O protagonista de hoxe é Miguel Dourado, xogador que se incorporou ó plantel dos modestos da SCD Malpica recentemente tras rematala liga xuvenil (hai que decir que só conta con 17 anos de idade). Tras un breve paso polos infantís do Buño (media tempada) formou a pasar parte das diferentes categorías inferiores do conxunto malpicán.
Pregunta: Debutaches hai apenas dúas semanas cos modestos da SCD Malpica (fronte ó Porteño, 0-0), ¿qué impresión che causou?
Resposta: A verdade é que me causou unha moi boa impresión o equipo co que conta o Malpica xa que son todos xente nova e que se levan todos moi ben e iso nótase no campo coa boa conexión entre os xogadores.
P: ¿En qué crees que cambia a categoría de xuvenil a de modestos?
R: Na miña opinión creo que o cambio máis singinificativo no cambio de categoría é a diferencia de idade que se pode encontrar entre os xogadores, xa que na categoría xuvenil somos case todos da mesma idade. Por outra parte a preparación física ten que ser maior nos modestos.
P: ¿Cómo te estás a atopar no equipo?
R: A verdade é que me sinto bastante cómodo porque o bo ambiente que hai fai que te adaptes rápido e por tanto estou moi contento en poder participar no equipo.
P: A pesar de desputar poucos minutos xogaches en diversas posicións, ¿en cál te sintes máis cómodo?
R: Na posición en que me sinto máis cómodo é, sobre todo, a de interior dereito porque é onde levo xogando dende sempre e creo que é a posición na que mellor me adaptei aínda que non me disgusta xogar en calquer outra posición.
P: ¿Ata onde crees que pode chegalo equipo na Copa da Costa?
R: Creo que a eliminatoria contra o Cerqueda esta practicamente cerrada aínda que non nos podemos despistar e na seguinte eliminatoria tocaríanos un equipo que xoga na mesma categoría que o Malpica (Corme ou Carnota), asique poderianse chegar a alcanzalas semifinais, que xa sería un bo resultado, e despois intentar facer as cousas o mellor posible.
Gracias a Miguel por colaborar con este blog.
0 comentarios:
Publicar un comentario