SD CASTRIZ: Ángel (Herrera 46’), Rubén (Martín 67’), Torreira (Álvaro 70’), Álex, Bruno, Jota, Noly, Koeman, Ovidio, Sebas (Víctor 82’), Dani.
SCD MALPICA: Toni, Alfredo II, Marcos Amado, Iago, Marco (Casais 70’), Rancaño (Charlie 53’), Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés (Martín 81’), Manu Pardo (Eloy 53’).
Árbitro: Bruno Méndez. Unha das mellores arbitraxes da tempada nos partidos desputados polo Malpica, pois logrou controlalo partido perfectamente sen abusar das tarxetas e tivo o mesmo raseiro para os dous equipos durante todo o encontro. Ademais estivo moi valente á hora de indicar dous penaltis (claros) á favor dos malpicáns.
Goleadores: 0-1 (min. 62): Boa xogada colectiva da SCD Malpica que culmina David Blanco cun gran disparo pegado ó pao esquerdo da portería do Castriz dende o borde da área. 0-2 (min. 67): Golazo de falta de Neucha tras salvala barreira que se cola coma un obús pola escadra dereita da meta defendida por Herrera. 0-3 (min. 69): Penalti de Torreira sobre Cheo que o materializa Neucha de forte tiro centrado.
Ambiente e Incidencias: Pouca xente no remodelado campo de San Pedro (uns 50 afeccionados). O gardameta local Ángel foi sustituído no descanso por lesión. Non houbo expulsados. O partido estaba previsto para ás 17:15 do sábado día 20 de marzo, pero o árbirto encargado de dirixilo partido non se presentou e houbo que chamar a outro colexiado, provocando que o encontro comezase ás 18:00 horas, aproximadamente.
Comentario: Visitaba a SCD Malpica a un dos mellores equipos na Liga na segunda volta, o Castriz (sumaba 25 puntos dos últimos 36 en xogo). Para este encontro, o técnico Manuel Agilda contaba coa única baixa do defensa Víctor (de viaxe). Tra-la boa imaxe mostrada fronte ó Castriz, os malpicáns tentaban lograr unha vitoria para saír do pequeno bache en que se atopaban, pois contaban con dous empates en tres partidos. No primeiro período as forzas estiveron moi igualadas, e os dous equipos dispuxeron de varias ocasións de gol. Os visitantes, ben plantados no terreo de xogo, defendían con orde e creaban perigo polas bandas, pero a súa falta de acerto de cara a gol propiciou que o marcador non se movese nos primeiros 45 minutos, a pesar de dispor de tres claras ocasións: un remate de cabeza de Neucha atallado polo porteiro, un disparo dende fóra da área de Manu Pardo que topa co longueiro e un disparo de David Blanco que atrapa Ángel cando xa parecía batido nunha gran parada. Pola súa parte, o Castriz buscaba aproveitala velocidade dos seus xogadores de ataque con balóns á espalda da defensa e tamén creaba perigo nas xogadas a balón parado, destacando un cabezado ó longueiro de Dani.
No segundo tempo o partido so tivo un dono, a SCD Malpica, que controlou claramente a posesión do esférico e monopolizou, case por completo, as oportunidades de gol. O encontro pasouse a desenvolver na parcela do campo defendida polo Castriz gracias a un fútbol máis preciso e combinativo dos malpicáns, axudado pola frescura dos xogadores que entraron nesta segunda parte. A pesar de anotar tres goles, aínda puideron anotar algún máis, pois os azulóns desaproveitaron unha pena máxima (David Blanco lanzou alto) cando o resultado era todavía de empate a cero. O conxunto xalleiro veuse abaixo nos segundos 45 minutos, quizáis debido a un baixón físico ou de moral por encaixar tres goles en menos de 10 minutos, e apenas creou perigo sobre a meta defendida por Abraham (salvo algunha ocasión en xogadas de estratexia), pero en ningún momento puxo en dúbida a vitoria visitante.
En resumo, importante triunfo o colleitado polo Malpica que lle serve para subir dúas posicións na táboa clasificatoria (é sexto), para seguir aspirando á terceira plaza (está a tres puntos) e para confirmala recuperación (xa patente a semana pasa fronte ó Xallas) despois do "desastre" de Camariñas hai dúas xornadas. Ademais, a falta de seis xornadas, conseguen o obxetivo da tempada: a permanencia sen agobios, xa que lle sacan 21 puntos ó 15º clasificado, a Esteirana, que sería o último equipo en baixar supoñendo que, no peor dos casos, descendesen o Cee e o Ponteceso de Primeira Rexional. A vindeira semana, o conxunto adestrado por Manuel Agilda recibe ó perigoso Baio, que conta con Guillermo, o actual "pichichi" da categoría.
0 comentarios:
Publicar un comentario