SCD MALPICA: Abraham, Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Eloy, Neucha (Casais 61’), Cheo (Ismael 77’), David Blanco, Andrés, Charlie (Manu Pardo 65’).
CD BAIO: Martín, Andrés, Ramón (Canay 67’), Mario, José Antonio, Borja (Felipe 46’), Fermín, Martín Pérez, Jorge, Guillermo, Alberto.
Árbitro: Ferreño Presedo. Tivo unha actuación con dúas fases claramente diferenciables: durante a primeira metade non aplicou o mesmo raseiro ós dous equipos, castigando determinadas faltas con cartóns e outras similares deixándoas sen tarxeta; na segunda parte fíxose co control do encontro e estivo bastante ben nun partido onde tampouco houbo excesivas complicacións.
Goleadores: 1-0 (4’): Pase de Charlie a Eloy, éste entra na área rival sen oposición e bate de tiro cruzado ó gardameta Martín, anotando un bonito gol. 2-0 (57’): O dianteiro local David Blanco gáñalle a partida á despistada defensa visitante e consegue anotar cun disparo frouxo pero axustado ao pao esquerda da portería de Martín.
Ambiente e Incidencias: Partido que se disputou o sábado ás 17:00 horas. Boa entrada na Pedra Queimada, cunhas 150 persoas no campo. Non houbo expulsados nin lesionados de gravidade.
Comentario: A SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao perigoso Baio coa intención de distanciarse dun dos rivais que ten por detrás na clasificación (antes do encontro estaban separados por sete puntos) e seguir aspirando á terceira posición. Os locais contaban coa única baixa de Rancaño por motivos laborais. Non puido comezar mellor o partido para o Malpica, pois ós cinco minutos xa mandaba no marcador gracias ó gol de Eloy, feito que condicionou o posterior desenvolvemento dos acontecementos, xa que a partir de ahí os xogadores de Manuel Agilda puideron defender xuntos e buscala portería rival en perigosos contragolpes. Un Malpica que neste primeiro acto mantivo a contenda baixo control en todo momento, sen pasar apuros atrás e creando numerosas ocasións, aínda que non logrou facerse coa posesión do esférico. Destacan as oportunidades de Charlie cun disparo que se estrelou no longueiro e unha falta de Neucha que se marchou fóra por moi pouco. O Baio, pola súa parte, só creou perigo por medio de Borja (min. 38).
No segundo acto, os visitantes fixéronse co control do partido, pois acumulaban moita xente no mediocampo e a entrada de Felipe dóulle máis profundidade ó seu ataque. Non obstante, aínda que a posesión foi claramente do Baio, as mellores ocasións de gol estiveron nas botas dos xogadores malpicáns, que defenderon con moito orde e contragolpeaban con moitísimo perigo. As mellores oportunidades foron as seguintes: centro de Cheo dende a dereita que non atina a materializar Neucha no segundo pao (min. 53); disparo de Charlie dende dentro da área que sae desviado (min. 55); tiro cruzado de Eloy que sae fóra (min. 85); cabezazo de David Blanco a centro de Víctor que marcha alto (min. 90); e dous disparos de Manuel Pardo dende uns 45 metros que apiques estiveron de sorprender ao gardamenta visitante. O Baio, a pesar de subir líñas, non foi quen se marcar nin de crear moito perigo, aínda que si dispuxo de máis pegada que durante o primeiro período. Así, destacan dous tiros de Guillermo que detivo ben o porteiro local Abraham.
Confírmase a melloría da SCD Malpica despois do "batacazo" de Camariñas, pois nas últimas tres xornadas suma sete puntos e sen recibir ningún gol. Ademais, volveron a gañar na Pedra Queimada, feito que non se producía dende o 17 de xaneiro cando derrotaran ó San Lorenzo por 3-0. Quizáis o "punto flaco" nas últimas xornadas sexa a falta de puntería de cara á portería rival, pois xenéranse moitas ocasións pero transfórmanse poucas en proporción as que se crean (aínda que xa se sabe que o gol é cousa de "rachas"). O próximo encontro do Malpica será en Vimianzo despois da festividade de Semana Santa.
0 comentarios:
Publicar un comentario