lunes, 28 de marzo de 2011

INAUGURACIÓN OFICIAL

Na tarde de onte, antes do encontro que enfrontaba á SCD Malpica e á Esteirana, tivo lugar a inauguración dos novos vestiarios da Pedra Queimada, acto ao que asistiron o novo presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, e o Alcalde da vila, José Ramón Varela. Aquí a nova no xornal La Voz de Galicia.

5 comentarios:

  1. Penosa inauguración a que tivo lugar onte, non polo feito en si, senón polo momento en que tivo lugar, pois ámbalas dúas instalacións levan empregándose moitos meses (inlcusive anos), polo que me parece que os actos de onte teñen un compoñente político, xa que as eleccións municipais celébranse dentro de apenas dous meses e a nova lei electoral impide inaugurar obras a partir do día 28 de marzo (que curiosamente é hoxe...).

    ResponderEliminar
  2. Anónimo29/3/11

    Non deberías opinar deses temas!

    ResponderEliminar
  3. uuuuu...mira o que che din Iago!! O anónimo acábase de descubrir!! É Vito Corleone!! Venga hombre... se ten toda a razón do mundo... e o que non lle guste a opinión crítica teno moi fácil...

    Por certo, o presidente debiu quedar impresionado coa pedazo de rede que temos detrás da porteria!! Eso si que depende do alcalde pero bueno, haberá que esperar ás próximas eleccións a ver se toca...Ánimo que so faltan 4 anos!!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo29/3/11

    Fernando Couto (PP)apoiando un acto de José Ramón Varela e Garcia Liñares (PSdG),moi raro me soa isto, cando me consta que o que organizou todo o tema da inauguración foi o mesmo Fernando Couto.
    Por outro lado tampouco vos deberíades preocupar tanto por eses temas xa que a organización deixou bastante que desexar por non dicir que foi un desastre, o que deixa ben as claras o traballo neste concello nos últimos anos.
    Se vos preocupa o estado das instalacións en xeral deberiades polo menos solicitalo no concello, informarvos que hai unha concelleira de deportes neste concello, a cal non ten constancia escrita ou verbal de deficiencia algunha nas instalacións da Pedra Queimada.

    ResponderEliminar
  5. O tema da rede, según teño entendido, xa se lle comentou no concello varias veces, ou eso foi o que nos dixeron... de todas formas creo que di moito da concelleira que lle haxa que comentar esas cousas porque de haberse pasado algunha vez polo campo creo que o tería visto pero claro, hai que pasarse algún día polo campo... o mellor tampouco viu que a piscina non ten auga...

    ResponderEliminar