A Federación Galega de Fútbol publicou este xoves o parte de sancións para a vindeira xornada. No que atinxe á SCD Malpica, non puido ser máis duro, xa que Alberto Ordóñez (máis coñecido coma Cheo) foi sancionado con 6 partidos de suspensión, trala tarxeta vermella que voi o domingo pasado fronte ó Xallas. Hai que subliñar que a expulsión prodúxose porque o árbitro do encontro, Hermo Alonso, apreciou que Cheo se tirara na área visitante, cando en realidade foi como consecuencia dun penalti bastante evidente. Sen embargo, isto non serve como xustificación das accións posteriores do dianteiro malpicán (que lle costaron a segunda amarela), absolutamente condeables.
Por outra banda, o adestrador local, Manuel Agilda, tamén foi sancionado cunha semana de retirada da licencia federativa, posto que nesa xogada do penalti sinalado tamén foi expulsado por facer un "xesto de aplauso" cara o árbitro.
Non estou dacordo. Sin ánimo de crear polémica: Agilda non foi expulsado por "aplaudir" ao árbitro. Eso fixoo despois de ser expulsado por facerlle nada mais que unha observación ao árbitro "¿de un penalty que nos fixeron unha tarxeta roxa para un xogador noso?". Aplaudiu despois porque eso é o que nos queda. decirlle ao colexiado "moi ben, señor, moi ben" en claro xesto de impotencia. E no caso de Cheo penso que se ven cousas ben peores nos campos de fútbol con resultados ben distintos; non hai mais que ver a foto que publicou "A Voz de Galicia" do partido Camariñas-Fisterra na que sobretodo o xogador que "acosa" ao trencilla "sólo" tivo un partido de sanción. A sanción que lle meteu a federación casi que é como si Cheo agarrara ao árbitro pola gorxa ou o vapuleara.
ResponderEliminarEu non sei o que fixo Cheo pero seis partidos parecenme moitos nn? Explica ahi aljo Iago!!
ResponderEliminarClaro que é unha sanción desproporcionada porque non houbo ningún contacto físico entre Cheo e o colexiado, so xesticulou mentras protestaba (por certo, un penalti claro). E polos insultos, a semana pasada un futbolista (en Lugo, creo) por ameazar con "cortarlle a cabeza" ao árbitro, foi sancionado con dous partidos...
ResponderEliminarOs árbitros deberían de estar máis controlados pola federación.
ResponderEliminar