lunes, 26 de abril de 2010

CARNOTA 3 - MALPICA 0

UD CARNOTA: José Ángel, Nico, Jorge, Pedro, Charly, Andrés (David Castreje 71’), Cololo, Joselu, Nico Alvarado (Paco 68’), Tono (Mike Beiro 60’), Manoliño.

SCD MALPICA: Toni, Marco, Víctor, Iago (Braix 46’), Alfredo II (Charlie 46’), Cheo, Neucha, Casais (Manu Pardo 46’), David Blanco, Andrés (Ismael 46’), Eloy.

Árbitro: Sr. Vizoso Embudo. Bastante mal, pois non aplicou o mesmo raseiro, especialmente na primeira metade, xa que houbo varias entradas duras por parte dos locais que non foron castigadas con cartóns, mentras que os malpicáns si recibiron tarxetas pero por protesar. Non obstante, na sua defensa cabe decir que non tivo unha influencia directa no resultado final.

Goleadores: 1-0 (min. 9): Saque de esquina a prol do Carnota dende o curruncho dereito do ataque local que remata Charly no segundo pao cun bo cabezazo. 2-0 (min. 19): Centro ao segundo pao, alí aparece Manoliño libre de marca tras unha indecisión defensiva froito dun erro de comunicación entre o gardameta Toni e Marco, o atacante pasa a Cololo que anota o segundo gol dos carnotáns a pracer. 3-0 (min. 28): Nico Alvarado recibe á altura de tres cuartos de campo, controla o balón e consegue xirar sobre si mesmo sen oposición para mandar un pase en profundidade a Manoliño que bate a Toni de tiro raso.

Ambiente e Incidencias: Boa entrada no campo de Lombáns, cun cento de espectadores. Tarde soleada e con moito calor sobre o céspede. Non houbo expulsados nin que lamentar lesionados de consideración.

Comentario: Despois da contundente vitoria da semana pasada fronte ao Monte Louro (7-0), a SCD Malpica viaxaba ata Carnota para desputar un encontro decisivo na loita polo terceiro posto da clasificación. Para tal envite, o adestrador Manuel Agilda non podía contar con Marcos Amado (lesionado), Rancaño (de viaxe) nin con Martín (lesionado). Non obstante, en pouco tempo se esfumaron as posibilidades de acadar algo positivo na tarde de onte, pois os xogadores malpicáns non lograron meterse no partido na primeira metade e "regalaron", cando menos, dous dos tres goles que anotaron os locais. A presión no mediocampo era practicamente inexistente, as indecisións defensivas constantes e en ataque non se lograba circulalo balón con claridade nin crear perigo. A pesar de todo, os visitantes tiveron unha boa ocasión por mediación de Cheo que non logrou conectar un cabezazo por pouco e nalgún corner botado por Neucha. O Carnota, sen facer un xogo espectacular, atopouse co partido case sentenciado ó seu favor cando aínda non se levaba desputada nin media hora, pero aparte dos goles non dispuxo de moitas máis oportunidades de gol.

No segundo tempo, tras un lixeiro dominio inicial dos carnotáns, o Malpica cambiou a faciana e logrou meterse de novo no partido, adiantando líñas e conseguindo chegar ás inmediacións da portería local con perigo, aínda que con máis corazón que bo xogo. Así, cabe destacar que os azulóns tiveron ata cinco boas ocasións: un cabezazo de David Blanco que sae fóra tras un saque de esquina botado por Neucha; outra ocasión do dianteiro que tras cortar un pase do porteiro local tira raso pero non coseque batir a José Ángel que rectificou moi ben; un intento de remate de Charlie que non logra conectar co balón na frontal da área pequena; unha xogada de Cheo pola banda esquerda que cede a David para que este estrele o balón no poste a porta vacía; e, por último, un disparo cruzado de Neucha que pasa preto do poste esquerdo da portería defendida por José Ángel. Pola súa parte, o Carnota limitábase a deixar que pasase o tempo e apenas inquietou a meta malpicán, só por medio dunha falta botada por Cololo que petou no longueiro tras rebotar na barreira e outra falta sacada por Charly que saca Toni.

Despois deste encontro, e a falta de dúas xornadas para que remate a Liga da Costa 2009/2010, os malpicáns despídense matematicamente da terceira plaza, pois están a sete puntos do Sofán. Claro está que regalando unha parte non se pode gañar un partido, e menos contra un dos mellores equipos da categoría. O mal sabor de boca que deixa esta xornada debe servir de estímulo para o próximo reto dos homes adestrados por Manuel Agilda, a Copa da Costa, que comeza para a SCD o vindeiro sábado na Pedra Queimada fronte ó Zas, xa que ante o líder da categoría (e virtual campión) non se pode ter os erros nin a falta de intensidade mostrada onte si se pretende pasala eliminatoria.

0 comentarios:

Publicar un comentario