Nesta semana comezamos unha nova sección no blog da SCD Malpica dedicado a entrevistar a diversos protagonistas relacionados coa institución.
E comezamos con Alberto Ordóñez (dianteiro do Malpica), máis coñecido por todos como Cheo, que nas últimas semanas está na actualidade por motivos extradeportivos, xa que foi sancionado con 6 partidos trala súa explusión no encontro que enfrentou ao Xallas e ao Malpica.
Datos persoais e traxectoria: Cheo, nado en Pazos no ano 1986, formou parte do Ponteceso Fútbol Sala ata os 16 anos, pasando a xogar por primeira vez en fútbol campo nos xuvenís da SCD Malpica cos que gañou a liga desa categoría na tempada 2003-2004. Despois retorna ao Ponteceso F.S. (liga Nacional A). No ano 2005 ficha polo Español de 1ª Rexional, pasando na tempada 2006-2007 á disciplina do Malpica. No 2007 volve a probar no fútbol sala, esta vez no Loureiro (liga Nacional A), e dende o ano pasado está, de novo, na SCD Malpica.
Pregunta: A primeira pregunta é obrigada, ¿que valoración che merece a sanción de 6 partidos tra-la expulsión sufrida ante o Xallas?
Resposta: De entrada é inxusta, digan o que digan os personajillos eses que, por decir algo, teñen o poder nestas situacións. Se se compara este caso con outros casos a verdade e que lle queda cara de tonto a un, porque, non son nin un nin dous partidos, son 6, o cal, neste caso, son 2 meses sen xogar. Eu podo admitir que a miña actuación aquel día non foi correcta pero a do árbitro tampouco e eu vou pasar 6 semanas na casa e el segue enchéndose os bolsillos por ahí a nosa conta. Non hai control sobre eles. Da igual o que fagan. Da igual o estado no que cheguen a arbitrar un partido. Da igual que non se movan do centro do campo. Que non teñan criterio. Todo iso da igual porque, ó final, según os inspectores e a xente que os controlan, todo son erros de apreciación, sen mala intención (?). É difícil que acerten sempre, tampouco se lles esixe iso. Esixeselles que árbitren con criterio equivocándose ou non, pero con criterio. E que deixen o ego aparcado na caseta antes de salir. Sería beneficioso para todos. Nada máis.
P: ¿Confías en que o recurso da SCD Malpica prospere e che quiten algún partido?
R: Non. Todos sabemos como funciona eso. Se fora por partirlle unha perna a alguén seguramente mos quitasen pero por rozarlle un brazo a un árbitro está claro que non me van quitar nada. É triste pro é así.
P: Cambiando a un tema máis agradable, ¿cómo ves ó Malpica esta tempada?
R: Moi ben. Subsanáronse moitos dos erros do ano pasado e tanto a directiva, o entrenador e os xogadores están traballando moi ben. Vése moita máis motivación, xa non nos partidos, senon que nos entrenos tamén. Baixo o meu punto de vista temos un entrenador que sabe e moito disto (creo que é algo que pensamos todos) e está dirixindo moi ben ó equipo. Además, as lesións estannos respetando bastante (salvo a min, por suposto) o cal deriva nunha continuidade que os xogadores agradecen e moito.
P: ¿Cáles pensas q poden selas causas do cambio radical que sufriu o ekipo con respecto á tempada pasada?
R: O cambio foi de actitude. Agora todos sabemos que para non pasar problemas temos que entrar ó campo concentrados e pensando no que temos que facer cada un de nós. Se non o facemos, como se viu o ano pasado e nalgún partido deste, non temos nada que facer.
P: ¿Qué metas te marcas a nivel persoal para este ano?
R: Home, a nivel persoal o único que espero e que me empecen a respetar un pouco as lesións. Senon é moi dificil facer nada xa que estar continuamente nun proceso de recuperación dunha lesión non permite rendir ó 100%. Se iso se da non teño ningunha dúbida sobre o que podo aportar ó equipo.
P: ¿Sénteste adaptado á posición de dianteiro que "estrenaches" esta tempada ou sínteste máis cómodo na banda?
R: Gústame máis xogar de dianteiro. Permíteme facer goles o cal é moi gratificante (risas). Se teño que xogar en calquera das dúas bandas non teño problema tampouco, é decisión do míster. Adáptome sen problema pero a miña preferencia está clara.
P: ¿Cál pensas que pode selo obxetivo real do Malpica tal e como se está desenvolvendo esta primeira volta?
R: Quedar entre os 6 primeiros pode estar ben. De todas formas, primeiro hai que facer os puntos para non pasar os apuros do ano pasado. Nos o que temos que facer e gañar partidos e o final xa veremos onde quedamos.
P: ¿Qué equipo ou equipos ves como os máis fortes da categoría?
R: O Zas, Xallas e Castriz son equipos que vin bastante fortes.
Dende este blog querémoslle dalas gracias a Cheo pola súa colaboración.
0 comentarios:
Publicar un comentario