SD ESTEIRANA: Ramón, Varela, Mingos (Sergio min. 53), Dani, Adelino, Uru (Andel min. 70), Álex (Godo min. 61), Picholeiro (Pepiño min. 53), Roberto Pladur, Iago, Adrián.
SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado, Iago, Marco, Andrés (Víctor min. 77), Neucha (M. Dourado min. 65), Cheo (Gonzalo min. 92), David Blanco (Diego min. 93), Manu Pardo, Ismael.
Árbitro: Jesús Iván Patricio Blanco. Estivo ben en dous aspectos: á hora de indicalas faltas e tamén se mostrou dialogante cos xogadores de ámbolos dous conxuntos. Sen embargo, permitiu o xogo duro dos locais, pois apenas lles sacou cartóns amarelos cando houbo numerosas faltas duras, especialmente cometidas sobre Cheo.
Ambiente e Incidencias: Boa entrada no José Luis Vara, cunhas 150-175 persoas no campo. Tarde gris, con frío e con choiva intermitente durante o encontro. Non houbo expulsados. No apartado de lesións, o malpicán Andrés abandonou o terreo de xogo con molestias nun nocello.
Goleadores: 1-0 min. 12: Roberto Pladur gáñalle as costas á defensa visitante, recibe un pase longo, controla perfectamente co peito e bate a Suso de tiro raso á altura do punto de penalti. 1-1 min.43: Boa xogada combinativa por banda dereita dos malpicáns entre Manu Pardo e Cheo, que culmina cun centro de Manu ó corazón da área que remata Ismael de cabeza. 1-2 min. 57: Vaselina de Manu Pardo dende uns 25 metros, o balón da no longueiro pero rebota na espalda do porteiro local que estaba un pouco adiantado e cólase na portería. 2-2 min. 59: Contragolpe da Esteirana, o esférico chégalle a Roberto Pladur na posición de extremo dereito, mete un centro raso ó punto de penalti, alí aparece o central Adelino libre de marca, o seu remate párao Suso pero o rexeite golpea de novo no xogador local anotando con fortuna. 2-3 min. 87: Gran pase en profundidade de Ismael cara David Blanco que lle gaña por velocidade á defensa e bate a Ramón de tiro raso axustado ó primeiro pao.
Comentario: Realizaba a SCD Malpica o viaxe máis longo de toda a tempada para enfrontarse á Esteirana coa intención de deixar atrás o mal sabor de boca que supuxo perder no minuto 94 contra o Fisterra había unha semana. O adestrador malpicán, Manuel Agilda, non podía contar para este partido con Eloy (sancionado por acumulación de tarxetas), Viña (lesionado nun xeonllo), Martín (cunha lesión muscular) nin con Casais (por enfermidade). Comezaba o encontro mal para os malpicáns, pois ós 12 minutos xa se atopaban por detrás no marcador, o que provocou que a Esteirana acumulase xente na parcela defensiva, defendendo atrás e que buscase aproximarse a meta de Suso só mediante balóns longos cara o seu mellor atacante, Roberto Pladur. Co paso dos minutos, os visitantes fóronse asentando no campo, facéndose donos do esférico e levando o peso do encontro, ainda que alternando boas fases de xogo con precipitacións e erros non forzados. Non concederon máis ocasións ós locais, pois aumentaron a presión en mediocampo e estiveron atentos á perigosidade dos contragolpes da Esteirana. Froito do dominio e da maior presencia en ataque chegou o merecido gol preto do descanso. Foi unha primeira metade con poucas ocasións de gol, sendo a máis clara un cabezazo de David Blanco ós 10 minutos tras un saque de esquina botado por Neucha que se marchou rozando o pao dereito da portería de Ramón.
No segundo tempo, o Malpica saiu totalmente decidido a lograla vitoria, aumentou a intensidade e nos primeiros 15 minutos deste período foi moi superior á Esteirana, que apenas podía superala líña do mediocampo. Recuperaban a posesión moi rápido e preto da área local, o que lles permitiu tocar á altura de tres cuartos, buscando unha e outra vez a Cheo que superaba continuamente ó seu par. Tiveron dúas oportunidades claras nun cabezazo de Neucha a centro de Cheo que se marchou alto e nun disparo de Isamel dende o borde da área que saiu tamén fóra por pouco. Sen embargo, tras adiantarse no marcador, pronto chegaría o gol do empate dos locais tras unha rápida xogada de transición, poñendo de novo o encontro costa arriba para os malpicáns que non vían refrexada a súa superioridade no marcador. O Malpica, agora con dous dianteiros, volveu a acosar a Esteirana, presionando outra vez bastante arriba e tentando de combinar, ante un conxunto local outra vez metido atrás. Tras unha nova oportunidade de David Blanco en forma de cabezazo, chegaría o terceiro gol nos minutos finais. A partir de ahí, a Esteirana buscou o empate a través do xogo directo pero apenas conseguio facer dano.
Importante vitoria para o conxunto de Agilda, que levaba tres xornadas sen facelo e que supón unha importante inxección de moral. Ademais, é a primeira vez que logran remontar un encontro que se lles pon adverso no que vai de tempada. Triunfo que lle serve para manterse na zona media-alta da táboa clasificatoria nunha Liga da Costa cada vez máis apretada (do cuarto clasificado ó duodécimo só hai 5 puntos), algo que se consolidaria se logran vencer a vindeira semana de novo a domicilio, esta vez en Baio, pois ámbolos dous conxuntos están empatados a puntos.
0 comentarios:
Publicar un comentario