un adestrador non debe de ter un sistema único e fixo durante a tempada, senón que os sistemas se deben cambiar e axustar en función de moitos factores: xogadores dispoñibles, estado de forma dos futbolistas, do rival, do terreo de xogo, etc. Dito esto, e dende o meu punto de vista como defensa, co sistema que me sinto máis cómo é o 4-1-4-1, que por outro lado é o habitual nesta tempada. Moitos dos mellores partidos que xogamos ó longo do ano, tanto de locais (ex: Baio, Xallas, Camariñas...) como de visitantes (Zas ou Castriz), foron con tal sistema.
P: ¿Cál é o mellor momento que viviches no Malpica?
R: Non podo quedarme cun momento só, pero destacaría tres momentos: 1.- O ano que gañamola liga de xuvenís, na tempada 2003-2004, porque foi o primeiro (e de momento único) título que gañei coa SCD Malpica. Tamén porque xogábamos un fútbol moi vistoso (espero que non sone soberbio) que inclusive levantaba os aplausos dos afeccioandos en plena xogada. Ademais, sempre había moita xente nas gradas e tódolos membros do equipo éramos "colegas" fóra dos terreos de xogo. 2.- Fai dúas tempadas, cos modestos, conseguindo a salvación no minuto 93 no campo do eterno rival, o Buño, despois dunha tempada moi dura a nivel colectivo e persoal (por culpa das lesións). 3.- Xa a nivel persoal, tamén destacaría o meu debut cos modestos con 15 anos no campo do Iberia na categoría de Preferente (creo que perdemos 4-0, risas).
P: ¿Qué crees que lle fai falta a este Malpica para pelexar por cotas maiores a vindeira tempada?
R: Sinceramente, creo que non nos fan falta moitas máis cousas para poder pelexar por obxetivos máis ambiciosos os vindeiros anos. Quizáis o máis importante sería que o tomásemos como algo posible dende o principio da campaña e demostrar unha maior regularidade, sen esas "páxaras" que nos dan de vez en cando (como os partidos de Carnota, Camariñas ou O Pindo). De feito, dos seis partidos que xogamos ante os tres primeiros clasificados da Liga (Zas, Xallas e Sofán), demostramos estar ó nivel en todos eles, salvo o desputado en Santa Comba.
Moitas gracias a Charlie, Alfrediño, Toni, Marcos Amado, Martín e Cheo por colaborar, xa que normalmente son eu o que realiza as entrevistas.
con esa facilidade de palabra e ese peloteo xegas a presidente do goberno¡¡jaja
ResponderEliminarSi tu debut fue a los 15 años vete pensando ya en colgar las botas......jajajaj
ResponderEliminarbueno que hasta ós 33 aínda me quedan uns cuantos eh?? jeje
ResponderEliminarmoi diplomático!!!sin mollarse moito!!!
ResponderEliminar