lunes, 5 de diciembre de 2011

LIGA DA COSTA 14ª XORNADA: ZAS 2 - SCD MALPICA 3

SPORTING ZAS: Damián, Martín (Ramón min.78), Óliver, Lagoa, Javito, Touriñán, Pablo (Diego min.74), Peque, Rubio, Pichín, Pablo Muíño.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco (Gonzalo min.60), Andrés, Neucha (Miguel Avelino min.86), Rancaño, Charro (Daniel Varela min.81), Pablo, Dani (Manu Pardo min.72).

Árbitro: Luis Ossorio Astray. Regular na tarde de onte. Estivo ben na primeira metade, mantendo un mesmo criterio durante os 45 minutos e mostrandose valente á hora de indicar dous penaltis a favor do Malpica: o primeiro por unhas mans dun defensa local tras un centro de Charro, e o segundo por unha patada sobre Charro no pico da área. Na segunda parte, o colexiado estivo moi caseiro, e mesmo inclusive indicou unha pena máxima a prol do Zas por un presunto empurrón máis que dubidoso de Gonzalo sobre Pablo Muíño. Na recta final do encontro, anuloulle un gol a Manu Pardo por un fóra de xogo tras un disparo de Pablo que non semellaba tal. Non houbo cartóns vermellos.

Incidencias: Tarde fría en San Andrés, con choiva leve durante todo o encontro. Sobre 100 espectadores, cun bo ambiente nas bancadas. Na segunda parte houbo unha pequena liorta entre varios xogadores pero que non pasou a maiores. O defensa malpicán Marco tivo que abandonalo terreo de xogo tras recibir unha forte entrada ao comezo da segunda metade.

Goles: 1-0 (min.10): Boa xogada colectiva do Zas pola banda dereita, Peque penetra na área e asiste a Pablo Muíño que marca no primeiro pao. 1-1 (min.15): Neucha bota unha falta centrada dende a líña de tres cuartos que se cola na portería despois de facer un estrano. 1-2 (min.37): Neucha transforma unha pena máxima cometida sobre Charro despois de que Damián rexeitase en primeira instancia. 2-2 (min.70): Penalti anotado por Pablo Muíño que rozou Suso cos pés. 2-3 (min.2-3): Suso saca en longo, o Charro prolonga coa cabeza cara Neucha que supera ao seu lateral e bate a Damián polo primeiro pao de tiro raso.



Crónica: Partido importante o que disputaba a SCD Malpica na tarde de onte, pois o Zas ocupaba o 16º posto na táboa clasificatoria pero a tan só tres puntos dos malpicáns, polo que de perder a SCD meteríase en problemas. O técnico David Baña contaba coas baixas de Óscar Moscoso, Alfredo (os dous mancados nun xeonllo), Cheo (sancionado) e Marcos Amado (lesionado nunha man). A contenda comezou cun Malpica un pouco adormilado (de feito os locais xa tiveron unha oportunidade na primeira acción do encontro tras un tiro de Pablo Muíño dende a frontal que Suso mandou a saque de esquina), pero despois do 1-0 o conxunto costeiro fíxose máis protagonista, tendo o dominio territorial, ainda que quizáis faltou algo de claridade á hora de circulalo balón, pois en ocasións precipitábanse buscando un fútbol directo. Así, chegaron as oportunidades, destacando dúas moi claras: co empate no marcador, Pablo manda unha pena máxima fóra; pouco despois, Dani entra pola dereita e asiste a Pablo que libre de marca no corazón da área remata frouxo ás mans de Damián. Os locais pasaban apuros en defensa, pero en ataque crearon perigo gracias á rapidez dos seus atacantes; sen embargo, non contaron con oportunidades claras.

Na segunda parte, o Zas saiu cunha actitude máis agresiva, pelexando cada balón e presionando constantemente. O Malpica non se deixou intimidar e mostrou unha gran intensidade, mantendo unha actitude moi positiva (inclusive despois do empate tras un penalti moi dubidoso). Froito disto, os segundos 45 minutos foron de ida e volta, sen un dominador claro, cun Zas que levou máis perigo que na primeira metade e cun Malpica que tentaba aproveitalos contragolpes. Os malpicáns tiveron dúas oportunidades importantes para marcar: un cabezazo de Charro que marchou desviado por pouco tras un centro de Pablo dende a dereita; e unha internada de Pablo pola banda esquerda que culmina cun disparo raso que Damián rexeita, caéndolle o balón a Manu Pardo que marca en boca de gol pero o colexiado interpretou que estaba en fóra de xogo no momento do disparo. Pola súa parte, o Zas tivo varias accións perigosas, pero o acerto de Suso foi clave, sobre todo nun man a man que lle sacou a Pichín e tras despexar un pase da morte de Pichín cara Pablo Muíño.

