lunes, 10 de octubre de 2011

LIGA DA COSTA 6ª XORNADA: SCD MALPICA 0 - CAMARIÑAS 4

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado, Víctor (Casais min.22), Iago, Rancaño, Neucha, Dani (Manu Pardo min.74), Pablo, Andrés (Nando min.64), Alfredo.

CAMARIÑAS CF: Pombo, Carlos (Carlos Doile min.83), Breo, Ogando, Maikel, Moriño, Brais, De la Sierra (Nico min.78), Leo, Javi (Adrián min.64), Juan (Dani min.78).

Árbitro: Trigo Martínez. Mal. Non indicou un penalti bastante claro de Ogando sobre o malpicán Pablo no min.25, co resultado de empate. Concedeu o cuarto gol do Camariñas cando Adrián arrancou en posición moi dubidosa. E na recta final do encontro, anuloulle un gol aos visitantes por presunto fóra de xogo nunha acción a balón parado.



Incidencias: Gran entrada na Pedra Queimada, cunhas 200 persoas no campo. Tarde soleada cunha temperatura primaveral. O defensa malpicán Víctor tivo que deixalo encontro por problemas musculares nun abductor.

Goles: 0-1 (min.37): Despexe frouxo do local Iago que intercepta Brais no borde da área, realiza unha parede, intérnase na área e envía cara Leo que marca a pracer. 0-2 (min.42): Nova parede da dianteira visitante, pero esta vez é Leo o que asiste a Javi para que anote a porta vacía. 0-3 (min.53): Xogada individual de Brais pola banda dereita que tras desfacerse de varios rivais bate a Suso cun gran tiro que entra preto da escadra esquerda. 0-4 (min.75): Pase en profundidade sobre Adrián, penetra na área en posición de extremo esquerdo, enviando un centro que remata Leo á altura do punto de penalti.

Crónica: Recibía a SCD Malpica na Pedra Queimada a un dos claros favoritos ao título, a un Camariñas que o precedía na clasificación en un punto, polo que semellaba unha boa oportunidade para gañar algunha posición na táboa clasificatoria e situarse na zona alta. Para esta xornada, Manuel Agilda acumulaba as seguintes baixas: Charro; Óscar Moscoso; Miguel Avelino e Marco. O encontro comezou cun ritmo elevado, cos dous conxuntos empregándose a fondo, ainda que predominaba o xogo directo. Os malpicáns estiveron ben situados no terreo de xogo, xogando con intensidade e tratando de sair rápido cando roubaban o esférico en zona de mediocampo. A igualdade foi a nota predominante, con poucas accións perigosas de gol. Así, durante os primeiros 35 minutos só houbo unha oportunidade clara por bando: un balón en profundidade sobre o malpicán Dani que envía alto tras penetrar na área (aparte do posible penalti sobre Pablo cando se plantaba ante Pombo), e un disparo excesivamente cruzado do visitante Leo. Non obstante, na recta final da primeira metade o Camariñas aproveitou dous erros defensivos dos locais para marcar dous goles en cinco minutos e marchar ao descanso cunha vantaxe importante no marcador.

Na reanudación, a SCD tratou de sair cun sistema táctico máis ofensivo, tratando de remontala contenda, mentres que o Camariñas esperaba atrás buscando algún contragolpe que sentenciara o partido. A primeira acción de perigo estivo nos pés de Brais tras un saque de esquina, pero disparou alto. Os malpicáns tíñan máis posesión do balón, pero non gozaron de moita profundidade. Sen embargo, contaron con alguna ocasión para poder marcar algún gol e darlle algo de emoción ao encontro, sobre todo nun centro de Dani dende a banda dereita que Alfredo non atinou a rematar con acerto e nunha falta directa executada por Neucha que Pombo atallou sen moitos problemas. Nos minutos finais do encontro apenas houbo accións destacadas, cun ritmo de xogo que decaeu bastante, e tan só visitante Adrian puido matar cun remate a centro de Brais que Suso despexou a saque de esquina.

Segunda derrota consecutiva da SCD Malpica, que lle plantou cara ao Camariñas, pero que lle dexou as cousas demasiado sinxelas debido á erros defensivos en momentos clave do encontro. Deben os malpicáns amosar máis concentración e firmeza no aspecto defensivo, pois en 6 xornadas levan encaixados 14 goles, tantos como case en toda a primeira volta na tempada pasada. Por se fose pouco, é o primeiro partido no que non conseguen marcar. A vindeira semana afrontan un complicado desplazamento, xa que deberán xogar en Sofán.

1 comentarios:

  1. non poñas que arranca nunha posición moi dubidosa xq x moi pouco atrasado q stea xa nn e dubidoso xq nn é fóra de xogo.Non vin o partido pero polo menos nn poñas expresións q poidan levar a dúbidas.Encaixar 8 goles en dúas xornadas nn e culpa do árbitro,todo os siareiros q seguen o malpica coinciden todos no responsable de semellantes derrotas.Moi bo traballo o deste ano coa contratación de PIÑA para ós "rebeldes" dos xuvenís

    ResponderEliminar