miércoles, 24 de febrero de 2010

ENTREVISTA A MANU PARDO

Hoxe publicamos unha entrevista con outro xogador clásico, tanto da SCD Malpica coma da Liga da Costa, Manuel Pardo. A estas alturas da súa carreira futbolística, pódese decir que o seu currículo é bastante extenso, pois, aparte de xogar no Malpica, pasou polos seguintes equipos: Cempés (Fútbol Sala), Buño, Cabana, Razo, Corme e San Lorenzo.

Pregunta: Por motivos laborais non podes adestrar con regularidade, o que está afectando ao número de minutos que xogas en relación con outras tempadas, ¿cómo estás afrontando esta situación?

Resposta: Non é sinxelo porque todo o mundo quere xogar, pero tamén entendo que hai compañeiros que adestran máis e é normal que xoguen, só me queda seguir adestrando cando podo e pelexar por cambia-la situación e poñerllo difícil ó mister.

P: Despois de varios anos o equipo está nunha excelente clasificación, ¿a qué crees que se debe o éxito este ano?

R: Non sei, pode ser o bo ambiente que hai no vestiario, a confianza que da o gañar partidos, é difícil atopar unha explicación.

P: ¿Qué equipo foi o que máis te sorprendeu positivamente?; ¿e o que máis te defraudou?

R: Creo que nós, porque despois de levar dous anos pelexando por non baixar estamos arriba na clasificación. Non tanto polos xogadores que temos, senón porque este ano estánnos a sair mellor as cousas. O que máis me defraudou foi o Muros, porque estaba chamado a pelexar por obxetivos maiores.

P: ¿Cál foi, para ti, o mellor momento que viviches na túa carreira futbolística?; ¿e o peor?

R: Houbo varios, un ascenso de 3ª rexional a 2ª, un campionato de 2ª, e co Cempés unha Copa Diputación e unha Liga Autonómica Norte permanecendo 16 ou 17 partidos invictos, se non lembro mal.

P: Acabas de cumplir 34 anos, ¿plantéxaste a retirada a curto plazo ou pretendes seguir disfrutando do fútbol modesto durante máis anos?

R: Gustaríame seguir disfrutando pero as rodillas estánme dando que facer, cando acabe a tempada haberá que valorar se vale pena seguir con ésta dor ou non.

P: ¿Atréveste a predecir en qué posto rematará a SCD Malpica neste 2010?

R: Si seguimos xogando como o vimos facendo esta tempada pois eu diría que entre os 6 primeiros.

Moitas gracias a Manuel pola súa colaboración con este blog.

4 comentarios:

  1. Anónimo24/2/10

    Como que entre os 6 primeiros, hay que aspirar a quedar entre os 4 como minimo, jaja
    Abraham*

    ResponderEliminar
  2. Anónimo25/2/10

    recuperata de ese menisco ROMPIDO.....jajaja
    nos tendremos que retirar juntos no?
    Marco

    ResponderEliminar
  3. o rollo é que se quedamos entre os 4 primeiros temos que ir xogala Champions, e andar por Europa adiante co frío que hai...jeje

    ResponderEliminar
  4. Anónimo25/2/10

    si oh, que na pedra queimada andase en manga corta normalmente

    ResponderEliminar