Xallas CF: Cheli; Ismael, Álvaro, Lobo, Carteiro, Pepe, Rubén Forján, (José Ángel 66’), Ricardo, (Iván Forján 73’), Ventura, Carlos, (Solís 60’), Jesús, (Iván Cancela 77’).
SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Andrés, (Martín 57’), Neucha, Casais, (Cheo 59’), David Blanco, Eloy, Manu Pardo, (Carlitos 57’).
Árbitro: Sr. Hermo Alonso. (A Coruña). Desacertado. Estivo moi caseiro durante todo o encontro, castigando con moitas tarxetas á SCD Malpica pero aplicando distinto listón para os locais. Expulsou ao dianteiro malpicán Cheo por entender que se tirou na área en lugar de pitar un penalti que foi claro. Ademais, puido haber fóra de xogo no primeiro gol do Xallas.
Goleadores: 1-0; (35’): falta dende a banda esquerda a favor do Xallas, o balón sobre o punto de penalti é peindado por Ventura, aparecendo no segundo pao Jesús totalmente desmarcado que bate a Toni. 2-0; (50’): centro de Rubén Forján dende a banda dereita e Ventura remata debilmente dentro da área pequena, pero o balón escápalle ao porteiro visitante Toni debido ás malas condicións do terreo de xogo nesa área. 3-0; (70’): centro de Jesús sobre o punto de penalti e José Ángel cabecea por encima de Toni. 4-0; (76’): pase en profundade de José Ángel que deixa so a Jesús man a man ante Toni, e tras regatealo anota o seu segundo gol. 4-1; (86’): gran disparo do dianterio visitante David Blanco á escadra esquerda da portería defendida por Cheli dende uns 25 metros.
Ambiente e Incidencias: sobre 100 espectadores en Fontenla. Tarde gris e bastante fría. O mediocentro malpicán Andrés (minuto 57) tivo que ser sustituído por unhas molestias nun xeonllo. Cheo foi expulsado (minuto 71) por protestar.
Comentario: A SCD Malpica plantábase en Fontenla despois de vencer ao líder na xornada anterior e con cinco victorias nos últimos seis encontros, o que facía supoñer que o partido ía a ser bastante igualado ante un Xallas aspirante a todo esta tempada. Sen embargo, dende o pitido inicial o encontro foi caendo para o lado local, nun campo que tradicionalmente nunca se lle deu ben ao Malpica. O plantexamento táctico disposto polo técnico visitante Manuel Agilda foi o mesmo que tan bos resultados deu nas últimas xornadas ante rivais fortes, 4-1-4-1. Pero fronte á solidez en contendas anteriores, o equipo visitante non logrou controlalo esférico en ningún momento da primeira metade, o que se traduxo nunha ausencia, practicamente, de ocasións de gol. Pola súa contra, o Xallas facíase forte dende atrás e conseguía aproveitar moito mellor os espazos (hai que ter en conta as dimensións do campo, o máis grande da categoría) creando moitas dificultades á defensa malpicán mandando balóns á espalda e as bandas para os rápidos dianteiros xalleiros.
No segundo período, a tendencia foi semellante, e o rápido gol local (aos cinco minutos da reanudación) poñía moi costa arriba a virtual remontada. Tampouco se atopou nada cómoda a SCD Malpica nesta parte, aínda que si tentou ter algo máis a posesión de balón, pero con bastantes imprecisións e con escasa profundidade. As poucas ocasións das que dispuxeron os malpicáns foron grazas a erros da defensa local. Cabe destacala clarisima ocasión do dianteiro David Blanco no minuto 53, que se plantou so ante Cheli pero non logrou batilo. Tra-la expulsión de Cheo, o Malpica quedou en mans do Xallas, que creaba continuas ocasións aproveitando a inferioridade numérica ante unha defensa visitante que intentaba "capealo temporal" como podía.
En definitiva, un partido para olvidar ante un Xallas que se mostrou como un conxunto moi sólido neste domingo, e unha SCD Malpica que non foi quen de adaptarse en ningún momento ao terreo de xogo, dando a sensación de ir sempre a remolque durante os 90 minutos. Esperemos que este partido sea so un "accidente" na traxectoria do Malpica, e que sirva para "poñelos pés na terra" e ter presente o verdadeiro obxetivo da tempada: non pasar os apuros das dúas tempadas anteriores. Agora so queda preparar ben o partido na vindeira xornada ante o temible Castriz na Pedra Queimada para vela mellor cara do equipo. Despois desta 10ª xornada da Liga da Costa, a SCD Malpica sitúase sexta con 18 puntos, e o Xallas sube ata a cuarta plaza, quedando a 6 puntos do líder (Zas) pero cun partido menos.
0 comentarios:
Publicar un comentario