jueves, 11 de marzo de 2010

ENTREVISTA A ABRAHAM VARELA

Hoxe falamos con Abraham, outra das incorporacións da SCD Malpica para a presente tempada e que se desenvolve na posición de porteiro. Ademais destaca pola súa xuventude, pois conta con 20 anos. O seu periplo como futbolista pode resumirse nas seguintes etapas: benxamín e alevín de 1º ano: Santa Margarita (era xogador de campo); alevín de 2º e infantil de 1º: Oseiro; infantil de 2º: Arteixo; cadete de 1º: Oseiro; cadete de 2º e xuvenil de 1º: Arteixo; xuvenil 2º: Montañeros (División de Honra); xuvenil de 3º: Brexo Lema; actualmente, xa como modesto, milita no Malpica.

Pregunta: O adestrador semella que está rotando o posto de porteiro divindo os minutos entre Toni e mais ti, ¿qué che parece?

Resposta: O feito de ser porteiro é unha complicación, xa que non acepta rotacións, como por exemplo un lateral, que en calquera momento podera xogar de central. Por sorte a Liga é moi longa e o entrenador estánnos a dar oportunidades aos dous porteiros ante toda clase de rivais (tanto da zona baixa coma da alta da táboa) e intentado que os dous xoguemos o máximo posible. E mentras non aparezca ningún tipo de contratempo (lesións, sancións, etc...) paréceme a mellor opción de que tanto Toni coma eu, poidamos disfrutar do futbol.

P: ¿Cómo foi a túa adaptación á SCD Malpica?

R: Pois a chegada tardía ao conxunto dificultou un pouco as cousas, xa que ao principio atopábame un pouco perdido, polo feito de que non coñecía a ninguén, nunha plantilla xa formada e cerrada. A medida que avanzaban as xornadas a cousa foi mellorando. Actualmente síntome coma un xogador máis do clube e da plantilla. E agradezco en especial a xente coma Toni, Alfredo ou Ranki que foron os primeiros en "falarme" e axudarme á total adaptación ao equipo.

P: ¿Qué elemento/elementos consideras como os máis positivos do equipo en xeral?

R: Creo que o elemento que máis salta á vista e o bo ambiente que hai na plantilla. Nunca verás a ningún xogador faltarlle ó respeto ou levantarlle a voz a outro por cometer un erro. E ainda que parezca moi básico, non en todas as plantillas se cumpre iso.

P: ¿Qué foi o que, tanto positiva coma negativamente, máis te sorprendeu da Liga da Costa?

R: Pois positivamente sorprendeume a cantidade de afeccionados que se desplazan aos campos. En anteriores equipos nos que estiven, poucas veces se pasaron dos 100 espectadores, so en casos especiais, como finais de copa ou en fases de ascenso. A verdade e que se o tempo acompaña, cousa que este ano non pasou sempre, xamais olvidarei Lira (risas), a xente vai aos campos de fútbol, e agradecese bastante. Pola contra, o que menos me gustou, sen dúbida, son os desplazamentos longos que houbo que facer, e os que aínda nos quedan.

P: ¿Crees que o equipo pode superar este pequeno "bache" de xogo que está a sufrir nas últimas xornadas?

R: Non o creo, estou seguro de que sairemos del. Todos os equipos teñen algún bache na temporada, e a nos tocounos agora. Espero que este domingo fronte ó Xallas cambie esta racha para ben, xa que temos equipo e xogadores cunha calidade para poder quedar entre os 4 primeiros.

P: Por último, ¿podes avanzarnos algo sobre o teu futuro para a vindeira tempada?

R: Sinceramente, nin eu o sei. De principio teño un acordo verbal co Universidade para volver para alí, pero isto do futbol da moitas voltas, e nunca se sabe onde podes acabar. Se aparece unha boa oferta sera cuestión de escoitala, e decidir sobre o que sera mellor para min.

Moitas gracias a Abraham pola atención prestada.

9 comentarios:

  1. Travolta11/3/10

    Ben falado!!! Eso si, eu prefiero verte bailar.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11/3/10

    vaya banda temos....jeje

    ResponderEliminar
  3. Anónimo11/3/10

    Vale, o segundo supoño que sera Amado, pero o primeiro??? jajaja

    Abraham*

    ResponderEliminar
  4. Anónimo11/3/10

    polo menos das mas que falar co de carballo

    ResponderEliminar
  5. casais11/3/10

    abraham ainda q lle fagas a pelota a toni non vas xogar eh...

    ResponderEliminar
  6. martin11/3/10

    cada dia as entrevistas son menos interesantes
    jaja

    ResponderEliminar
  7. Masturbador y Comandante12/3/10

    os borrallas ides quedando po final...

    ResponderEliminar
  8. a tope de merda12/3/10

    daquela equivocaronse que ti foxes dos primeiros

    ResponderEliminar
  9. Anónimo15/3/10

    si si, o que ti digas...xa vas vendo ti..

    ResponderEliminar