Este venres celebrouse na localidade de Baio o sorteo da Copa da Costa 2010. A SCD Malpica medirase na primeira rolda, correspondente ós dezaseisavos de final, ó Sporting Zas (actualmente segundo clasificado da Liga da Costa). O partido de ida, que se desputará na Pedra Queimada, xogarase o primeiro fin de semana de maio, previsiblemente o sábado día 1, pois a esta primeira eliminatoria coincide coas dúas derradeiras xornadas de Liga. O vencedor enfrontarase en octavos de final ó vencedor do Outes-Cerqueda.
Moita sorte ao equipo adestrado por Manuel Agilda nesta edición da Copa da Costa, e oxalá que superen a primeira rolda, algo que non sucedeu nas dúas últimas tempadas.
0 comentarios:
Publicar un comentario