lunes, 10 de enero de 2011

LIGA DA COSTA 18ª XORNADA: CARNOTA 2 - MALPICA 1

UD CARNOTA: Pepu, Adrián (Pablo Beiro min. 61), Brea, Tono da Caixa, Pedro, David Castreje (Gabri min. 90), Nico, Miki Beiro (Andrés min. 71), Óliver (Demetrio min. 88), Nico Alvarado, Manuel Luís (Joselu min. 51).

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Marco, Iago, Ismael, Neucha, Cheo, M. Dourado (David Blanco min. 30), Eloy, Andrés (Casais min. 61).

Árbitro: Andrade Seoane. A pesar de ser un colexiado da Rexional Preferente, tivo unha actuación penosa na tarde de onte. Na primeira metade, e ainda co resultado de empate, non sinalou ningunha das tres penas máximas que lle reclamaron os malpicáns: unhas mans dun defensa do Carnota cando se tirou ó chan para despexar un centro coa cabeza, un agarrón sobre Cheo e unha patada a Miguel Dourado cando o dianteiro tentaba rematar no borde da área pequena (e que rematou co xogador malpicán lesionado). Ademais, o segundo gol do Carnota veu precedido por dúas faltas consecutivas cometidas por Nico. Tamén se equivocou ó indicar penalti sobre Neucha na segunda metade nunha acción na que o defensa local toca balón, quizáis para "compensar". Por outra banda, non tivo un criterio homoxéneo ó longo do encontro, pois se ben ó malpicán Casais lle mostrou cartón vermello (xusto) por unha patada sen balón por medio, ó carnotán Demetrio por unha acción similar só lle mostrou amarela.

Ambiente e Incidencias: Pouco púlico en Lombáns, con menos de 100 persoas no campo, nunha tarde soleada e cunha temperatura agradable para estar no mes de xaneiro. Por parte do Malpica foi expulsado Casais por cartón vermello directo (min. 69) tras unha patada sen balón de por medio e por parte do Carnota resultou expulsado Demetrio no min. 93 por doble amarela. Ademais, M. Dourado retirouse lesionado na primeira metade na anterior xogada mencionada.

Goleadores: 1-0 min. 31: Balón colgador por Miki Beiro sobre a posición de extremo esquerdo onde se atopa Óliver, que lle gaña as costas a Charlie, intérnase na área e empalma unha volea coa perna esquerda sen que o balón toque o chan que se cola polo segundo pao. 2-0 min. 42: Tras unha serie de varios rexeites na frontal da área visitante, o balón cáelle a Manuel Luís preto do punto de penalti que anota o segundo gol cunha fenomenal volea que entra pola escadra dereita da portería defendida por Suso. 2-1 min. 50: Neucha intérnase pola banda esquerda dentro da área, Adrián "vai ó chan" desviando o balón, pero o colexiado interpreta que derruba ó extremo malpicán. A pena máxima é materializada polo propio Neucha de forte tiro a media altura.

Comentario: Comezaba a segunda volta para o Malpica, que se tíña que desprazar ata Carnota para xogar contra o equipo local, conxunto que era o colista ata esta xornada. Os malpicáns non podían contar cos lesionados Viña e Martín, nin co sancionado Manu Pardo. O equipo adestrado por Manuel Agilda saiu cunha disposición táctica máis agresiva que en xornadas precedentes, consciente de que era preciso xerar máis ocasións de gol para rompela xeira de tres derrotas consecutivas que acumulaba a SCD. Así, os visitantes foron os claros dominadores da primeira metade, obrigando ó Carnota a xogar na súa metade do campo, e sumando oportunidades de gol pero que non se lograron materializar. A circulación de balón foi fluida, e creouse perigo tanto polas bandas como polo centro, ante unha defensa e porteiro locais que mostraron as súas carencias. Entre as ocasións (aparte das xogadas polémicas), destacaron as seguintes: unha xogada individual de Eloy que tras desfacerse de varios contrarios no borde da área tira frouxo ó estar desequilibrado; un disparo que saiu mordido de Neucha tras un centro raso de Cheo dende a banda dereita e o posterior rexeite que non logra anotar Dourado; un saque de falta botada por Neucha que Pepu despexa con apuros; e un saque de esquina botado por Cheo ó que Iago consegue chegar moi forzado no segundo pao e non logra marcar cando Pepu estaba xa batido. Polo que atinxe ó Carnota, só tentaba chegar a área de Suso mediante balóns longos pero que apenas facían perigo, e non tiraron entre os tres paos máis que en dúas ocasións, pero tiveron a fortuna de anotar dous golazos (o segundo, como xa se comentou, precedido de dúas claras faltas).

No segundo tempo, a tónica do encontro foi similar, cun Malpica volcado sobre a área do Carnota, ca defensa ainda máis adiantada, e tentando marcar de tódolos xeitos posibles para dárlle a volta ó marcador. Pronto acortaron distancias, pero cando máis estaban apretando en ataque, chegou a expulsión de Casais que facía todavía máis complicada a remontada. Sen embargo, os malpicáns non se viñeron abaixo, e seguiron sendo superiores inclusive cun xogador menos, pero pouco fútbol se puido ver, pois os locais comezaron a perder tempo constantemente e a cortalo xogo con accións merecedoras de tarxetas pero o colexiado non estaba moi pola labor. As oportunidades máis destacadas do Malpica foron un lanzamento alto de David Blanco tras revolverse moi ben dentro da área; un cabezazo de Charlie que saiu desviado tras un saque de esquina executado por Cheo; e un lanzamento de Neucha dende a parte esqueda da área que se machou fóra preto do primeiro pao. Os locais só crearon perigo por medio dun cabezazo de Nico tras un saque de falta bombeado pero que atallou Suso sen grandes dificultades.

Mala sorte para a SCD Malpica, tanto polas oportunidades que se fallaron (algo habitual na maioría dos encontros) como polo colexiado, que perxudicou (unha vez máis) gravemente ós malpicáns. O resultado de todo isto foi unha derrota inmerecida, ante un rival que apenas tirou a gol e que provoca que o Malpica sume catro derrotas consecutivas, polo que comeza a ser urxente comezar a gañar para non pasar apuros de aquí a final de tempada. Na vindeira xornada, o equipo de M. Agilda terá unha dura proba ante o Club do Mar de Caión (3º clasificado).

4 comentarios:

  1. Se a semana pasada eran entre 10-12 esta xa son entre 13-15...genial!! Por certo, non vou ser eu quen diga que non hai en españa un colectivo tan sinvergüenza e máis incompetente cao dos árbitros.

    ResponderEliminar
  2. Amado11/1/11

    Menos mal que era de Preferente!!!

    ResponderEliminar
  3. Si oh! de Preferente pero de Islas Feroe creo...

    ResponderEliminar
  4. Non colle máis11/1/11

    o mellor foi cando saliu aplaudido polo público na primeira mitad jeje

    ResponderEliminar