UD CERQUEDA: Pablo, Alberto, Santi, Nión, Dani, Javi, Dieguito, (min. 88 Eloy), Añón (Josiño min. 70), Carlos (Vilanova min. 32), Lorenzo (min. 86 Lista), Gabri (min. 46 Iván).
SCD MALPICA: Toni, Charlie, Marcos Amado, Víctor, Iago, Ismael (min. 64 Casais), Neucha (min. 75), Cheo (min. 78 Miguel Dourado), David Blanco (min. 84 Alfredo II), Manu Pardo, Rancaño.
Árbitro: Sr. Aradas García, asistido por Barros Vidal e Vázquez Pasanante. Ben durante todo o encontro. Sen embargo, houbo dúas xogadas polémicas que indignaron a ámbolos dous equipos: un penalti claro por empurrón ó malpicán Cheo na primeira metade, un penalti por mans de Manu Pardo tamén no primeiro período. Na segunda metade o Cerqueda reclamou outra pena máxima por unhas mans de Marcos Amado, aínda que non foi excesivamente claro.
Goleadores: 0-1 (min. 42): Golazo de falta directa botada por Neucha tras superala barreira. 0-2 (min. 53’): Gran xogada colectiva da SCD Malpica que acaba cun pase en profundidade de Manu Pardo por encima da defensa sobre David Blanco e este anota de vaselina ante a saída de Pablo. 0-3 (min. 65): Pase de Charlie pola banda dereita sobre Cheo que resolve a porta valeira despois de recortalo porteiro. 0-4 (min. 82’): Manu Pardo, de falta directa, a "perna cambiada" marca o derradeiro gol do encontro cun gran lanzamento.
Ambiente e Incidencias: Bo ambiente na Pedra Queimada, cunhas 150 persoas nas bancadas. Tarde soleada e boa temperatura. O colexiado expulsou a Marcos Amado (min. 74) por doble amarela e por vermella directa ó gardameta Pablo (min. 81) por derrubar a David Blanco cando encaraba a portería. Tivo que retirarse Carlos (Cerqueda) lesionado. Dani tivo que actuar de porteiro trala expulsión de Pablo.
Comentario: Partido atípico o que tiña que desputar a SCD Malpica na ida dos oitavos de final da Copa da Costa, tanto polo rival (non se enfrontaban dende había 25 anos) como polo escenario (xa que xogaban de visitantes na Pedra Queimada). A pesar da diferencia de categoría, o encontro amosábase aberto debido á rivalidade existente entre ámbolos conxuntos do mesmo Concello. O adestrador Manuel Agilda tiña as baixas de Martín (lesionado), Marco, Andrés e Eloy (os tres por viaxe). Na primeira metade o Malpica non saiu ben, pois costáballe sacala pelota controlada, con constantes imprecisións e abusando excesivamente do xogo directo sen apenas elaboración no mediocampo. Tampouco a presión era a adecuada, pois había certa descoordinación entre as distintas líñas. Sen embargo, a pesar disto, o equipo azulón tivo varias ocasións de gol para ir ós vestiarios cunha renda maior e creando continua sensación de perigo, destacando os tiros ó longueiro de Rancaño e de Marcos Amado, ademais de oportunidades nos pés de Cheo, David Blanco e Neucha. No que atinxe ó Cerqueda, tentaba defender acumulando homes no mediocampo e saíndo á contra, pero non logrou crear apenas perigo (salvo nunha internada de Carlos ó comezo do partido) e non tirou a porta.
No segundo acto a diferencia técnica e física entre os dous equipos fíxose aínda máis patente, pois foi un monólogo do conxunto malpicán, tendo claramente a posesión do esférico, entrando polas dúas bandas e creando sensación constante de perigo. Inclusive no intervalo no que o Malpica xogou con inferioridade numérica continuou dominando o encontro e sen pasar apuros defensivos. A SCD tivo oportunidades en varias xogadas individuais de David Blanco, nun remate de Cheo dentro da área tras centro de Charlie dende a banda dereita, un remate de Iago que petou nun defensa e nunha xogada indivual de Charlie que non acertou a definir. O Cerqueda, foi perdendo frescura física pouco a pouco, e o seu único disparo a porta foi por medio dun lanzamento de falta de Dieguito dende uns 30 metros que Toni despexou a córner.
En resumo, encontro no que o equipo de categoría superior fixo valer a súa superioridade ante un Cerqueda que pelexou durante os 90 minutos pero que se lle fixo moi londa a segunda metade. Hai que destacala actitude dos xogadores e do público, pois a contenda desenvolveuse con total normalidade e deportividade. Tralo partido de ida, a SCD Malpica deixa, practicamente, sentenciada a eliminatoria, pero non debe confiarse pois no mundo do fútbol cousas máis raras se viviron. O vindeiro fin de semana desputarase o partido de volta tamén na Pedra Queimada pero actuando a SCD como local.
seguide así que chegaredes a final ;)
ResponderEliminarIago, creo que ainda che van a quedar, salvo hecatombre, polo menos un par de semanas extras para acabar as entrevistas que faltan por poñer.
ResponderEliminarsaltóuseme unha letra: hecatombe quería decir.
ResponderEliminarxa queda pouca xente por facela entrevista, pero ojalá que sobren semanas... jeje
ResponderEliminarpois anímate e faelle unha ao mister (dito sexa sin acritú, jeje). eu suxeriría que fora algo cómo "teño unha pregunta para vostede".
ResponderEliminara do míster será a última a modo de resume da tempada (se quere claro).
ResponderEliminar