SCD MALPICA: Suso, Charlie (Gonzalo min.46), Marcos Amado, Iago, Marco, Eloy, Neucha, Cheo (Casais min.46), David Blanco (Manu Pardo min.61), Andrés, Nando (Miguel min.46).
PONTECESO SD: Norberto (Illote min.83), Pablo Vázquez (Pitu min.56), David, Carlos Mato, Dani Pallas, Bolón, Toniño (Miguel Torrado min.65), Nando, Charro (David Velo min.70), Alfredo (Tucho min.63), Luisete.
Árbitro: Prieto Rojo. Pésima arbitraxe na tarde de onte, especialmente nos primeiros 15 minutos, onde de novo (e van...) o equipo perxudicado foi a SCD Malpica. Sinalou unha falta moi discutible de Marco aos 5 minutos no borde da área que deu lugar ao gol dos visitantes. No minuto 10 anula un gol de falta directa de Neucha ao sinalar que a falta era indirecta. No minuto 15 expulsou a Andrés por dobre amarela (a primeira moi rigurosa), ao capitán Marco (por vermella directa ao malinterpretar as suas protestas) e ao adestrador local (tamén por protestar); deixando ao Malpica con nove xogadores durante case 80 minutos. Sen embargo, volveu a deixar mostras da súa "categoría" como colexiado cando non indicou un penalti moi claro do malpicán Iago sobre Charro no minuto 25.
Incidencias: Moi bo ambiente na Pedra Queimada, con máis de 200 espectadores, nunha tarde propia do verán. O xogador local David Blanco retirouse con molestias físicas. O Ponteceso, tras esta vitoria, proclamouse campión da Liga da Costa 2010-2011.
Goles: 0-1 (min.5): Falta ao borde da área do Malpica que executa maxistralmente Bolón, colándose o esférico preto da escadra dereita de Suso que non logra desviala o suficiente a pesar dunha gran estirada.
Comentario: Despois de superar ao Alcaián na Copa da Costa o sábado, a SCD Malpica recibía este domingo ao líder da categoría, o Ponteceso, que estaba a un punto de logralo título matematicamente. Os locais unicamente contaban coa baixa de Diego (lesionado nos abductores). O que prometía ser un encontro moi disputado pola rivalidade existente entre os dous coxuntos e polo gran ambiente que había nas bancadas, encargouse de rompelo o colexiado Prieto Rojo case dende o primeiro minuto. Durante os primeiros 15 minutos o partido foi moi disputado, con moita pelea no medio do campo e con balóns cara os rápidos atacantes de un e outro equipo, tendo o Malpica a ocasión máis clara neste inicio de encontro nun man a man de David Blanco que rexeitou Norberto despois dun gran pase de Eloy. A partir das dúas expulsións que sufriron os locais, todo facía pensar nuncha goleada do Ponteceso, pois ao feito de estar con dous homes menos durante case todo o partido había que engadir que moitos dos xogadores malpicáns repetían titularidade despois de xogar 24 horas antes na Copa. Nada máis lonxe da realidade, pois os homes adestrados por Manuel Agilda deron unha lección de casta e pundonor, e non baixaron os brazos en ningún momento. A pesar de que o Ponteceso mantiña a posesión do balón, facíao en zonas pouco perigosas, circulando o esférico con pouca claridade, mentes que os malpicáns trataban de xuntar líñas esperando a que un contragolpe lles dese a oportunidade de marcar. Mesmo estiveron preto de empatar en dúas accións: un lanzamento de falta de Neucha dende o borde da área que se foi alto por pouco, e tras unha mal entendemento entre David e Norberto no que o central visitante case marca en propia meta. O Ponteceso non logrou profundizar e apenas sumou oportunidades, destacando un tiro de Bolón dende o borde da área que Suso mandou a saque de esquina.
No segundo tempo o desenrolo do partido foi semellante ao dos primeiros 45 minutos, cun Ponteceso que tocaba e tocaba na súa propia parcela de campo pero moi lentamente e con pouco criterio. Os locais mantiveron a líña defensiva moi arriba, e cunha excelente coordinación provocaron numerosos fóras de xogo, pois os atacantes visitantes pricipitábanse unha e outra vez. Durante os primeiros minutos da segunda parte, o Malpica tivo dúas oportunidades moi boas para empatar: outro man a man de David Blanco que volve a rexeitar Norberto, e un cabezazo de Neucha á altura do punto de penalti que saiu rozando o longueiro tras un centro dende a banda esquerda de Miguel. O Ponteceso tratou de arriesgar algo máis nos pases, e comezaron a mandar balóns en profundidade, pero a defensa e Suso estiveron moi atinados, e practicamente cortaron tódalas accións de perigo, e só deixaron que os líderes da categoría dispuxesen de dúas oportunidades: un balón en profundidade cara Charro que evita a saída de Suso pero o seu control sae demasiado longo perdendose pola líña de fondo, e un man a man de Luisete que Suso rexeita.
