lunes, 17 de octubre de 2011

LIGA DA COSTA 7ª XORNADA: SOFÁN 0 - SCD MALPICA 3

SD SOFÁN: Richard (Luís de la Peña min.25), Adrián, Víctor Docampo, Juanjo, Miniño, Alemán (Alberto Pensado min.58), David Pensado (Edu min.70), Suso Docampo, Mario, Iván Rey (Jacobo min.54), Abel (Berti min.70).

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado, Víctor, Iago, Rancaño (Alfredo min.61), Cheo (David Álvarez min.70), Dani (Neucha min.60), Pablo, Andrés (Dani Varela min.60), Nando.

Árbitro: Rama Cotelo. Mala actuación na tarde de onte, especialmente á hora de aprecialos fóras de xogo, pois deixou sen indicar varios claros, sobre todo, dos atacantes locais. O Sofán reclamou penalti na recta final do encontro por unhas presuntas mans de Marcos Amado. Non houbo expulsados.



Incidencias: Gran entrada no "Carral", con máis de 200 espectadores nas bancadas. Tarde soleada e cunha temperatura case propia do verán. O gardameta do Sofán Richard tivo que abandonalo terreo de xogo con problemas físicos. Tamén o malpicán Andrés tivo que ser sustituído por molestias musculares.

Goles: 0-1 (min.31): Saque de banda dende o lateral dereito da área do Sofán que bota Cheo, Charlie pelexa de cabeza cun defensa local, o esférico cae morto no borde da área pequena para que Pablo anote moi oportunamente. 0-2 (min.64): Gol de Alfredo de falta directa dende uns 25 metros que sorprende a Luís de la Peña. 0-3 (min.88): Pablo culmina cunha vaselina unha gran xogada individual na que se desfixo de dous contrarios tras aproveitar un contragolpe.

Crónica: Partido de necesidades o que disputaban Malpica e Sofán, pois os dous chegaban en plenas xeiras negativas de resultados. Os malpicáns pouco a pouco recuperan efectivos tras un inicio ligueiro plagado de baixas, pero ainda así contaban con varias ausencias: Marco, lesionado muscular; Charro, recuperándose dun esguince de nocello; Óscar Moscoso; e Miguel Avelino mancado nun abductor. O encontro comezou moi igualado, cos dous equipos empregándose con moita intensidade, e cun fútbol predominantemente directo, feito que favorece as reducidas dimensións do Carral. A SCD Malpica mantívose ben plantada no terreo de xogo, tratando de profundizar por ámbalas dúas bandas, e creando moito perigo nas xogadas a balón parado (especialmente nos saques de banda próximos á área local). Os visitantes tiveron varias oportunidades de gol: Nando estrela un balón no longueiro tras botar unha falta lateral; o propio Nando remata culminando unha boa acción colectiva; e un disparo Rancaño excesivamente cruzado de Rancaño dende o borde da área. O Sofán comezou ben o encontro, pero a medida que pasaban os minutos mostrou máis facilidades que a punto estiveron de costarlle algún disgusto máis. A mellor oportunidade dos locais estivo nas botas de Mario que se plantou ante Suso (tras arrancar en claro fóra de xogo) pero o gardameta visitante gañoulle a partida desviando a saque de esquina o disparo do atacante.

No segundo tempo, os xogadores adestrados por Manuel Agilda administraron ben a renta a favor da que disfrutaban, sobre todo a partir do 0-2, e non se deixaron sorprender por un Sofán que abusou do pelotazo. O Malpica xuntou líñas evitando apuros defensivos e buscando facer perigo a través de rápidos contragolpes a través dun xogo non moi vistoso pero si efectivo. As mellores oportunidades destes segundos 45 minutos tiveron aos visitantes como protagonistas: semivolea de Cheo dende o borde da área que rexeita nun defensa local cando levaba clara pinta de gol; un cabezazo de Neucha dende a área pequena que atalla Luís de la Peña; tiro de Dani no segundo pao tras un centro dende a banda esquerda que sae alto; e unha acción individual de Alfredo que culmina cun disparo raso que sae desviado por pouco. O Sofán tivo a súa mellor acción de ataque a través dunha internada de Víctor pola banda esquerda, pero o seu disparo atallouno Suso.

Bo partido do Malpica que se soubo adaptar ben ás condicións do terreo de xogo (herba natural e moi estreito de ancho), mostrando unha maior seguridade defensiva que en partidos precedentes (de feito é o primeiro encontro no que non encaixan) e adminstrando ben a vantaxe no marcador, algo que non sudeceu en xornadas anteriores. A SCD leva unha gran cantidade de puntos colleitados como visitante (tres partidos gañados de catro disputados), pero debe melloralos números como local, tendo a primeira oportunidade a vindeira semana ante o Corme.

0 comentarios:

Publicar un comentario