Importante victoria da SCD Malpica cun Neucha moi inspirado á hora da definición, e que lle sirve para afastarse da zona baixa da clasificación. É de destacala actitude do equipo, sabendo sufrir e sen baixalos brazos en ningún momento. Agora toca sumar máis puntos como local, o verdadeiro "talón de aquiles". A vindeira semana reciben ao Muros.

20 comentarios:

  1. Anónimo5/12/11

    Partidazoooo si seguimos así ganamos la liga jaja muchos animos!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6/12/11

    A Charriño con cariño...

    Despois podemos falar por falar... pero a realidade é que en dous partidos aínda non marcaches un só gol!!!
    Despois botamoslle a culpa a Agilda!É o mais fácil!!!
    Teu pai e túa nai que van dicer agora na grada!!!

    ResponderEliminar
  3. walter6/12/11

    CHARRO fixeches un partido EXCELENTE,provocando dous penaltis e amargandolle a vida a defensa rival,con moita MOVILIDADE durante todo o partido.Os goles xa chegaran,porque ti non te olvidaches de marcalos.
    Estiveches ENORME,sigue asi neno...
    Anonimo,penso que podes criticar os xogadores,pero vexo unha falta de respeto que nombres os familiares.
    AUPA MALPICA!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Alfredo6/12/11

    A ver eu non vin o partido pero "un balón prolongado de Charro culminao Neucha", soname a asistencia e despois un penalti provocado. Non sei, personalmente creo que a aportación é bastante para un partido. Logo o que se diga ou se deixe de dicir cada un é dono da súa palabra, sexa pai, irmán ou demais familia.

    ResponderEliminar
  5. Exacto, deches unha asistencia, provocaches 2 penaltis, sabes tan ben coma todos qe a bordaches diga o qe diga o anonimo este, qe qen me dera poderlle chamar polo nombre pero...

    ResponderEliminar
  6. Fran Montes6/12/11

    Hola Anónimo:
    Boas,en primeiro lugar keria decirche k Charriño si da a cara, nn coma ti, o cal o respeto, pero nn o comparto, pois pareceme de cobardes despois de tal comentario esconderse detras dun anónimo.
    Segundo, eu nn falo por falar, é mais, na miña vida falei mal de Manuel Agilda, persoa a k lle teño aprecio coa k comparto unha gran relacion de amizade, tanto dentro como fora dos campos. Tamen quero k sepas k foi manuel o k presentou a dimision, nadie o botou fora ( e menos meus pais ). Asik fala ti cn Manu se tanto problema tes cn k nn estee no bankillo.
    Terceiro, tes razon, 2 partidos 0 goles, tamen é certo k veño dunha grabe lesion de tobillo e empecei a entrenar fai pouco, ( ivan 9 ou 10 partidos de liga ).
    Cuarto, nn m gusta nada, de feito nunka o fago, falar dos meus numeros, pero creo k é necesario falar deles, os meus goles d pouk serviron...2 Ligas ( Malpica 03/04 sendo pichichi esa tempada cn 30 goles; Ponteceso 10/11 15 goles xogando media tempada por culpa dunha grabe lesion de rodilla ). e 2 salvacions co Malpica tempadas 07/08 marcando en akel famoso partido de buño;e 08/09, marcando unha burrada d goles na 2ª volta, 18 creo recordar. Repito, nn estou para nada orgulloso de ter k decir esto, pero é o k hay.
    E por ultimo nn sei a k ven k menciones aos meus pais, can só m veñen per xk lles gusta e estan orgullosos de min, ao mellor ti nn podes decir o mesmo dos teus, cousa k nn m importa o mais minimo. Asik todo o k m keiras decir, adiante, pero sin meter a meus pais no medio, pidocho por favor.

    P.D: Meu numero de movil é 680 52 32 92. Chamame se hay pelotas e dime kn eres

    ResponderEliminar
  7. Anónimo6/12/11

    Non entendo o afan deste anonimo de voltar a nombrar a xente que xa non esta vinculada o club.
    Son etapas e pasan entodolos equipos, podemos estar dacordo ou non, pero ai que respetar as decisions tomadas, unha por respeto a xente nova que ahora se incorporou, e duas porque temos que remar todos xuntos para ir cara arriba, e o que non o vexa asi,na miña humilde opinion, o unico que fai e perxudicar a Scd.
    Pd.1: en defensa a Fran, solo hai que decir unha simple anecdota, houbera un momento critico fai unhas tempadas cando sepedira a dimision do entrenador, e fixose unha votacion entre os xogadores (ainda q non teria que revelar isto) Fran votou para que o entrenador seguira,que non todos o fixeron, asique non entendo o porque destas criticas hacia este compañeiro,
    Pd 2 : Son Miguel Avelino(como pon iago no blog) e non pudiden poñer acentos nin algunha correccion mais porque non mo permite o mobil, digo para que non me menosprecies por non poseer o seu cultivado lexico nin ese superior dominio da ortografia.

