lunes, 1 de febrero de 2010

MALPICA 1 - SOFÁN 1

SCD MALPICA: Toni, Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, Neucha, Casais (Carlitos 64’), David Blanco, Rancaño, Charlie (Cheo 46’).

SD. SOFÁN: José Ramón (Costa 89’), Óscar, Miniño, Juanjo, Jacobo (Berti 72’), Alemán, Adrián, Pensado, Bertín, Suso Docampo, Eloy (Diego 85’).

Árbitro: Sr.Carreira Parrado. A pesar de realizar unha primeira metade correcta, no segundo tempo fóiselle o partido das mans ao indicar faltas existentes so na súa imaxinaxión, deixar de sinalar outras claras (ou non sancionalas con tarxetas) e non ter un criterio único nas apreciacións (por exemplo, á hora de deixala lei da vantaxe). Non obstante, si acertou nos dous penaltis que pitou, aínda que non apreciou penalti nunhas mans claras do malpicán Carlitos.

Goleadores: 1-0 (min. 30): Lanzamento de falta de Neucha dende o lado dereito do ataque malpicán, que tras superala barreira entra preto do pao esquerdo da meta defendida por José Ramón que pouco puido facer. 1-1 (min. 44): Saque cerrado de falta do sofanísta Miniño dende a banda dereita, rematando Pensado no segundo pao libre de marca.

Ambiente e Incidencias: Tarde fría e con choiva intermitente na segunda parte. Unhas 150 persoas na Pedra Queimada. Non houbo lesionados de gravidade. No minuto 90 foi expulsado o gardameta do Sofán José Ramón.

Comentario: Gran partido o que enfronta na Pedra Queimada á SCD Malpica e Sofán, dous equipos situados na parte alta da tabla clasificatoria (5º e 4º, respectivamente). O conxunto local chegaba coas baixas de Marco, Andrés, Manu Pardo (os tres por lesión) e de Brais (por razóns académicas). Saía o equipo de Manuel Agilda cun 4-1-4-1 e coa intención de recortárlle tres puntos ao Sofán, pero no primeiro acto as cousas non marcharon nada ben para os locais. O Sofán controlou a posesión do balón, mentres o Malpica non foi quen de recuperar o esférico con facilidade á hora de defender nin de combinar con perigo en ataque, dando a impresión de andar "cunha marcha menos" que o rival. Feito que é algo habitual nas últimas xornadas na Pedra Queimada, como mostran os partidos ante a Esteirana e o San Lorenzo, nos que o equipo salio algo relaxado nos primeiros 45 minutos. Non obstante, o Malpica puido poñer terra de por medio no marcador se David Blanco marcara o penalti do que dispuxo no min. 23. O Sofán, moi ben plantado no terreo de xogo, tampouco tivo claras ocasións de gol, destacando un lanzamento de falta (min. 35) botado por Eloy que para Toni co conseguinte rexeite tamén abortado polo porteiro local.

Na segunda metade, o partido cambiou por completo, aumentando a intensidade e o ritmo do encontro. A SCD Malpica mudou de sistema, pasando a un 4-4-2, e pasou a impoñelo seu estilo de xogo e crear moito máis perigo, en boa medida gracias a profundidade que aportou Cheo (suplente por estar mermado fisicamente). Así as cousas, cun Malpica máis enchufado e coa intención de logralos tres puntos, os espectadores puideron presenciar un gran encontro e con alternativas en ambas áreas. Por parte dos azulóns, destacan as ocasións de Neucha tras un centro de Cheo dende a banda dereita (min. 63), nun remate de cabeza alto de David tras un saque de esquina (min. 77) e nunha falta ao borde da área que lanzou fóra Cheo (min. 90). Pola súa parte, o Sofán tamén tivo oportunidades de gol, sendo a máis importante o penalti que Toni lle parou a Bertín (min. 80).

Partido con dúas facianas ben distintas, cun primeiro período dominado polo Sofán e cunha segunda metade onde a SCD Malpica foi a protagonista, polo que o empate foi o resultado xusto. Debe correxilo equipo malpicán a falta de intensidade ou concentración coa que sale a veces nos encontros que disputa como local, pois non sempre é posible "arreglalo" nas segundas partes. Hai que destacala xeira de resultados do conxunto adestrado por Manuel Agilda, pois dos últimos 9 encontros suma 4 victorias, 4 empates e so unha derrota. A semana que ven a SCD deberá de enfrontarse ao complicado Corme, coa dúbida de onde se desputará a contenda, pois o campo do Corme está en obras.

0 comentarios:

Publicar un comentario