CORME CF: Suso, Adolfo, Martinciño, Pandi, Lelo, Abel (Jorge 62’), Diego (Gonzalo 79’), Alejandro, Alejo (Pipo 87’), Lucas, Martín.
SCD MALPICA: Toni, Charlie, Marcos Amado, Alfredo II, Víctor, Eloy (Carlitos 80’), Neucha (Brais 87’), Casais (Ismael 60’), David Blanco, Andrés, Cheo (Rancaño 46’).
Árbitro: Sr.Rama Cotelo. Non tivo unha incidencia directa no resultado final, pero a súa actuación non deixou contento a ningún dos dous equipos debido á falta de criterio en certos momentos.
Goleadores: 0-1 (min. 37): Excelente pase en profundidade do mediocentro malpicán Andrés que pilla á defensa do Corme algo adiantada, para que David Blanco se plante só ante Suso anotando o primeiro gol da tarde de tiro cruzado. 0-2 (min. 83): Saque de esquina dende a esquerda botado por Neucha, gran remate de Alfredo no segundo pao, o esférico rexéitao a madeira quedando o balón morto nos pés do porteiro Suso que o introduce na súa propia portería nun erro garrafal.
Ambiente e Incidencias: O encontro tivo luga no Pinguel (Ponteceso), debido a que o Cairo (Corme) está en obras. Uns 150 espectadores. Non houbo expulsados. O dianteiro visitante Cheo tivo que ser sustituído no descanso por problemas musculares.
Comentario: Nesta 22ª xornada da Liga da Costa enfrontábanse o Corme e a SCD Malpica, dous dos equipos da competición que mellor tratan o esférico e situados ámbolos dous na zona media-alta da táboa clasificatoria. Os de Manuel Agilda chegaban coas baixas de Marco e Manuel, por lesión, e de Iago por acumulación de amarelas. Aínda que se supoñía que ía ser un encontro aberto e con alternativas nas dúas áreas debido ao estilo de ambos conxuntos, a primeira parte caracterizouse polo xogo directo e pola ausencia de ocasións claras de gol. O Malpica apenas pasou apuros defensivos gracias á boa presión sobre os mediocentros locais (especialmente sobre o talentoso Lucas), excepto nos primeiros intres onde o Corme combinou ben nun par de xogadas. Non obstante, os malpicáns non lograron crear apenas perigo en ataque, abusando en ocasións de balóns longos e con pouco desborde por banda, aínda que a o partido transcorreu na sua meirande parte na metade do campo cormelá. Ademais do gol de David, destaca unha falta botada por Neucha que marchou fóra por moi pouco.
No segundo acto, a entrada de Rancaño dou un pouco máis de pausa ao xogo visitante, o que provocou unha maior posesión de balón e máis combinación no mediocampo, a pesar de que a dinámica do encontro era máis ou menos similar. A pesar de ir por debaixo no marcador, o Corme non dou sensación en ningún momento de poder empatar, salvo un período de tempo (entre os minutos 60 e 75) onde os malpicáns se despitaron un pouco por estar centrados nas protestas ao árbitro. Sen embargo, a vitoria nunca correu verdadeiro perigo, e inclusive se puido marcar algún gol máis, pois os locais baixaron moito fisicamente no tramo final de partido, destacando un disparo de Rancaño que marchou fóra por pouco.
Importante triunfo do conxunto adestrado por Manuel Agilda, a pesar de non desputar un gran encontro, pero si foron moi eficaces, xa que materializaron dúas das poucas ocasións das que disfrutaron, algo que en partidos anteriores non sucedera. Ademais destaca a solidez defensiva, pois nos últimos 10 partidos só acumula 7 goles encaixados, algo que se volveu a demostrar onte. A boa xeira de resultados da SCD contémplase na táboa clasificatoria, na que se sitúa sexta pero a só dous puntos do terceiro posto. A vindeira semana chega á Pedra Queimada O Pindo (15º clasificado).
0 comentarios:
Publicar un comentario