SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Marco, (Brais 86'), Casais, (Eloy 80'), Neucha, (Manu Pardo 69'), Charly, (Carlitos 76'), David Blanco, Andrés, Rancaño.
SDU Vimianzo: Sergio; Suso, (Iván de Baiñas 68'), Camilo, (Arán 57'), Sergio Quintáns, (Ezequiel 69'), Riveiro, Adrián, Fran Pioto, Martín, Javi Suárez, Jaime, Rafa.
Árbitro: Sr. Grañas Martínez. (A Coruña). Non tivo incidencia no resultado final do encontro, pero permitiu algunha entrada dura por parte dos visitantes debendo de mostrar algunha tarxeta amarela máis. Si errou gravemente no minuto 80 cando non indicou un claro penalti ao centrocampista malpicán Rancaño.
Goleadores: 0-1, (13'): gol en propia meta do defensa local Alfredo II, tras un despexe de Marco que rebota nel, pillando ao gardameta Toni a media saída, nunha xogada de mala fortuna para o Malpica. 1-1, (18'): pase en profundidade cara a banda esquerda do ataque local, Neucha apura a liña de fondo e o seu centro medido remátao David Blanco na área. (43'): Marcos Amado, tamén dende a esquerda, envía un centro raso que remata Charly libre de marca no segundo pao. 3-1, (53'): penalti anotado por David Blanco tras ser derribado el mesmo polo porteiro Sergio na área visitanteDavid Blanco. 4-1, (86'): saque defectuoso do gardameta do Vimianzo dende a esquina da área, que é aproveitado polo mediocentro malpicán Eloy para anotar dende uns 30 metros de tiro raso, vendo que o porteiro estaba fóra do marco.
Ambiente e incidencias: Pobre entrada na Pedra Queimada (uns 50 espectadores) debido ao frío e a tarde desapacible. Non houbo expulsados nin que lamentar mancados de gravidade.
Comentario: A SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao Vimianzo, un equipo que debuta esta tempada na Liga da Costa, tentando seguir coa súa boa xeira de resultados como local e olvidala goleada sufrida na xornada anterior. Para este encontro, Manuel Agilda recuperaba aos mediocentros Andrés e Rancaño, unha importante nova tendo en conta as numerosas baixas sufridas polos malpicáns nas últimas xornadas por diversos motivos. Así as cousas, nos primeiros 15 minutos o Malpica pasou apuros froito, quizáis, da excesiva relaxación, que aproveitaron os visitantes para crear perigo, destacando a ocasión de Rafa no minuto 3 nun man a man que salvou ben Toni. Sen embargo, a partir do empate no minuto 18, o dominio foi patente por parte dos malpicáns, que contaron coas mellores ocasións para aumentala renta do marcador, sobre todo debido ás internadas de Neucha e de David Blanco. Mentras que os locais tentaban combinar no mediocampo e entrar polas bandas, o Vimianzo limitábase a mandar balóns longos cara os seus dianteiros que apenas creaban perigo para a defensa do Malpica.
No segundo período, e co resultado xa a favor, o contro do partido foi aínda maior por parte do Malpica, tocando ben na zona ancha do campo, que con un pouco máis de precisión nos metros finais podería ter logrado unha goleada maior. Hai que ter en conta que as condicións do terreo de xogo non eran as máis propicias, posto que a forte choiva caída nas últimas horas provocou que estivese moi rápido e en parte encharcado. As ocasións estiveron, na súa maioría, nas botas do dianteiro David, que estivo moi activo durante todo o encontro. Os visitantes, sen apenas oportunidades de gol nesta parte, so crearon certo perigo a balón parado nos minutos finais do partido, que salvou un atento Toni, mentras que se mostraron moi febles na parcela defensiva.
Resumindo, bo partido da SCD Malpica en termos xerais e en tódalas líñas, se exceptuamos o primeiro cuarto de hora, dominando por completo a contenda, que lle permite seguir cos bos resultados colleitados nesta tempada na Pedra Queimada. Pola contra, o Vimianzo mostrou unha mala imaxe, tendo que mellorar bastante o demostrado nesta 13ª xornada de liga para lograla permanencia. Os locais sitúanse na quinta posición da táboa clasificatoria con 22 puntos, aínda que é certo que faltan varios partidos por desputar xa que foron aprazados en xornadas anteriores. A vindeira semana o equipo desprázase ata o complicado campo do Monte Louro.
0 comentarios:
Publicar un comentario