Gran imaxe a que deixou o Malpica neste encontro, despois de disputar 80 minutos con nove xogadores (mesmo na segunda metade entrou o xuvenil Miguel), plantándolle cara ao Ponteceso en todo momento, pero no que sumaron unha derrota tras non lograr marcalas varias oportunidades das que dispuxeron a pesar da inferioridade numérica. De seguro que coa actitude que mostraron onte chegarán mellores resultados en vindeiras citas. Na seguinte xornada a SCD desprázase ata Castriz para afrontar o seu derradeiro partido como visitante nesta liga.
Dende este blog só queda darlle a noraboa ao Ponteceso por logralo título da Liga da Costa, especialmente aos tres xogadores formados no Malpica: Alfredo, Charro e Illote.
la crónica que hace Luis de los partidos es penosa a los 15 minutos de partido teníamos 3 expulsados 3 amonestados un gol en contra de una falta que no existe y un gol anulado de una falta directa que el arbitro convirtió en indirecta en tres años que llevo aquí jamas hice ningún comentario pero estoy hasta los huevos de que este señor siempre diga que los malos de la película somos nosotros nos llevan robado muchos puntos y el se empeña en querer demostrar lo contrario es algo que no se entiende pero bueno tampoco se comprende que no hace mucho mintiera en su pagina diciendo los motivos por los que un jugador se quedaba fuera de la lista o por que lo tenemos que encontrar en el vestuario del arbitro cada vez que vamos a firmar el acta los colegiados igual están hartos de esto y luego las pagan con nosotros es penoso desvirtuar la realidad
ResponderEliminarO dos árbitros co Malpica dende que pasou o de Dumbría na Copa o ano pasado non ten calificativo, da igual que xoguemos de local ou visitante, porque sempre saímos claramente perxudicados cando hai algunha xogada polémica. Xa dixen algunha vez que creo que a primeira gran preocupación da nova fedederación debería de ser melloralo nivel dos colexiados, xa sexa mellorando a sua formación ou controlando máis a labor que fan durante os partidos.
ResponderEliminarHai que ser sinceros e o domingo o arbitro estuvo moi mal. Penso que era un dia para poder disfrutar dun partidazo. Non vou ser un cínico e decir que para nos foi malo xa que o noso obxtivo era solo gañar. Pero dadas as circunstancias penso que un arbitro non se pode cargar un partido así.
ResponderEliminarGracias pola mencion Iago e o resto idem. Suerte para a Copa e espero que poidades repetir ou superar o do ano pasado. Un saudo.
Eu penso que Luis Porto, esta claramente, en contra do mister, e a favor do entrenador dos xuvenis, para que este ocupe o seu posto. Cando gaña o Malpica os rivais, eran moi malos ou decepcionarón. Cando perde, o equipo xogou mal e o mister non ten ni puta idea. Os arbitros nunca teñen a culpa de que o Malpica perda. Sempre perxudica os rivais, pero nunca o Malpica. E decepcionante as cronicas negativas que sempre perxudican a un club, que tanto di el que quere e leva no seu corazón. A min danme pena os seus comentarios, que son tan partidistas.... Di que quere o club? Polo menos a o primeiro equipo si que o quere.... Joder!!!
ResponderEliminarEu suscribo todo o que di o mister (poñendo algun punto e algunha coma que nunca veñen mal :P). E dame a impresión que o anónimo este tampouco vai moi desencamiñado, xa que nas crónicas dos xuvenís abundan as referencias positivas ó entrenador e nas do primeiro equipo non existen...casualidad? eu diria que non..
ResponderEliminarAs calificacións que fai dos árbitros (sempre están moi ben pero, así ó bobo, a nos roubaronnos sobre uns 15 puntos esta temporada)...e a do domingo pasado xa fai a gota que colmou o vaso, y cito: inxustificadas?...que va hombre!!! 3 expulsados nos primeiros 15 minutos está á orde do dia vamos...eso si, non hai que culpar ós nosos amigÜitos os árbitros verdad?....
