miércoles, 3 de marzo de 2010

ENTREVISTA A DIEGO CASAIS

Esta semana falamos con Diego Casais, unha das novas fichaxes da SCD Malpica para esta tempada 2009-2010 e un dos xogadores máis novos da plantilla (só conta con 19 anos). A súa traxectoria futbolística resúmese sinxelamente, pois desenvolveuse no Bergantiños na sua integridade: nada máis e nada menos que 14 anos.

Pregunta: ¿Qué tal te estás a atopar nesta tempada, a primeira na SCD Malpica?

Resposta: Ben, a verdade e que bastante ben. Estou contando con máis minutos dos agardados e a relación cos compañeiros e co entrenador é moi boa. Foime moi sinxelo adaptarme.

P: ¿Qué aspecto ou aspectos foron os que máis te sorprenderon do clube?

R: O gran ambiente que hai en todo o equipo, e o trato recibido tanto do entrenador como da directiva.

P: É a túa primeira experiencia na Liga da Costa, ¿que opinión che merece ata o momento esta Liga?

R: Esta liga estáme sorprendendo pola gran igualdade que hai, apartando o Zas e o Xallas que van un pouco por encima. Tamén se reciben demasiadas patadas! (risas).

P: Xa a nivel persoal, ¿estás contento xogando de volante dereito ou sénteste máis cómo de lateral?

R: Non me importa xogar de lateral ou de interior, pero estou mais cómodo de interior, teño menos responsabilidade defensiva (risas).

P: ¿Pensabas en ter tanto protagonismo no equipo xa dende o inicio da tempada?

R: Non, claro. Foi un salto de categoría e non pensaba en disfrutar de tantos minutos.

P: ¿Ves o equipo con posibilidades reais de loitar polo 3º posto ou pensas que a actual clasificación é algo circunstancial?

R: A pesar de que o obxetivo do equipo era salvar a categoría, penso que temos equipo para pelexar pola liga, aínda que os últimos empates na casa restáronnos posibilidades. Aínda quedan moitos puntos en xogo.

Dende este blog dámoslle as gracias a Casais pola súa atención e desexámoslle todo o mellor para o futuro na SCD.

6 comentarios:

  1. Alejandro4/3/10

    Como vas xogar de lateral miña nena!, Chorón!Xogas de interior porque non hai outro po sitio!

    ResponderEliminar
  2. Charlie4/3/10

    Casais, a próxima vez que conteste Toni por ti, que non das nada de chicha ;)

    ¡¡Hai que mollarse!!

    ResponderEliminar
  3. martin4/3/10

    cala a boca menos te mollaches ti.
    sodes os 2 uns bos pelotas

    ResponderEliminar
  4. Toni4/3/10

    Non fagas caso Diego siempre falan os que menos xogan!

    ResponderEliminar
  5. iago4/3/10

    O único que vai rajar é Martín que xa me prometio varios titulares (quen lle dera a G.P.), verdad? jeje

    ResponderEliminar
  6. martin4/3/10

    toni ti rajas asta cando non te entrevistan¡¡¡
    jajajaja

    ResponderEliminar