O entrevistado desta semana é Daniel Pérez, coñecido por todos coma Neucha (apodo que fai referencia á infancia pasada na cidade de Neuchatel, Suiza), volante esquerdo e unha das fichaxes da SCD Malpica para a actual tempada 2009-2010. Neucha comezou a súa carreira futbolística no Locarno (Suiza), despois estivo no Malpica (onde chegou a xogar na Terceira División na "época dourada" da entidade), pasou polo Buño e máis recentemente polo Ponteceso, co que gañou unha Liga e Copa da Costa.
Pregunta: ¿Cómo te sintes nesta nova etapa na SCD Malpica?
Resposta: A verdade que teño que decir que me sinto moi a gusto, tanto os compañeiros como o adestrador, e mesmo a directiva, axudáronme a que todo resultase moito máis seinxelo.
P: ¿Crees que cambiou moito a entidade neste tempo?
R: Dende a primeira etapa que militei no clube teño que decir que todo cambiou moito: xogadores, categoría, directiva, obxectivos ,etc. E bueno,sobre todo o campo que antes era de terra (risas).
P: ¿Cáles foron os aspectos que máis te sorprenderon?
R: Os aspectos que máis me sorprenderon son a humildade que hai no equipo e o bo ambiente que se respira entre xogadores e entre todo o corpo técnico. Isto, nun equipo, creo que é o primordial que ten que existir, e a partires de ahí ten que vir o resto.
P: ¿Cómo valoras deportivamente a tempada do equipo?
R: Se teño que decir a verdade case que non me sorprende moito, xa que a calidade que atesoura este plantel é digna de estar no lugar que estamos ou inclusive máis... Como indiquei antes, se sigue reinando este fabuloso ambiente e os xogadores seguen acudindo con regularidade ós adestramentos como esta ocorrendo ata agora, e tamén cunha pouca sorte que tamén é necesaria, podemos firmar unha fermosa tempada, que sería moi merecida.
P: Estás a ser un dos máximos goleadores do equipo, ¿sorpréndete?
R: De momento estou na miña media, aínda que se marcara outros tantos se que me empezaría a sorprender, xa que non suelo marcar mais de oito ou nove. Pero bueno, oxalá poida superalos e axudar ó equipo.
P: ¿Atréveste a fixar un obxectivo para esta tempada?
R: Como xa dixen anteriormente, sobra plantel para plantarlle cara a calquera equipo, e xa quedou demostrado en algún partido. Iso si, pa conseguilo hai que remar todos na mesma dirección e deixarnos guiar polo míster que temos, que lle sobra preparación e coñecementos (como está a demostrar) para correxir os nosos erros e axudar a que logremos o lugar que nos corresponde, que pode ser cuartos ou quintos.
Moitas gracias a Neucha pola súa colaboración. Dende aquí desexámoslle que siga igual de contento e que as cousas lle sigan marchando igual de ben (polo menos) como ata o de agora nesta segunda andaina na SCD Malpica.
Nótase que non é tan liante coma Toni, pero tanto peloteo ó míster... jeje
ResponderEliminarHome,non lle preguntas que xogadores resaltarias,o final o liante vas a ser ti....jajaja
ResponderEliminar¡¡¡¡Neucha liante!!!!!
ResponderEliminarOjalá que toque na copa Malpica-San Lorenzo, a ver quen era o liante...
ResponderEliminarme mola que me folle un tio, que me pegue y me llame Loli
ResponderEliminarA SABER ONDE LLE PAGOU AGILDA A MARISCADA A ESTE...
ResponderEliminarrudi autogol non se sabe quen é oh!! jaja
ResponderEliminaresta entrevista parece o autogol de rudi....jajaja
ResponderEliminar