Ademais, creo que fala moito sin saber do que fala (vexáse a polémica que houbo co tema de Douradiño, ou a de que o primeiro equipo iba tirar o que quedaba de liga para centrarse na copa...quen coño o informou sobre eses temas? se quere saber algo que llo pregunte directamente á plantilla e que se deixe de inventar historias. Coa actitude que está seguindo, único que consegui este ano foi perder o respeto da plantilla (o respeto como teórico informador do clube) e o meu personalmente. Creo que xa temos bastante xente que nos tira pedras no tellado como para que veña vostede e nos las tire tamén. Se ve que esta descontento coa plantilla ou co entrenador teno moi fácil, presentese a presidente e poña no seu sitio a quen queira...(seguro que en cambiar de entrenador non tardaba...eso si, teña en conta que o entrenador ten bastantes máis apoios dos que ten vostede neste momento...todo ganado a pulso polas duas partes...
En definitiva, cada un é moi libre de escribir o que queira, pero cada un é moi libre de opinar o que queira sobre o que escriben os demais. O que si está claro, e que este señor, polo menos pola miña parte, e sentindoo moito, non é a voz da plantilla
sexamos respetuosos cas opinions de todo o mundo.nestes momentos que nos estamos a xogar a copa da costa o que necesita o equipo e union entre xogadores,adestrador,xunta directiva e os socios.andar vertendo este tipo de crìticas hacia unha persoa como e luis porto que tanto aportou o clube,pareceme totalmente inxusto e desproporcionado.adestrador,e xogadores e por suposto xunta directiva centremonos na competiciòn da copa da costa,fagamos unha boa campaña,e fagamos que os socios da scd malpica se sintan orgullosos de este equipo polos éxitos deportivos que se acaden.O clube e dos socios e luis porto entre outros e un dos socios fundadores do clube,e polo tanto creo que merece un respeto por parte de todos nos ADESTRADOR,XOGADORES E XUNTA DIRECTIVA.
ResponderEliminarPor certo e por se queda algunha duda, Esmorís, o técnico dos juveniles non ten nada que ver nesta historia. Eu e a moaioría dos xogadores conocemolo e sabemos que é unha persona moi correcta e que si traballa en beneficio do club. Que se mencionase nunha entrada anterior non ten nada que ver con el.
ResponderEliminarAclarado esto, penso que hai xente que non entende o significado da palabra respeto, porque neste blog, gracias entre outros á labro de Iago, creo que non se lle faltou o respeto a nadie. E máis, eu personalmente non critiquei a persona "Luis Porto", aqui o que se critica é a sua labor.
Por outra parte, ó que non lle guste ler a opinión da xente teno tan fácil como non entrar neste blog. Outra historia é o de remar na misma direción e todo eso, que me parece genial, pero quen marca a direción?
Por cierto, o dos anónimos está moi ben pero mellor estaría dar a cara cando se escribe
O tema do respeto neste blog respetase sempre, porque se hai algún insulto simplemento o elimino (como xa pasou algunha vez). Criticar ou manifestar desacordo con algunha opinión non implica non respetar, creo que significa todo o contrario, discutir libremente, opinar, dar argumentos... pareceme un completo exercicio de liberdade e de tolerancia (eso é o respeto). Non me gusta que se fale de Luis Porto neste blog, pero tamén o entendo posto que no seu non se poden deixar comentarios.
ResponderEliminarEstar de acordo ou non co que se escribe neste blog ou en calquera outro non vexo en qué pode afectar ao equipo, asique por esa parte que todo o mundo esté tranquilo porque se algo caracteriza a esta plantilla é a unión entre todos. Tamén me parece moi importante o que dixo Cheo de que ningún blog representa á SCD Malpica como institución (dende logo non é a miña intención), simplemente pretendo dar un punto de vista do que sucede nos partidos e en cuestións relacionadas co equipo, pero non falo en nome de nadie, para eso deixo que cada quen opine o que queira, inclusive de xeito anónimo.
Eu penso, que o que tiñades que facer o adestrador e os xogadores, si non estades de acordo, cas criticas ou cronicas do Sr. L. Porto, e collelo, falar con el, e dicirlle que no seu blog de a sua opinión dos partidos, ainda que non sexa o que ocurrio no partido e aclarar todo o que se teña que aclarar, se realmente a información dada non e certa nuns casos o en moitos casos (eu non sei nada). Despois das vosas opinión, entrei no seu blog, e estou dacordo en que trata a todolos adestradores co termino "Sr." e as cronicas son hacia eles positivas e no caso do Mister do primeiro equipo, rara vez refirese a el por cousas positivas, a veces non se lle cita e se o fai, non e con termino "Sr.". E iso e algo que non se pode negar, o que faime pensar que ese adestrador, non e santo da sua devoción. E porque este moi vinculado o Malpica e sexa un dos socios mais antigos, teño dubidas de que poida dicir cousas que poidan perxudicar o plantel, e según vexo eiqui, nuns comentarios, falabase de que minte nas opinións que a veces parece ser que fai. É non creo que a miña opinión teña que molestar a ninguén, xa que non hai insultos, nin nada polo estilo hacia o Sr. L. Porto, nin o resto de vos.