    ResponderEliminar
  8. Neste blog non salimos dunha pa meternos noutra,propoño esixir poñer nome a cada comentario,acabáronse os anónimos despectivos

    ResponderEliminar
  9. Gracias polos comentarios.

    O tema dos goles creo que é unha parvada, o importante é o equipo, e este domingo gañamos, asique perfecto. Os dianteiros sempre se lles pide goles, pero hai outras facetas que tamén son tan ou máis importantes (como ben dixeron antes, Charro provocou dous penaltis e colaborou no terceiro gol). Os goles son case unha anécdota, seguro que xogando con esta intensidade van chegar os goles en calquera momento.

    Igual que Miguel Avelino tampouco comprendo a "obsesión" con relacionar todo co pasado, agora estamos nunha nova etapa do clube a nivel deportivo e creo que as cousas que sucedan a partir de agora (para ben e para mal) non son debido a cousas pasadas.

    ResponderEliminar
  10. Tamén estou con Roi, quen queira comentar que poña o nome.

    ResponderEliminar
  11. Daviciño .6/12/11

    Hola a tod@s:

    Supoño que xa saberedes que non escribo, habitualmente, no blog; pero creo que hoxe é necesario.

    Vou comezar decindo:

    Un comentario do anónimo contra 1 trillón de comentarios a favor do CHARRO.Creo que isto xa che quita toda a razón. E,no suposto caso de que che quedase algunha, pérdela ti só mencionando a dúas persoas que non teñen nada que ver co tema futbolístico.

    Continúo decindo que unha persoa que acude ver os partidos ó campo (concretamente o do pasado domingo) é imposible que escriba esa burrada de comentario. Xa que só fixo falla ver o recoñecmento da labor futbolística da aficción ó CHARRO, no momento do seu cambio.

    Por último, decir que creo que este é o camiño,que temos un equipazo, e que da gusto vervos xogar ó fútbol.

    ¡AUPA MALPICA!

    Pd: Mellórate Alfre.

    ResponderEliminar
  12. walter6/12/11

    GRANDE CHARRO,GRAN EQUIPO,GRAN AFICCION........AUPA MALPICA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  13. Anónimo7/12/11

    Parecenme ben todolos vosos comentarios defendendo a Charro. Gustariame que este incondicional apoio tamèn se houbera dado cando se criticaba a Agilda, polas súas decisións.Tamèn serà casualidade que todolos apois veñen da xente que màis o criticou na grada todolos domingos.
    Cando falo dos pais de Fran, creo que non estou menospreciando nin insultando a ninguèn, fagoo para fagan autocrìtica. È normal que apoien o seu fillo pero polo menos cando outros non atinen que non critiquen!Sexan xogadores ou o propio adestrador!
    Walter, para ti tamèn teño, que pensas que teu irmàn è Messi e non pode cos pantalòns.Tes razón non podo criticalo xa que por traballo non pode adestrar!Iso si, ti podìas criticar a Nando cada vez que tiña un erro.Non pasa nada viña con Agilda. Pareces Porto, porque? non criticades cando el erra!Que se Agilda, que se Nando..., polo menos sin ser de Malpica respetaron a camiseta mentres estiveron.
    Por ùltimo e para rematar, nin dixen que teus pais botaran a Agilda nin que en pasadas temporadas marcaras poucos goles,xa vexo que levala conta, con iso nom me dis nada que tamèn David Blanco os meteu, e moitos dos que estamos
    na grada tiñamos que aturar crìticas inxustificadas cara èl. Non vou dar nomes, que xa sabemos que ti eres o crack e èl o paquete! Por iso el està en preferente e ti en segunda.

