SCD MALPICA: Abraham, Charlie, Víctor, Alfredo II, Iago, Casais (Manu Pardo 56’), Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés (Ismael 20’), Eloy.
O PINDO: Garrido, Toti, Quico, Martín, Jose, Miguel, Rafa, Piquero, Isma (Carlos 89’), Fran (Julián 75’), Hugo.
Árbitro: Sr. Hermo Alonso. Colexiado de mal recordo para os malpicáns pola súa mala actuación fronte ao Xallas na primeira volta (que derivou en 6 partidos de sanción para Cheo), e que volveu a mostrar as súas carencias na tarde de onte. Complicouse o partido el só a base de sacar un sen fin de tarxetas amarelas por "pijadas", deixando sen castigar outras accións máis duras, ademais de non ter un criterio claro ao longo dos 90 minutos.
Goleadores: 0-1 (min. 24): Saque de esquina a prol dos visitantes rematado por Jose no primeiro pao ante a pasividade da defensa e porteiro locais. 1-1 (min. 28): Boa xogada do Malpica á altura de tres cuartos de campo, que culmina cun pase de Cheo dende a banda dereita para que Neucha, libre de marcaxe, tire cruzado superando a Garrido que pouco puido facer. 1-2 (min. 33): Balón en longo sobre a frontal da área malpica, a defensa falla e o esférico quédalle morto a Hugo que bate a Abraham de disparo cruzado. 2-2 (min. 87): Penalti de Quico a Cheo trasformado polo dianteiro local David Blanco.
Ambiente e Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, cun vento que dificultaba a fluidez no xogo. Pouca xente no campo, uns 50 espectadores. Foron expulsados o local Eloy (min. 60), e os visitantes Miguel de Lira (min. 70) e Martín (no desconto), todos por doble amarela. Retiráronse lesionados os azulóns Andrés (min. 20) e Casais (min. 56), ámbolos dous con sendas lesións no nocello.
Comentario: Tra-la vitoria da semana pasada ante o Corme a domicilio (0-2), a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada a un dos equipos pero clasificados, O Pindo, unha boa oportunidade para sumar tres novos puntos para continuar nos postos altos da táboa clasificatoria, a pesar de contar coas baixas de Rancaño (sancionado), Carlitos (por enfermidade), Marco e Marcos Amado (por motivos profesionais). Sen embargo, dende o primeiro minuto puidose comprobar que os xogadores adestrados por Manuel Agilda non estaban tan finos como en outras ocasións, pois as imprecións eran constantes, a presión practicamente inexistente e unha actitude pasiva. Con estes ingredientes, os malpicáns desputaron o peor partido da tempada. Só cando apretaron un pouco puideron aproveitalas carencias defensivas visitantes, destacando varios disparos de Neucha dende a frontal da área e unha vaselina de Cheo que marxou fóra. Pola súa banda, O Pindo limitouse a defender acumulando moita xente por detrás do balón e a tocar no medio do campo buscando ao hábil e incesivo extremo Hugo (moi inspirado na tarde de onte).
No segundo período as cousas non cambiaron en exceso, cun Malpica igual de "espeso" e tódolos aspectos do xogo, pero si houbo, polo menos, un cambio de actitude a medida que avanzaba o tempo e se aproximaba a derrota. Ademais, o baixón físico dos visitantes foi notable no último tramo de partido, o que permitiu un "acoso" local, cun Pindo moi metido atrás que apenas creou perigo nesta metade, pero que non derivou nun hipotético gol da vitoria. Xa no tempo de desconto, e con empate no marcador, a SCD tivo dúas magníficas ocasións de gol por medio dunha falta botada por Manu Pardo que sacou moi ben Garrido, e unha doble oportunidade tras un saque de esquina (con cabezazo de Neucha ao longueiro incluído).
En definitiva, moi mal partido do Malpica (sobre todo no primeiro acto) ante un dos conxuntos máis febles ca categoría, xa que en ningún momento mostrou a intensidade de outras xornadas. Esperemos que a "empanada xeneralizada" mostrada neste partido fose consecuencia do entroido, e que o próximo domingo se lave a imaxe do equipo no campo do colista (Lira), xa que sería unha mágoa que agora que a permanencia está asegurada se perda unha gran oportunidade de facer algo importante nesta tempada, pois cando o equipo da o seu máximo nivel non é inferior a ningún conxunto da Liga da Costa.
0 comentarios:
Publicar un comentario