jueves, 25 de marzo de 2010

ENTREVISTA A MARTÍN PUENTE

Hoxe entrevistamos a Martín (19 anos), xogador fichado esta tempada pola SCD Malpica. A súa traxectoria resúmese sinxelamente, pois estivo dende os cinco anos nas categorías inferiores do Bergantiños.

Pregunta: ¿Qué tal te atopas no equipo?; ¿foi complicada a túa adaptación?

Resposta: Pois a verdade atópome xenial. Pensei que me iba ser moito máis difícil adaptarme pero hai un gran grupo de xente que fai que me sinta como se levase aquí toda a vida.

P: Non estás a contar con moitos minutos, pois xogas na posición onde hai máis competencia este ano (mediocentro), ¿cómo o estás a levar?

R: Si que hai moita competencia (risas), pero é unha competencia sana que fai que creza o nivel do equipo. Home, un intentao levar o mellor que pode aínda que non é sinxelo. Gustaríame disfrutar de máis confianza xa que senón é moi difícil demostrar o que un ten.

P: ¿Tíñas algunha referencia do Malpica antes de fichar?; ¿Qué foi o que máis te sorprendeu?

R: Pois non, a verdade e que vin un pouco a cegas (risas). Sen dúbida o que máis me sorprendeu foi o gran ambiente que se respira, hai moita confianza e risas entre a xente, e iso fai que a xente veña con ganas a entrenar, cando non ten reunións claro (risas).

P: ¿Cál foi o xogador/xogadores da Liga da Costa que máis te impresionaron?

R: Houbo un par deles do noso equipo que me impresionaron moito, aínda que nonos vou nombrar que se lle sube á cabeza (risas). Braulio do Zas quizáis que sexa o q máis me chamara a atención, pero penso que non hai moitos xogadores que sobresaian por enriba doutros.

P: ¿A qué pode aspiralo clube cando quedan só 6 xornadas?

R: Eu estou convencido de que imos quedar terceiros; eso si, senón nos relaxamos ou nos entra a "pájara" coma en Camariñas.

P: ¿Podes decirnos algo do que tes pensado facer para a próxima tempada?

R: Pois non pensei para nada niso, penso que aínda queda moita tempada por diante e gústame ir pouco a pouco, aínda que me gustaría continuar aquí xa que é o mellor grupo co que xoguei e para demostrar o que non estou podendo demostrar este ano.

Gracias a Martín por dedicarnos unha parte do seu tempo.

4 comentarios:

  1. Anónimo26/3/10

    Vouche demostrar o que tes dentro:
    UN LOTE DE KILOS DE MÁIS!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. martin26/3/10

    a verda e que me encontro bastante cheoooo¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  3. Anónimo26/3/10

    vaite oh!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. kroskovos27/3/10

    eu non puxen o comentario dos kilos de máis (aínda que o pense)

    ResponderEliminar