lunes, 10 de mayo de 2010

ESTEIRANA 0 - MALPICA 2

SDR ESTEIRANA: Ramón, Fran (Maceiras min. 60), Mingos, Adelino, Chispi, Damián, Álex, Uru, Alberto, Picholeiro (Guerra min. 55), Cajulo (Yago min. 65).

SCD MALPICA: Abraham, Braix, Marcos Amado, Alfredo II, Gonzalo, Martín (Andrés min. 46), Casais, Miguel Dourado, David Blanco, Ismael, Carlitos.

Árbitro: Sr. Álvarez Vega. Probablemente un dos mellores arbitraxes que tivo a SCD Malpica nesta tempada, pois estivo moi corresto durante os 90 minutos e non se complicou en ningún momento, interpretando moi ben o reglamento, nun encontro no que tampouco había unha gran tensión. O único "lunar" foi un penalti non sinalado a favor da Esteirana na primeira metade por mans de Alfredo II.

Goleadores: 0-1 (min. 47): Boa xogada por banda dereita dos xogadores malpicáns, que remata cun pase en profundidade de Ismael sobre Carlitos e cun centro raso deste cara David Blanco que anota no segundo pao chegando dende atrás. 0-2 (min. 85’): Espectacular xogada combinativa na que participan tódolos mediocentros e atacantes malpicáns que culmina cun pase preciso de Casais entrelíñas sobre David Blanco que bate a Ramón no man a man.

Ambiente e Incidencias: Partido desputado en Miraflores (campo habitual do Muros) ante uns 65 espectadores. Tarde moi desapacible, con choiva, vento e frío. Non houbo expulsións. O mediocentro visitante Martín tivo que retirarse lesionado ó final do primeiro tempo por culpa dun pinchazo muscular.

Comentario: A SCD Malpica viaxaba ata Muros para desputala derradeira xornada de liga fronte á Esteirana, nun encontro no que ningún dos dous equipos se "xogaba nada", xa que os locais tíñan a permanencia asegurada e os visitantes o sexto posto. Despois de xogalo día antes o partido de Copa, o adestrador Manuel Agilda optou por presentar un once totalmente distinto (só repetiu David Blanco para tentar logralo trofeo Gelucho Romar que acredita ó máximo goleador da Liga da Costa) que demostrou estar ó nivel da Liga. Nos primeiros 45 minutos o fútbol brillou pola sua ausencia, predominando o fútbol directo con balóns en longo e sen xogadas de ataque destacadas por ningún dos dous equipos, aínda que hai que eloxiala actitude dos xogadores dadas as condicións climatolóxicas (parecía un día de febreiro e non de maio) e deportivas (sen alicientes clasificatorios). As tímidas oportunidades de gol dos malpicáns chegaron en dous disparos dende a frontal da área por parte de David Blanco que parou o gardameta local sen excesivas complicacións.

Na segunda parte o panorama cambiou completamente, facéndose o Malpica dono do esférico e, agora si, combinando ben entre os seus mediocentros e atacantes, o que lle permitiu ter máis profundiade ofensiva e aproveitar mellor as cualidades dos seus xogadores de ataque: velocidade e recursos técnicos co balón. Tamén hai que destacala fortaleza defensiva amosada na tarde de onte, tanto dos defensas como do gardameta Abraham, que mostraron unha gran solvencia nas aproximacións da Esteirana. Ademais dos goles, David Blanco contou con outras dúas ocasións de gol, unha en forma de falta directa que despexou o meta Ramón a córner e nun man a man que non acertou a resolver xa nos intres finais do encontro. Por parte da Esteirana, só co marcador en contra dou a sensación de querer ir a polo partido, pero faltoulle fútbol na líña de tres cuartos para ter máis claridade ofensiva, tendo as mellores oportunidades por medio de balóns en longo e mediante saques de esquina.

Con este encontro despide a tempada 2009/2010 a SCD Malpica en canto a competición ligueira se refire, rematando na sexta posición final na táboa clasificatoria. Os números fóra da Pedra Queimada foron os seguintes: 25 puntos, 8 vitorias, un empate, 8 derrotas, 30 goles a favor e 33 goles en contra.

0 comentarios:

Publicar un comentario