miércoles, 12 de mayo de 2010

ENTREVISTA A GONZALO SANTOS

Hoxe falamos con Gonzalo Santos, xogador en idade xuvenil (conta con 18 anos) que trala conclusión da sua liga comezou a adestrar coa primeira plantilla da SCD Malpica. En categoría alevín estivo nas escolas de fútbol do Bergantiños; en idade infantil xogou ó fútbol sala no equipo do concello de Malpica, e dende cadetes está na entidade malpicán. Xa na tempada pasada debutou cos modestos ó xogar uns minutos no partido de ida do partido de Copa da Costa que enfrontou ó Ponteceso ca SCD Malpica, e neste final da campaña 2009/2010 debutou coma titular (fronte ó Porteño na Pedra Queimada).

Pregunta: ¿Cómo valoras os encontros que desputaches cos modestos?

Resposta: A verdade e que estes dous últimos encontros de liga ante o Porteño e a Esteirana non foron os únicos que desputei co primeiro plantel do Malpica, xa que a tempada pasada debutei nun encontro de copa ante o Ponteceso.
A verdade e que no encontro fronte ó Porteño non me sentín moi cómodo polo feito de ser o "primeiro" partido que xogaba cos modestos. Por contra, no partido ante a Esteirana xa me atopei algo máis a gusto.

P: ¿Está sendo difícil a túa adaptación ó equipo?; ¿e á Liga da Costa?

R: Creo que aínda é difícil facer unha valoración pero creo que o equipo non está indo mal e da Liga da Costa non se pode decir nada cando só se xogaron 2 partidos.

P: Nos xuvenís xogabas de mediocentro pero nos modestos estás a actuar de central, ¿en qué posición te sintes máis cómodo?

R: A verdade é que non sei que dicir, xa que o nivel entre as categorías é moi diferente, pero creo que me sinto máis cómodo cando teño compañeiros por detrás que me axudan cando teño un fallo.

P: Despois dunha mala tempada dos xuvenís, tamén mala dos cadetes e sen equipo en categoría infantil, ¿pensas que é preciso unha restructuración do fútbol base do Malpica?

R: Unha mala tempada dos xuvenis non, senón que foi a peor tempada dos xuvenís dende que xogo no Malpica. No caso dos cadetes hai que dicir que algúns xogadores marcharon para outros equipos...
Eu do único caso que podo falar e o dos xuvenís, no que a falta de compromiso dalgúns xogadores do plantel levou tamén a un pasotismo de outros...

P: ¿Pensas que o equipo pode facer algo importante nesta edición da Copa da Costa despois de eliminar ó Zas?

R: Pois claro que si, o equipo está a facer ben as cousas aínda que algo falto de gol xa que se crean moitas oportunidades que se erran, pero se ten algo máis de sorte de cara a gol creo que se pode chegar as semifinais e despois xa se verá.

Gracias a Gonzalo pola súa colaboración e moita sorte na sua andaina nos modestos da SCD Malpica.

0 comentarios:

Publicar un comentario