Pregunta: Xa levas 2 tempadas no clube, ¿qué tal te atopas?
Resposta: A verdade é que moi ben, xenial diría, dende o primeiro día fun moi ben recibido no vestiario polos compañeiros e ademais deportivamente dende o primeiro día o míster confiou en min e adaptarse a un novo equipo e novos compañeiros se un xoga habitualmente é moito máis sinxelo.
P: ¿Qué aspectos foron os que máis te sorprenderon do equipo?
R: Para empezar a xuventude, xa que quitando aos veteranos Manu e Marco, que superan os trinta, o resto do equipo formao xente moi nova. E por outro lado, a calidade en xeral do equipo, quitando o denominado "muro" de Toni (xa entendedes todos) que só lle da para riba o resto do equipo intenta xogala, e en ocasións bastante ben para esta categoría na que xogamos, sen ir máis lonxe esta fin de semana en Castriz temos un bó exemplo.

P: Estás a xogar de lateral cando a túa posición habitual en anos atrás era a de volante, ¿en cál te sintes máis cómodo?
R: Sinceramente, máis cómodo xógase de interior xa que a responsibilidade defensiva é menor e os erros atrás nótanse máis. Arriba podes facer algún regate, de vez en cando algún goliño e aínda que perdas un balón non pasa nada, atrás é distinto. De todas formas a pesar de que ata que cheguei a Malpica non xogaba habitualmente no posto de lateral adapteime todo o ben que puiden e aínda que as veces cometo erros, estou contento nesta posición.
P: ¿Qué factores crees que foron os que provocaron que a tempada pasada fose tan mala?
R: Para empezar tivemos en certos momentos da liga moi mala sorte, cando xogabamos ben e controlabamos os partidos non gañabamos e incluso os perdíamos cando xa os tiñamos gañados. Despois as arbitraxes nalgúns partidos non foron xustas. Todo isto xunto coas lesións de compañeiros moi importantes para este equipo en gran parte da temporada fixeron que o ambiente no vestiario e na grada non fora o mellor. Con todo isto ao final da unión do grupo dentro do vestiario fixo que polo menos non perderamola categoría.

P: ¿Cómo velo equipo actualmente?
R: En xeral moi ben, só hai que ver a clasificación, para empezar o ambiente no vestiario é xenial, e iso é importantísimo cando todos vimos a divertirnos e non gañamos nada, máis ben perdemos (sobre todo cando encarga Andresiño). A xente nova aportou cousas moi positivas ao grupo, humildade, traballo e sobre todo compañeirismo, deportivamente non vou descubrir nin a Neucha nin a David (aínda que ultimamente nin de penalty), pero aínda que a Agilda no lle gusta que personalice quería falar dos Isma, Brais, Martín (todo velocidade), Carlos que son os que menos xogan e os que máis gañas lle poñen nos adestramentos. Diego e Abraham, que boísima tempada a dos dous, un porque sempre está ahí para todo o que faga falla (coma as brasileiras) e o outro para facerlle competencia (e non me refiro ao peso) ao bo de Toni e sentalo no banco de vez en cando.
Todo isto xunto co que xa habia fai que agora mesmo esteamos nunha posición cómoda na liga e podamos xogar sen a presión do ano pasado.
P: Hai dúas tempadas gañachela Copa da Costa co Ponteceso, ¿pensas que o Malpica pode ter algunha opción este ano?
R: Na miña opinión depende moito dos emparellamentos das primeiras roldas, se temos sorte nos cruces e nos libramos dos equipos de categoría superior xa teríamos moito gañado, despois penso que as diferenzas entre os equipos son mínimas e se as hai a partires dos cuartos de final cando nos campos empeza a haber máis xente do habitual minimizanse e pode pasar de todo.
Penso que podemos facer un bo papel (semis) aínda que hai equipos, 4 ou 5 diría eu, que son superiores.
Moitas gracias a Marcos pola súa colaboración (e a ver senón lle cae moito "vacile" nos adestramentos...).
Moitas gracias a Marcos pola súa colaboración (e a ver senón lle cae moito "vacile" nos adestramentos...).
oubo a moitos q non lle fixo falta moita velocidade pa romperxe a cintura sen ir mais alo o sabado pasado
ResponderEliminarjajaja
si si!!!! sólo lio!!
ResponderEliminara este paso toni vai quedar coma unha cenicienta...
vaia rajada a do muro!!! mima.. por certo, po partido do baio a ver se te acordas de poñer as botas do dereito
ResponderEliminarJajajajaja, citoo textualmente " un porque sempre está ahí para todo o que faga falla (coma as brasileiras)"
ResponderEliminarCon esa frase resumese a entrevista! jajaja
o que pasa e que os balons non entran tanto polo muro sinon pola portiña que hai a esquerda,asi que se lle perdona que lle den un pouquiño para arriba....jajajaja
ResponderEliminarO malo e que non hai nadie pa facerte sentar a ti....jajajaja
Asi me gusta que lle des vida o blog!Yago debe estar contento....jajaja
...o q me faltaba por leer...e eso q non habia q dar nombres...non che queda nada...
ResponderEliminara culpa non é de marcos!! é de iago q ye tira da lengua!!
ResponderEliminarmolou o comentario de toni q desde q non me ten a min ó lado non sabe o q é sacar en corto!!jejejej