    ResponderEliminar
  14. WALTER7/12/11

    anonimo so che vou dedicar estas palabras porq nn mereces mais:
    1- A persona mais critica con meu irman son eu,pero esta temporada nn tiven moitas ocasions para criticalo.ainda q ben sei o q sabe de futbol,a clase que ten,a vision de xogo,o regate,como tira as faltas,como marca goles desde o medio do campo...e podoche seguir nombrando mais cousas,pero nn fai falta porq todos o vemos na pedra queimada e todo o mundo sabe que clase de xogador e meu irman.
    2- Como socio do malpica podo criticar calquer erro dun xogador,ou do entrenador,pero como ti ben sabes case sempre estou animando.procuro facer criticas constructivas e digollas na cara a calquera.de feito con manuel agilda xa tuven conversacions donde lle din,e me pedio,a miña opinion e donde el me deu a sua.
    Espero q a proxima vez q teñas algo q decirme sexa a cara,tomando un cafe,pago eu.
    AUPA MALPICA

    ResponderEliminar
  15. Fran Montes7/12/11

    jejeje!! Increible o de este anónimo!!! é o k hay.
    Haber, xa m diras Anónimo dnd critica a ninguen miña nai, xa que, entender de fútbol nn entende absolutamente nada e o úniko k fai e berrar en forma d ánimo hacia os nosos xogadores e, eso si, meterse cos árbitros!! Que meu pai en calkera momento critica a algun xogador ou entrenador? nn o sei, pero si sei k é socio e pode facelo, como por exemplo fas ti conmigo.
    Pois si, David Blanco esta en preferente, e sorte k lle desexo, pois a relacion k teño cn el é estratosférica, de eso k falo cn el de vez en cando a pesar d nn vernos. E eu estou no Malpica, claro k si, pero nn xk nn m keiran en outros clubes de superior categoria, pois este veran tamen m xamaron, se nn xk tamen m xamaron os meus amigos e directivos do Malpica tras coller eles o cargo, e como nn, claro k veño, pois do fútbol nn vou a vivir, e nunka está de mais vir axudar ao ekipo do pobo antes de k desaparza.

    P.D: Vexo k tes pa todos...haber kn é o proximo k keimas...

    ResponderEliminar
  16. Daviciño7/12/11

    Non entendo para que vos molestades en contestarlle o individuo este,porque non se lle pode chamar doutro xeito (dado que non conocemos o seu nome).Non ai maior desprezo que non facer aprezo.
    E doulle a razon a Roy, en que non se deberian de publicar os anonimos.E moito menos os destructivos.
    Tamen digo que disculpedes o dos acentos porque ao igual que miguel,non me permite o telefono colocalos.
    Un saludo e AUPA MALPICA.

    ResponderEliminar
  17. Silvia IRMAN DE MANUEL7/12/11

    Hola anonimo!! Unha cousiña muy clara,os pantalons caenche a ti q nin siquiera das a cara, a esa clase de personas chamaselle cobarde!!!se dis eso de meu irma e q nn tes puta idea do q o futbol, meu irma ten moita clase a historia del tanto no malpica como noutros equipos e indiscutible!!! Se te informas un pouquiño antes de decir tonterias, fala cos xogadores da costa e coincidaran todos en 2 palabras q como bo xogador se distinguen de meu irma CALIDADE e HUMILDADE!!!e repetir o de meu irma walter, somos os primeiros criticos de meu irma. Por certo comento porque falas por non tar calado, porque tas facendo lios neste blog, porque son socia, porque vou ver os partidos e polo mais importante q falas de meu irma!!! Se nn che chegan os porques digoche mais pero a cara!!! Aupa Malpica!!! Aupa chavales!!! Aupa Manu

    ResponderEliminar
  18. Bueno eu non estou na RAE pero polo que vexo ti tampouco anónimo, asique, de eso xa non podes criticar e eu penso que tampouco deberias de ter dereito a criticar de nada xa que non sei que quere decir tanto criticar sin decir quen eres pero bueno, se eres feliz, sigue asi campeón!

    ResponderEliminar
  19. Bueno, xa me dixeran que estes comentarios son unha comedia, agora confírmoo. Está ben que se poida dar a opinión dende cada punto de vista, pero tampouco pasarse, e máis co nome de "Anónimo". Non fun ver o partido como para falar del, pero o que sí é verdade é que as crónicas que leín falan por si soas. Parecedes nenos de 14 anos, que eu moitos máis non teño, pero algo de cabeciña nestes temas si que me sobra (vaia sobrada).
    O que está claro é que todos temos un interese común, a SCD Malpica, clube ao que animamos e apoiamos. Penso que ese debía ser o único tema neste blog, (a parte da opinión de cada quen, como xa citei antes). Agora si, "Anónimo", podías deixar de liala por aquí, que moita idea non creo que teñas sinceramente ...
    Un bico a todos, se queredes dóubolo en persoa (;

    PD: podíades achegarvos á Pedra Queimada algunha tarde dos Sábados animar aos xuvenís, que nos fai boa falla!

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  20. Anónimo10/12/11

    ¡poñer en duda a calidade de manu pardo e atentar contra o futbol!

    ResponderEliminar