CD BAIO: Pollo, Matías, Iván, Fredi, José Antonio (Pardo min.85), Eloy, Pirucho (Rubio min.60), Alberto, MC (Fermín min.89), Canay (Martín min.46), Javi Suárez.
SCD MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado, Dani Varela, Iago, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Andrés (Manu Pardo min.73), Alfredo (Dani min.63).
Árbitro: Esparís Carballo. Regular. Aplicou o mesmo criterio para ámbolos dous conxuntos, ainda que cometeu bastantes erros na apreciación dos fóras de xogo. Expulsou ao local Matías no min.66 por presuntos insultos, e ao malpicán Cheo pouco despois por dobre amarela.
Incidencias: Boa entrada no Platas Reinoso, cuns 175 espectadores nas bancadas. Tarde despexada e moi calurosa, cunha temperatura máis propia do verán. Non houbo mancados de consideración.
Goles: 1-0 (min.8): Perda de balón do Malpica no seu propio campo, recuperan os locais que abren cara MC, éste centra dende a banda dereita cara Javi Suárez que marca dende o corazón da área. 1-1 (min.42): Neucha transforma unha falta directa dende o borde da área. 1-2 (min.55): Neucha recibe en líña de tres cuartos do ataque malpicán, orienta o esférico e saca un potente disparo que se cola preto do pao dereito da porta defendida por Pollo. 2-2 (min.65): Perda de balón do Malpica no seu propio campo, o Baio inicia o contragolpe por banda dereita, Javi Suárez plántase ante Suso e marca no man a man. 3-2 (min.69): Nova acción do Baio por banda dereita, Martín recibe no borde da área pequena, pero o seu disparo é rexeitado por Suso pero volve a pés de Martín que anota de rebote tras dar o balón no pao. 4-2 (min.75): Balón en longo dende a defensa local, Javi Suárez gáñalle a partida á defensa, platándose na área do Malpica e marcando ante Suso.
Crónica: Despois de encadenar dúas vitorias consecutivas, a SCD Malpica disputaba en Baio un novo partido ligueiro ante un dos equipos chamados a estar arriba na táboa clasificatoria, polo que era unha boa "pedra de toque" para comprobalo estado de forma dos malpicáns. O adestrador da SCD, Manuel Agilda, contaba con baixas importantes para o choque: Charro, recuperándose dun esguince de nocello; Charlie, por cuestións persoais; Óscar Moscoso, mancado de longa duración; Marco, por problemas musculares; Nando, por cuestións médicas; e Miguel Avelino, mancado nun abductor O Malpica comezou mal o partido, pois durante os pimeiros 15-20 minutos estiveron moi espesos na circulación de balón, errando pases sinxelos e perdendo moitos balóns en zonas perigosas, o que aproveitaba o Baio para tentar de crear perigo mediante rápidos contragolpes tratando de gañarlle as costas á defensa visitante. Sen embargo, co paso dos minutos a SCD foi logrando o control do encontro, agora tocando con máis atino e chegando con frecuencia á zona de tres cuartos do Baio, que comezou a pasar apuros defensivos, pero con pouca profundidade. O Malpica tivo varias oportunidades de gol, destacando dúas: un cabezazo de Neucha tras un centro dende a banda dereita de Víctor que detivo Pollo; e un tiro cruzado de Pablo tras recibir un pase en profundidade de Rancaño. A mellor ocasións dos locais, aparte do gol, estivo nos pés de Javi Suárez tras interceptar un mal pase de Dani Varela, pero Suso gañoulle a partida no man a man.
O segundo tempo comezou com rematara o primeiro, cun Malpica que aglutinaba a posesión do balón e que chegaba con bastante perigo á área de Pollo, logrando a recompensa en forma de remontada en apenas 10 minutos. Co marcador a favor, os visitantes continuaron atacando, e Neucha dispuxo dunha boa oportunidade para aumentar diferencias tras recibir un pase dentro da área, pero o seu disparo foi detido por Pollo. A contenda entrou un ida e volta que non beneficiou aos visitantes, pois o Baio aproveitou os erros defensivos malpicáns para sacar petróleo, simplemente cun xogo directo, aproveitando moi ben as oportunidades das que dispuxeron. Co 2-2 no marcador, a SCD tivo outras dúas accións moi claras para marcar, ámbalas dúas tiveron a Dani como protagonista, que non foi quen de materializar dous mans a mans ante Pollo. Despois do 4-2, e cun home menos en cada equipo, o partido decaeu, limitándose o Baio a deixar que transcurrise o tempo para asegurarse o triunfo.
Partido de contrastes para o Malpica, que tras un mal comezo foi quen de recuperarse e dominar ao Baio, pero cando lograron o máis complicado, poñerse por diante, dilapidaron a súa vantaxe con varios erros defensivos que lle custaron o triunfo. Debe mellorar en varios aspectos a SCD en próximas citas se pretenden estar na zona alta da clasificación, xa que tempo teñen de sobra. A vindeira semana reciben na Pedra Queimada a un dos grandes favoritos para logralo título, ao Camariñas (actual subcampión).
inacmisible la actitud del entrenador del malpica en bayo.no tubo reacion ni tomo medidas en todo el partido despues de que el equipo contrario lo estuviera machacando por la misma banda desde el minuto uno...inconpensible
ResponderEliminaro tubo que era do 10 ou do 12?
ResponderEliminarhay entrenadores e mais alineadores
ResponderEliminaro que hai é moitos entrenadores na grada..e nos bares xa non che digo nada..
ResponderEliminar