lunes, 16 de noviembre de 2009

MALPICA 1 - CASTRIZ 1

SCD Malpica: Abraham; Marco, (Carlitos 73’), Marcos Amado, Alfredo II, Iago, (Eloy 70’), Rancaño, Neucha, Casais, David Blanco, Charly, Andrés, (Manu Pardo 62’).

SD Castriz: Ángel; Dani, (Víctor 54’), Torreira, (Rubén 69’), Álex, Alberto, (Martín 89’), Jota, Cilindro, Koeman, (Noly 54’), Sebas, Ovidio, Bruno.

Árbitro: Sr. Aradas García (A Coruña). Moi correcto durante todo o encontro, con algún erro de apreciación, especialmente na segunda metade, pero que non influíron no resultado final.

Goleadores: 1-0; (14’): Saque en longo do porteiro local Abraham, o balón chega a David Blanco, tras un grave erro da defensa visitante, que se interna so na área do Castriz e bate ao gardameta Ángel. 1-1; (78’): Saque de banda a prol do Castriz, Cilindro coloca o balón no borde da área malpica e logo dun rexeite, Bruno anota un golazo dende a media lúa que entra preto da escadra dereita da porteria defendida por Abraham.

Ambiente e Incidencias: Un centenar de espectadores na Pedra Queimada. Tarde nubrada. Non houbo expulsados. Moitas lesións na SCD Malpica: Busto (no quencemento); Iago (70´), cunha posible rotura de fibras no cuadriceps; Marco (73´), cun golpe no nocello dereito; e Charly (90´), con tiróns nos xemelgos.

Comentario: A SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao Castriz, un equipo que chegaba nun bo momento de forma, pois sumaba sete encontros consecutivos sen coñecela derrota. Os locais, tra-la contundente derrota sufrida no campo do Xallas, pretendían recuperalas boas sensacións mostradas neste comezo de liga e manterse na zona nobre da táboa clasificatoria. Saía o Malpica cun 4-4-2, o sistema habitual nas primeiras xornadas empregado polo conxunto de Manuel Agilda. No primeiro tempo, A SCD Malpica mostrou unha gran solidez defensiva, froito da boa presión exercida durante os mediocentros visitantes e a boa colocación táctica, o que provocou que o Castriz se limitase a enviar balóns longos dende a defensa. Sen embargo, cabe destacala ocasión de Sebas ós cinco minutos que salva o porteiro local enviando o esférico a córner. En ataque, os locais combinaron ben e tiveron algúns acercamentos perigosos, aínda que sen grandes ocasións de gol, sendo a ocasión máis clara unha falta botada por Neucha (33´) que saca o gardameta Ángel.

No segundo período, a igualdade foi a nota predominante, con gran parte do partido concentrado no medio do campo e con pouca presencia en ambas áreas. O Malpica seguía forte na parcela defensiva, mentras tentaba sentencialo partido nun contragolpe, fronte a un Castriz que tivo un maior control do esférico pero estéril pois nunca lograron combinar con comodidade. As ocasións máis claras da SCD Malpica neste acto estiveron nos pés de Neucha, moi activo durante todo o encontro, tras un rexeite de Ángel e nun "pase da morte" que non atopou receptor preto do final. Nos últimos 15-20 minutos, os visitantes apretaron en busca do empate, aproveitándose das numerosas baixas dos locais, tendo, ademais do gol, unha boa oportunidade nun tiro de Sebas no desconto que salvou Abraham.

Ó final da contenda, o resultado de 1-1 foi o reflexo do nivel similar mostrado por ámbolos dous equipos neste domingo, aínda que quedou a sensación de que á SCD Malpica puido obtar a algo máis. Hai que destacar que, a pesar de ser un partido moi disputado, o xogo limpo e a deportitivade foi a tónica xeral do encontro. Despois desta xornada, os locais continuan coa súa boa xeira de resultados na Pedra Queimada, sumando 4 victorias, un empate e unha derrota na Pedra Queimada, o que lles permite seguir na zona media-alta da clasificación, situados na quinta posición. A vindeira semana o Malpica xogará en Baio, presumiblemente o sábado.

0 comentarios:

Publicar un comentario