ResponderEliminarSE VOS FIXADES NO QUE DI ESTE ANONIMO ERA CERTO,E DIGO ERA CERTO XA QUE AGORA ESTA MODIFICADO QUE CASUALIDADE NON
ResponderEliminarBueno, en principio kero falar do partido, e kero dicir k o árbitro nn estivo a altura das circunstancias e k fastidiou un gran partido como o mas seguro k o fose cn tantos xogadores de tanta calidade en ambos ekipos. Iago estou de acordo ca tua cronica pero tes k saber k por min perfecto...jeje!! e sobre o dos arbitros a verdade é k tendes unha plaga mui grande!! xk cand ainda estaba eu xa era de escandalo e polo k vexo ou vin no partido da seman pasada sigue sendo asi. a min Andres dixom unha vez algo k se podia facer ao respeto...e ainda vai haber k acabar facendolle caso.
ResponderEliminarpolo k respeta as opinions de Manuel, Alberto e Iago estou de acordo con eles.
Dicia fai anos, un recoñecido xornalista, chamado Xosé Maria Garcia, cando facia radio na emisora Onda Cero e tamén na Cope, dos xogadores dos paises de sudamerica, que istos, "non tiñan ni unha mala palabra, ni unha boa acción". Pois a miña opinión sobre L. Porto e a misma, aunque lle poida respaldar algunha xente de Malpica o do Malpica (??), pois penso que "boas accións non ten ningunha e as boas palabras... dubido de elas, xa non hacia os xogodores, senón polo que vexo mais hacia o adestrador", e non hai mais que ler os seus artigos no seu blog. Supoño que a tempada que ven fara o equipo o seu gusto, e quen sabe si con xogadores dos xuvenis, e tamen cun adestrador.... de cabelo branco! O primeiro equipo, mandolle unha forte aperta (xogadores-adestrador) e seguide demostrando esa loita nos terreos, ainda que vos perxudiquen dentro do campo, ou nas publicacións dos blogs.
ResponderEliminarNon me gusta, nin nunca me gustou facer comentarios e moito menos amparándome no anonimato. Todos deberíamos ser donos dos nosos actos e das nosas palabras. Como cabeza visible e responsable técnico do equipo xuvenil estou exposto ás críticas deportivas, me gusten ou non, como están os demáis técnicos das diferentes categorias.
ResponderEliminarO que non ten sentido e que se fagan xuizos de valor e afirmacións que nada teñen que ver coas tarefas que desempeño dentro do club. Si alguén ten algo persoal contra min non creo que sexa este medio de comunicación o máis idóneo para manifestalo.
Pertenzo a este club dende neno e pode decirse que pasei máis tempo no campo de fútbol que na miña propia casa, e sempre levei o seu escudo e o seu nome con moito orgullo.
Non entro nas opinións deportivas do Sr. Luis Porto, unha, porque eu non son dono delas e outra porque non é o meu estilo alabar ou criticar o traballo dun compañeiro a través de internet, cando teño algo que decir sempre procuro falalo persoalmente.
¿Cómo é posible que alguén poida, non só pensar, senón afirmar que estou metido nunha confabulación encontra do entrenador e por arrastre contra o Malpica SCD?
Estáse a cruzar unha liña perigosa, que nada ten que ver co fútbol.
Aínda así, lanzo unha invitación para aquelas persoas, anónimas ou coñecidas, para tomar un café e falalo pausadamente.
E por si quedasen dúbidas podedes dirixirvos ao entrenador Agilda para preguntarlle quen lle axudou e quen estaba ó seu carón cando pasaba por malos momentos.
Esmorís (o entrendor dos xuvenís)
Estou totalmente de acordo con Esmorís. Pensar nun "complot" do adestrador dos xuvenís para fastidiar ao entrador do primeiro equipo (e por conseguinte á propia institución) pareceme unha barbaridade.
ResponderEliminarTamén coincido con el no tema dos anónimos, permito que se deixen anónimos para que nadie se sinta cohibido á hora de expresarse, pero non para que se utilice en contra de alguén ou en afirmar cousas bastante graves sen probas.
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar