lunes, 24 de mayo de 2010

COPA DA COSTA: MALPICA 2 - CERQUEDA 1

SCD MALPICA: Abraham, Braix, Víctor, Alfredo II, Marco, Ismael, Casais (Cheo min. 51), Miguel Dourado (Neucha min. 62), David Blanco, Andrés (Charlie min. 56’), Eloy.

UD CERQUEDA: Dani, Javi, Alberto, Añón, Josiño (Vilanova min. 70), Nión, Dieguito, Gabri, Carlos, Santi, Lista.

Árbitro: Sr. Jesús Patricio Blanco. Correcto na tarde de onte, aplicando o mesmo criterio para ámbolos dous conxuntos e ben asistido por Patricia Rodríguez Cruz e Pablo Patricio Blanco. Sen embargo, faltoulle algo de "man esquerda" cando expulsou ó malpicán Eloy xa co tempo cumplido e coa eliminatoria totalmente sentenciada.

Goleadores: 0-1 (min. 17): Balón en longo cara Carlos que controla tras un desaxuste defensivo e, quizáis axudado coa man, entra na área para batir a Abraham de tiro raso cruzado despois dunha boa xogada individual. 1-1 (min. 40): Saque de esquina botado por Eloy, tras tocar a defensa visitante, o balón chégalle a Alfredo II no segundo pao que controla e bate por baixo a Dani. 2-1 (min. 43): Gran xogada combinativa pola banda esquerda da SCD Malpica iniciada por Casais e que finaliza cun pase de Ismael cara Miguel Dourado que anota o seu primeiro gol cos modestos de disparo cruzado chegando dende a banda dereita.

Ambiente e Incidencias: Pobre entrada na Pedra Queimada para tratarse dun derbi, pois apenas houbo 70 espectadores. Non houbo lesionados de consideración. Foi expulsado o local Eloy no minuto 90 por doble amarela. Como curiosidade, decir que a UD Cerqueda xogou con Dani (xogador de campo) na portería durante todo o encontro.

Comentario: Partido con pouco en xogo o desputado entre o Malpica e o Cerqueda correspondente á volta dos oitavos de final da Copa da Costa debido a que a eliminatoria xa quedara decidida no partido de ida (0-4 a prol dos azulóns). O adestrador Manuel Agilda contaba coas baixas de Martín (lesionado) e de Rancaño (por motivos laborais) e apostou por introducir numerosos cambios con respecto ó partido de ida buscando repartir minutos entre tódolos compoñentes da plantilla, ademais de evitar lesións e posibles sancións para eliminatorias futuras. A falta de motivación notouse nos locais dende, practicamente, o pitido inicial, conscientes de que era case imposible que perderan a eliminatoria. Iso provocou que o Malpica non desputase un bo encontro, mal á hora de presionar, con moita distancia entre as líñas, con dificultades para circulalo balón e con algunha indecisión defensiva. Non obstante, no primeiro período contou con tres grandes ocasións de gol nos pés de David Blanco que non atinou a marcar. O Cerqueda seguiu un guión de xogo similar ó de hai 7 días, no que predominaba o fútbol directo e a presión defensiva en campo propio, pero dado o seu maior nivel de entrega e intensidade mostrouse moi combativa, pero sen poñer en apuros a Abraham.

Na segunda metade o partido continuou pola mesma senda, cun Malpica que non lograba impoñer a súa maior calidade técnica e cun Cerqueda que continuaba pelexando para intentar empatar. A pesar dos cambios introducidos, os locais non foron quen de crear perigo nin de mantela posesión do balón, pois tiñan a mente posta no partido dos cuartos de final. A pesar de todo si contou con alguna oportunidade de gol, especialmente por medio dun cabezazo de Neucha que se marchou fóra e por medio dunha internada de Eloy que el mesmo non acerta a definir. O Cerqueda só creaba perigo en xogadas individuais de Dieguito e de Carlos, os seus homes máis activos en ataque, pero tampouco dispuxo de ocasións claras.

En resumo, o Cerqueda volveu a perder e quedar eliminado ante o Malpica seguramente nun dos derbis máis descafeinados debido ó pouco que había en xogo, e no que destacou a deportividade de ambos equipos como regla xeral (salvo algún episodio aillado protagonizado por certos espectadores e xogadores visitantes). Outra cara deberá mostrar a SCD a vindeira semana ante o Carnota nos cuartos de final da Copa da Costa se quere ter posibilidades de superala eliminatoria, xa que os carnotáns son uns dos mellores conxuntos que quedan "vivos" na competición (veñen de eliminar ó Corme por un global de 5-0).

1 comentarios:

  1. Anónimo12/7/10

    ¡¡hola amigos de malpica,soy bruno de uruguay y quiero felicitarlos por la obtencion del campeonato del mundo ¡¡¡enhorabuena!!un abrazo para todos..ni que hablar que estabamos de su lado...¡¡hasta pronto!!

    ResponderEliminar