SCD MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado, Marco, Iago, Eloy (Diego min. 93), Cheo (Gonzalo min. 92), Charlie, David Blanco (Miguel Dourado min. 83), Andrés, Manu Pardo (Ismael min. 70).
CLUB DO MAR: Borja, Fran Borrazás, Chori, Luis Lareo, Chechu, Alberto, Repi, Jacobo, Juan Lareo (Brais min. 61), Corral, Piñeiro.
Árbitro: Borja Sánchez. Moi boa labor a que desenvolveu na tarde de onte, aplicando o mesmo raseiro para os dous conxuntos, sen abusar das tarxetas e sen equivocarse en accións determinantes. O único "pero" foi o tempo que descontou na segunda metade, pois sumou sete minutos ó tempo reglamentario cando non houbo motivos para elo.
Ambiente e Incidencias: Gran entrada na Pedra Queimada, cunhas 250-300 persoas no campo, nunha tarde gris, sen choiva pero con vento moderado. Non houbo lesionados graves. O visitante Jacobo foi expulsado no minuto 83 por dobre amarela, a primeira por falta e a segunda por protestar. Mención especial merece o gran ambiente que houbo nas bancadas, coas afeccións de ámbolos dous conxuntos animando constantemente.
Goleadores: 1-0 min. 3: Saque de esquina botado por Cheo dende a esquerda que remata de cabeza David Blanco libre de marca á altura do punto de penalti. 1-1 min. 48: Boa xogada individual de Jacobo por banda esquerda, que penetra na área despois de desfacerse de dous rivais, e manda o "pase da morte" para que Corral anote a placer. 2-1 min. 66: Cheo colle o balón a altura de tres cuartos de campo na banda dereita, realiza unha fenomenal xogada individual sorteando a varios defensas e tira raso dende o borde da área coa perna esquerda saíndo o esférico axustado ó pao esquerdo de Borja.
Comentario: Despois da sorprendente derrota fronte ó colista, a SCD Malpica acumulaba catro derrotas seguidas, polo que o partido fronte ó Club do Mar (o primeiro como local neste 2011) supoñía unha ocasión inmellorable para gañar por fin a un dos equipos da zona alta da clasificación e romper coa mala xeira de resultados. Manuel Agilda contaba coas seguintes baixas: as habituais de Viña e Martín, Carlitos (por problemas nun xemelgo), e os sancionados Casais e Neucha. O encontro non podía comezar mellor para os intereses malpicáns, pois en apenas tres minutos xa se atopaban por diante no marcador, mostra do concentrados que saíron dende o primeiro minuto. Sen embargo, a medida que pasaban os minutos, o Malpica iba tendo cada vez menos posesión de balón ante un Club do Mar que dominaba a parcela ancha do campo, pero que non lograba profundizar. Os locais estiveron moi compactos sen balón, pero cando recuperaban o esférico apenas lograban combinar e abusaron dos balóns en longo. Apenas houbo oportunidades de gol nesta primeira parte, destacando por parte dos malpicáns unha xogada de David Blanco por banda esquerda pero o seu disparo (con pouco ángulo) desvíao Borja a córner e un tiro nunha posición forzada de Charlie dende a frontal. O equipo de Caión contou cunha ocasión moi clara tras un saque de falta, quedándolle o balón a Piñeiro no punto de penalti pero a súa volea marchou fóra por pouco.
O segundo acto comezou do mesmo xeito que o primeiro, cun gol ós tres minutos, pero esta vez foron os visitantes os que anotaron, na única ocasión que tiveron de xogada sen ser a balón parado. Se a intensidade foi a nota predominante durantes os primeiros 45 minutos, nesta segunda parte subiu ainda máis, con dous equipos que se entregaron completamente en busca da vitoria, pero cun Malpica que logrou ter máis o balón e que se foi impoñendo pouco a pouco, mostrándose sólido na parcela defensiva e facendo dano arriba, especialmente pola banda dereita e polo centro. Manu Pardo tentou en varias ocasións sorprende a Borja dende longa distancia, pero a pesar de que os disparon ían entre os tres paos, a envergadura do gardameta evitou que entrasen. Na recta final do encontro, Cheo disparou preto do longueiro e Miguel Dourado tivo un man a man ante Borja tras un pase en profundidade de Eloy, pero o seu disparo desviouno o porteiro nunha boa saída. O Club do Mar, que demostrou ser un equipo moi completo, mostrouse superior no xogo aéreo, pero só contou con dúas oportunidades de gol: un vaselina de Brais que supera a Suso pero que Iago despexa a córner, e un cabezazo dun dos centrais tras un saque de esquina que marcha alto.
Gran vitoria do Malpica ante o Club do Mar (3º clasificado), que lle serve para sumala primeira vitoria do ano e non meterse en problemas, pois en caso de derrota a distancia co descenso sería de cinco puntos a día de hoxe. Foi un partido de ti a ti entre ámbolos dous equipos, con moita intensidade pero con total deportividade, sen accións duras, e no que os malpicáns mostraron capacidade de reacción tras encaixalo empate nada máis comezala segunda metade. Importante triunfo que esperemos que lles de confianza e moral para afrontalos 15 partidos que quedan da segunda volta. O vindeiro partido da SCD será en Muros fronte ó equipo local.
dificil de entender que este equipo demostre as veces tanta falta de concentracion e de orgullo profesional senon outro galo cantaria
ResponderEliminaraparte das gañas e a calidade enormes que todos lle puxestedes valiu tamén moito o apoio que se viu nas gradas. oxalá se repita moitas veces.o club do mar ten moi bo equipo pero tamén ten un gran apoio da sua afición. e iso valiulle de moito ata agora.
ResponderEliminarHome, non sei a impresión que pode dar dende fóra, pero como xogador do Malpica pódoche asegurar que sempre saímos ó 100%, pero hai partidos que saen mellor que outros; tamén velo campo como estaba, coas afeccións animando, pois sempre da un "plus" de motivación.
ResponderEliminarDespois falar de "profesional" en segunda rexional...
Espasandín dimisión!!
ResponderEliminar