lunes, 29 de noviembre de 2010

LIGA DA COSTA 13ª XORNADA: BAIO 0 - MALPICA 0

CD BAIO: Felipe, (Ángel Martín min. 12), Fermín, Pablo (Nando min. 73), Ramón, Jóse (Manuel min. 16), Pirucho (Valentín min. 24), Borja (Fachal min. 66), Martín, Jorge, Alberto, Canay.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Eloy (Marcos Amado min. 65), Neucha (M. Dourado min. 65), Cheo, David Blanco, Manu Pardo, Ismael.

Árbitro: Nicolás Melián Otero. Pésima actuación na tarde de onte, en ningún momento do encontro impuxo autoridade, errou sistematicamente na apreciación de todo tipo de xogadas (saques de bandas, faltas, etc.) e consentiu as constantes perdas de tempo do Baio xa dende o comezo do partido.

Ambiente e Incidencias: Sobre 100 espectadores déronse cita no Platas Reinoso, nunha tarde que comezou cunha temperatura agradable pero a medida que o sol caía o frío gañaba protagonismo. Houbo varios lesionados no Baio que tiveron que ser sustiuídos: Felipe, José e Pirucho, todos eles nos primeiros 25 minutos de encontro. O malpicán Marcos Amado foi expulsado por propinarlle un "manotazo" (segundo recolle literalmente a acta) a un xogador rival no minuto 75 aproximadamente. Tamén o local Martín recibiría o segundo cartón amarelo por empurrar ó propio Marcos Amado nesa mesma xogada. A continuación, houbo unha liorta entre varios xogadores de ámbolos dous conxuntos, na que incluso interviron afeccionados locais que saltaron ó terreo de xogo, tentando agredir a Marcos cando este se dirixía cara o vestiario.

Comentario: Despois da importante vitoria en Esteiro (2-3), a SCD Malpica afrontaba o seu segundo partido consecutivo a domicilio, esta vez fronte ó Baio, partido que a priori se presumía moi igualado, xa que ambos equipos compartían número de puntos, partidos gañados, perdidos e empatados na clasificación, sendo os dous menos goleados da categoría. Nesta xornada, Manuel Agilda contaba coas baixas de Viña e Martín (lesionados de longa duración) e de Andrés (sancionado por acumulación de amarelas). Comezaba o partido cun Malpica ben organizado, co equipo moi xunto e presionando con criterio que apenas lle permitiu ó Baio pasar do mediocampo en contadas ocasións. Co paso dos minutos, os visitantes monopolizaron a posesión do balón, combinando ben en tódolas líñas e creando perigo á defensa local con pases interiores en busca de espazos. Froito deste dominio, os malpicáns dispuxeron de moitas e claras ocasións: tres mans a mans de David Blanco que estrelou sucesivamente contra o porteiro local (o primeiro foi unha boa intervención de Felipe), un disparo de Cheo dende a parte dereita da área que saiu a saque de esquina despois de rozar nun defensa do Baio, un tiro de Neucha que saiu cruzado en exceso dende o pico esquedo da área e un disparo de Manu Pardo dende media distancia que dou no longueiro. Polo que atinxe ó Baio, apenas se aproximou a área de Suso, e non tirou a porta ningunha vez neste primeiro período.

No segundo acto, os locais saíron con algo máis de ambición, pero tras uns minutos onde o partido foi máis igualado, de novo o Malpica acabou por impoñelo seu fútbol e volveu a encerrar ó Baio no seu propio campo, ainda que lles costou profundizar debido a que se atoparon cunha defensa máis replegada. Outra circunstacia que condicionou o choque foron as constantes interrupcións que se produciron no xogo, feito que xa aconteceu dende o comezo do encontro; algunhas foron accidentais pero outras intencionadas por parte do Baio (á hora de sacar de porta, de sacar de banda ou á hora de enviar balóns cando estes saían dos límites do campo), sen que o colexiado fixese nada por remedialo. De novo as ocasións foron para os malpicáns: outro man a man de David Blanco tras un pase en profundiade de Manu Pardo que sacou co pé Ángel Martín, un cabezazo do mesmo protagonista no segundo pao tras un saque de esquina que se marchou rozando o pao esquerdo da portería e un lanzamento de falta de Neucha que tamén se marchou fóra moi preto do pao dereito despois de que nadie tocara ese "centro-chut". O Baio só tirou entre os tres paos unha vez e no minuto 90, mediante un disparo cruzado raso de Alberto que Suso mandou a saque de esquina despois dunha gran estirada.

En definitiva, igualada entre os "reis do empate" (pois ámbolos dous conxuntos suman 7 en 13 encontros), pero nun encontro onde o Malpica foi moi superior ó Baio pero que non logrou gañar pola súa falta de efectividade de cara a gol. A SCD perdeu unha boa oportunidade para reducir distancias con varios equipos da zona alta, pero a líña de xogo que mostrou nesta xornada foi moi positiva, e esperemos que sirva de base para futuras contendas. A vindeira semana recibe na Pedra Queimada ó San Lorenzo.

0 comentarios:

Publicar un comentario