lunes, 22 de febrero de 2010

LIRA 1 - MALPICA 3

LIRA CF: Quique, Josiño, Michelón, Pelexo, Paco, Marco Antonio, Suso Perico, Javi, Ancho, Tono Insua, Santi (David 70’).

SCD MALPICA: Abraham, Brais, Marcos Amado, Alfredo II, Víctor, Eloy, Neucha (Ismael 82’), Cheo, David Blanco (Marco 87’), Charlie (Casais 65’), Rancaño (Manu Pardo 65’).

Árbitro: Sr. Brandón Castro. Ben en liñas xerais, nun partido que tampouco tivo excesivas complicacións, excepto certas accións ailladas. Unha delas un claro penalti do porteiro local Quique ó derrubar a David Blanco (80’).

Goleadores: 0-1 (min. 11): Rancaño encara polo centro á defensa local e tras zafarse en velocidade dun defensor cruza de punteira, colándose o balón pola escuadra. 1-1 (min. 19): Suso Perico, dispara dende 30 metros e coa axuda do vento sorprende a un adiantado Abraham. 1-2 (min. 49): Neucha de falta directa, que supera a barreira, o coiro bota diante de Quique e cólase polo pao corto. 1-3 (min. 87): Tras un disparo de David Blanco dentro da área, Eloy recolle o rexeite, desfaise do único defensa que lle facía oposición e con Quique batido marca o 1-3 final.

Ambiente e Incidencias: Só 30 espectadores asistiron a “Portocubelo”. Tarde de tempestade con vento, granizo e choiva. Debido ás condicións climatolóxicas, o colexiado viuse obrigado a suspender momentaneamente o encontro, (min. 5) e (min. 73), durante cinco minutos nos que era imposible mesmo ver o que sucedía no campo. Non houbo expulsados. Houbo que atender durante uns minutos, aos xogadores, Marco Antonio (Lira CF) e Víctor (SCD Malpica), en lances do xogo fortuítos.

Comentario: O Malpica visitaba ó pechacancelas coa obriga de colleitar unha vitoria máis que necesaria para deste xeito non perder a estela do grupo de cabeza. Para tal tarefa, o adestrador visitante, Manuel Agilda contaba coas baixas do lesionado Andrés, de Carlitos (por un compromiso familiar) e de Iago (por enfermidade). O partido non comezaba ben para os visitantes, xa que nos primeiros 10 minutos o Malpica, co forte vento en contra, a penas era capaz de saír do seu campo. Pola contra, o Lira probaba fortuna con disparos lonxanos tan pronto como recuperaba o balón, sen embargo Abraham non tivo problemas para desbaratar o perigo. Tralo primeiro parón, o tempo dou unha pequena tregua e o Malpica empezou a chegar con máis perigo. Contabilizáronse tres ocasións claras para os malpicáns nesta parte: un remate de cabeza de Charlie, que se vai fóra por pouco tras un medido centro de Amado dende a banda esquerda, un remate de Cheo dentro da área na que non se entende con David Blanco que finalmente envía por encima do longueiro, e un balón en profundidade do propio Cheo sobre David Blanco que tras ganar en velocidade a defensa local non acerta a definir. Pola súa parte o Lira tamén tivo as súas chegadas, pero ningunha con perigo real sobre a meta de Abraham.

Xa no segundo acto, o vento favoreceu ó conxunto malpicán, e a superioridade fíxose se cabe máis patente. Resaltar varios disparos de Manu Pardo, aproveitando a pasividade dos seus marcadores que fixeron empregárse a fondo ó porteiro local e un par de xogadas individuais de David Blanco, nas que non acertou a marcar. O Lira seguiu ofrecendo resistencia en todo momento, pero con máis gañas que acerto.

En definitiva, partido traballado, pero no que finalmente se logrou o obxectivo dos 3 puntos que sitúan ó equipo nunha meritoria 4ª plaza a falta de 10 xornadas para o final da competición. Agora só queda refrendar este posto o vindeiro domingo na Pedra Queimada ante o complicado Muros, que significa o comezo dunha xeira de varios partidos ante rivais moi fortes (Camariñas, Xallas, Castriz, Baio...) que marcará o futuro da SCD nesta tempada.

3 comentarios:

  1. Gracias Charlie pola colaboración!!

    ResponderEliminar
  2. charlie22/2/10

    De nada home, gracias a ti por facelas todas as semanas.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo23/2/10

    ai dios mio!!! como vos queredes!!

    ResponderEliminar